Diferencia entre revisiones de «ODS9. Industria, innovación e infraestrutura»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
Línea 1: Línea 1:
  
[[File:Ods9.jpg|thumb]]
 
[[File:Ods9.jpg|thumb]]
 +
[[File:ODS-9-Indutria-innovación-e-infraestrutura.jpg|thumb]]
  
Na actualidade, nos países desenvolvidos e, en menor medida, nos países en vías de desenvolvemento, vivimos nun entorno con grandes infraestruturas que permiten un máximo acceso á información. Ademais, as organizacións empresariais desenvolven, de maneira constante, procesos de innovación. Con todo, resulta paradoxal que máis de 4.000 millóns de habitantes do planeta non teñen acceso a internet e ás posibilidades que brinda esta ferramenta.
 
Revisión actual del 19:07 17 ene 2025

Ods9.jpg
ODS-9-Indutria-innovación-e-infraestrutura.jpg

Na actualidade, nos países desenvolvidos e, en menor medida, nos países en vías de desenvolvemento, vivimos nun entorno con grandes infraestruturas que permiten un máximo acceso á información. Ademais, as organizacións empresariais desenvolven, de maneira constante, procesos de innovación. Con todo, resulta paradoxal que máis de 4.000 millóns de habitantes do planeta non teñen acceso a internet e ás posibilidades que brinda esta ferramenta.

En que consiste?

A través do ODS 9 preténdese construír unha infraestrutura resistente, promover a integración e a industrialización sostible, e fomentar ao mesmo tempo a innovación.

As metas propostas non só se centran nos países subdesenvolvidos, senón que tamén abordan os retos que supoñen tanto os cambios medioambientais que se están a producir como os cambios enerxéticos aos que nos imos ter que enfrontar.

Exemplo.
Se as sociedades desenvolven unha infraestrutura dixital mellorada e unha rede global eficiente, os produtos e servizos que ofrezan as empresas e profesionais serán máis accesibles, transparentes e rendibles.

Como se pode actuar?

Independentemente do tamaño das empresas, estas deben poñer en marcha procesos de innovación e iniciativas de investigación que impulsen a sostibilidade.

Exemplo. 
Algunhas universidades desenvolven programas a través dos cales solicitan a distintas organizacións a súa visión sobre diferentes problemas críticos, como unha proposta de innovación real. Os produtos e servizos que ofrezan as empresas e profesionais serán máis accesibles, transparentes e rendibles.

A era dixital bríndanos a oportunidade de fomentar o desenvolvemento das ideas desde distintas partes e en diversos momentos temporais.

As empresas poden recorrer a observatorios de innovación e startups de infraestruturas, e incluso os futuros profesionais poden axudar a solucionar problemas reais ou desenvolver sistemas futuros. Tamén son cada vez máis frecuentes as asociacións de innovación para manter actualizados os procesos que se levan a cabo nas organizacións empresariais.

A dixitalización e a mobilidade son dúas das vertentes que conectan directamente co ODS 9.

No cine

  • Metrópolis