Diferencia entre revisiones de «PDM Creando proxecto base»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 89: | Línea 89: | ||
Image:PDM_Interface_10_.jpg| Se queremos cambiar o nome <u>non vale con só cambiar o nome da clase</u> xa que esta emprégase en outros sitios,como no AndroidManifiest.xml | Image:PDM_Interface_10_.jpg| Se queremos cambiar o nome <u>non vale con só cambiar o nome da clase</u> xa que esta emprégase en outros sitios,como no AndroidManifiest.xml | ||
Image:PDM_Interface_11_.jpg| Prememos o botón dereito sobre o que queremos cambiar e escollemos a opción '''Refactor''' => '''Rename'''. | Image:PDM_Interface_11_.jpg| Prememos o botón dereito sobre o que queremos cambiar e escollemos a opción '''Refactor''' => '''Rename'''. | ||
| − | Image:PDM_Interface_12.jpg| O layout é onde se atopan os compoñentes gráficos da activity seguindo unha distribución. Podemos acceder premendo a tecla Control e premendo có | + | Image:PDM_Interface_12.jpg| O layout é onde se atopan os compoñentes gráficos da activity seguindo unha distribución. Podemos acceder premendo a tecla Control e premendo có rato no nome do layout... |
| − | rato no nome do layout... | ||
Image:PDM_Interface_13.jpg| Ou podemos ir ao cartafol res => layout e premer dúas veces có rato sobre o mesmo. | Image:PDM_Interface_13.jpg| Ou podemos ir ao cartafol res => layout e premer dúas veces có rato sobre o mesmo. | ||
Image:PDM_Interface_14.jpg| Para cambiar o nome faremos o mesmo que no caso da clase | Image:PDM_Interface_14.jpg| Para cambiar o nome faremos o mesmo que no caso da clase | ||
</gallery> | </gallery> | ||
Revisión del 15:35 24 sep 2019
Creando un proxecto Base
Nota: No curso 2018-2019, o emulador Android API 28 reiníciase continuamente.
- Recomendo facer as prácticas cun emulador API 27 a no ser que os problemas foran amañados.
- Como paso previo, comprobade que tedes activado a importación automática de clases como xa vimos anteriormente na wiki.
- En cada unidade imos crear un paquete diferente dentro o mesmo proxecto.
- En cada paquete iremos poñendo as diferentes activities creadas.
- Crea un novo proxecto:
- Indicamos que imos desenvolver unha aplicación para móbil.
- Escollemos unha dos padróns. No exemplo será unha pantalla en branco.
- Nome da aplicación: Aprendiendo.
- Nome do paquete: cursoandroid.cursoandroid.aprendiendo
- Cartafol onde se garda o proxecto: Podemos deixar o que trae por defecto.
- Language: Java
- Min API Level: 19
- Prememos o botón Finish.
- Datos do arquivo build.gradle a nivel de módulo (pode ser que teñades outras versións dependendo da versión do Android Studio instalada):
- MinSDK: 19
- Target_SDK: 27
- Compile_SDK: 27
- Build Toos: 28
- Nota: Lembrade que ditas opcións poden cambiarse graficamente na ventá do 'Proyect Structure' como xa vimos anteriormente.
- Ao longo do curso, crearanse diferentes paquetes (ven ser como subdirectorios).
- Vexamos un exemplo de como crear un novo paquete de nome tiposactivities' (é un exemplo)
- Deixa a lo menos unha activity no paquete inicial, xa que se non a nivel gráfico o Android Studio o fai desaparecer.
- Creando un novo paquete
- Agora, premendo o botón dereito sobre o novo paquete podemos crear novas activities que irán nel.
- En calquera momento podemos mover activities dun paquete a outro (arrastrando có rato) pero ao facelo aparecerá unha ventá na que teremos que escoller a opción Refactor.
- Aínda que non está indicado nas diferentes activities creadas, cada vez que se cre unha activity de tipo launcher modificaremos o arquivo AndroidManifiest.xml para darlle un label a cada unha delas. O dato do label será o mesmo que o nome da activity. Isto o facemos para poder identificala dentro do emulador/dispositivo se imos á pantalla onde se ven todas as aplicacións instaladas:
1 <activity android:name=".UI.UD02_01_ConstraintLayout"
2 android:label="UD02_01_ConstraintLayout" >
3 <intent-filter>
4 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
5 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
6 </intent-filter>
7 </activity>
- Neste caso a activity está nun paquete de nome UI, pero o nome da activity é: UD02_01_ConstraintLayout
- Se executamos esta aplicación: