Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Apariencia»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 101: Línea 101:
 
<br/>
 
<br/>
 
* Procederemos a instalación.
 
* Procederemos a instalación.
 +
<gallery caption="Instalación dun novo tema" widths="350" heights="300px" perrow="2">
 +
Image:Drupal_apariencia_20.jpg| Primeiro debemos de '''situarnos no cartafol /drupal/themes/'''. Lembrar que se estamos a usar Xampp debemos de ir ao cartafol '/opt/lampp/htdocs/drupal/themes'. <br/><u>Nota:</u> Esta parte [https://www.drupal.org/docs/7/extending-drupal/installing-themes é diferente se o facedes con Drupal 7].
 +
Image:Drupal_apariencia_21.jpg| Agora debemos de descargar o arquivo tar.gz do tema seleccionado. En Linux podemos poñer: '''wget https://ftp.drupal.org/files/projects/integrity-8.x-1.6.tar.gz''', sendo a dirección URL copiado dende a paxina web do tema.
 +
Image:Drupal_apariencia_22.jpg| Descomprimimos o arquivo no cartafol /drupal/themes/ coa orden: '''tar -zxvf integrity-8.x-1.6.tar.gz''' e borramos o arquivo comprimido baixado de Internet. Cambiamos o propietario dos cartafoles creados: '''chown -R www-data:www-data /opt/lampp/htdocs/drupal/themes/'''. Algúns temas poden ter información sobre configuración para facelo funcionar correctamente. Isto (se é o caso) se atopará normalmente no cartafol do tema nun arquivo de nome Install.txt ou Readme.txt.
 +
Image:Drupal_apariencia_23.jpg| Agora se imos a opción de menú '''Administrar''' => '''Apariencia''' aparecerá como opción a instalar o tema seleccionado. '''Prememos o botón Instalar'''.
 +
Image:Drupal_apariencia_24.jpg| Xa aparece no listado de temas instalados e podemos seleccionalo para convertelo en predeterminado.
 +
 +
 +
 +
 +
 +
 +
</gallery>
  
 
==Personalizado un Tema==
 
==Personalizado un Tema==

Revisión del 11:32 29 ago 2016

Introdución

  • A forma en como está estruturada o sitio web en drupal, tanto na parte que se emprega polo administrador para a súa xestión como a parte que se amosa aos usuarios que fan uso do sitio denomínase Theme.
  • O Theme afecta tanto a estrutura, coma o tamaño, cor, formato,...de todo o que se amose na páxina.


  • Cando implantamos un sitio web queremos que dito sitio teña unha aparencia que sexa igual (ou moi parecida) en todas as súas páxinas.
  • Queremos ter unha estrutura determinada, co logo da empresa nun lugar, o menú noutro, os artigos ou información situado entre unhas partes determinadas,.... Todo isto dánolo o theme.


Drupal apariencia 3.jpg
Drupal apariencia 4.jpg
Como vemos, na parte superior (en cor vermella) temos unha sección de Menú na que se atopa o Logo e o Menú Principal.
Na parte da dereita (en cor Marrón) temos diferentes seccións, unha busca na web, outra de acceso a seccións específicas, outra ao blog da biclioteca,...
Na parte centra (en cor amarela) temos dúas seccións, unha de novas e outra de situación do centro.
Na parte baixa (en cor rosa) temos información do centro, formas de contacto,....



Themes en Drupal

  • En Drupal podemos ter moitos temas (themes) instalados á vez, pero só un deles estará visualmente activo.
  • Poderemos:


  • Para visualizar os Themes que se atopan en Drupal teremos que ir á opción de menú Administrar => Apariencia.
Drupal apariencia 5.jpg
Como vemos temos o tema Bartik 8.1.8 (tema predeterminado) como theme. Temén temos o Seven 8.1.8 (Tema de administración) instalado pero desactivado. Se queremos activalo teríamos que premer a opción Configurar como predeterminado.
  • Vexamos agora como está estrutudado dito tema.
  • Como vemos na parte do encabezado temos dous menús e o encabezado propiamente dito.


  • Hai algunhas partes que 'non aparecen' por defecto cando cargamos a paxina e aparecen cando 'sucede algo'. Por exemplo a parte Destacado:


  • Podemos ver como se corresponden os contidos-seccións cos que aparecen na paxina web (non están todos):
Drupal apariencia 1.jpg


  • Podemos agregar novos contidos a unha sección determinada.

Instalando un novo Tema

  • Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.
  • Para facelo graficamente necesitamos ter configurado un servidor ftp ao noso servidor. Como non é o caso imos facelo manualmente.
  • Primeiro debemos decidir o tema a instalar.
  • Podemos ir a este enlace onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.
  • Podemos ir a este enlace no que aparece un índice dos temas.


  • Vexamos un exemplo de busca:
Drupal apariencia 18.jpg


  • Imos a instalar o tema Integrity que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:
Drupal apariencia 19.jpg

Como está indicado:

  • Está activamente mantido, polo que se aparecen bugs serán corrixidos.
  • A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.
  • Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.
  • Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.
  • Indica a última vez que foi modificado.


  • Procederemos a instalación.

Personalizado un Tema


-- Ángel D. Fernández González -- (2016).