Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Actualización»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 71: Línea 71:
 
Image:Drupal_actualizacion_3.jpg| Descargamos a versión de Drupal que queremos instalar (recoméndase ler as '''Notas das versións'''.
 
Image:Drupal_actualizacion_3.jpg| Descargamos a versión de Drupal que queremos instalar (recoméndase ler as '''Notas das versións'''.
 
Image:Drupal_modo_mantemento_2.jpg| [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=DRUPAL_Modo_Mantemento Cambiamos Drupal a modo Mantemento].
 
Image:Drupal_modo_mantemento_2.jpg| [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=DRUPAL_Modo_Mantemento Cambiamos Drupal a modo Mantemento].
−
Image:Drupal_actualizacion_4.jpg| Agora deberiades facer unha copia dos cartafoles /drupal/sites.
+
Image:Drupal_actualizacion_4.jpg| Agora borramos os cartafoles '''/drupal/core''' e '''/drupal/vendor''' así como todo o contido do '''cartafol raíz''' onde está instalado Drupal. Isto o facemos (estando situados no cartafol /drupal): '''rm -rf core vendor''' e '''rm *.* .*'''. Se tivésemos algún cartafol creado por nos con contido deberemos facer unha copia previamente do mesmo. Tamén se fixemos modificacións nos arquivos .htaccess, composer.json ou robots.txt deberemos facer copia. <br/> <u>Nota:</u> Algunhas actualizacións de Cores implican modificacións no arquivo de instalación '''settings.php''' que se atopa en /sites/default (isto ven indicado na información da propia actualización). Nestes casos, deberemos:<br/>
 +
* Facer unha copia do settings.php
 +
* Copiar o arquivo default.settings.php que ven coa nova versión Core e nomealo co nome settings.php.
 +
* Modifica o novo arquivo settings.php cos datos modificados (normalmente ven ser o nome do usuario, password e nome da base de datos coa que conectamos con Mysql.
 +
Image:Drupal_actualizacion_5.jpg| Descomprimimos o novo Core descargado coa orde: '''tar -zxvf drupal-x.y.z.tar.gz''' e o copiamos coa orden: '''cp -Rf drupal-x.y.z/* drupal-x.y.z/.* /path_instalación_drupal'''. No noso caso o path sería: '''tar -zxvf drupal-8.2.0-beta3.tar.gz''' e '''cp -Rf drupal-8.2.0-beta3/* drupal-8.2.0-beta3/.* /opt/lampp/htdocs/drupal'''. Se tiñamos algunha modificación feita nos arquivos .htaccess, composer.json ou robots.txt a restauraremos.
 +
Image:Drupal_actualizacion_6.jpg| Se estamos a utizar [https://getcomposer.org/doc/00-intro.md composer] executaremos a orde 'composer update drupal/core --with-dependencies' (non é o noso caso). Nos executaremos o arquivo 'update.php' poñendo na URL do navegador a orde: '''http://localhost/drupal/update.php'''. Se tivésemos un dominio teriamos que poñer: http://midominio.es/update.php. Aparecerá un asistente no que se nos informa da necesidade da facer unha copia de seguridade do cartafol /sites/ e da base de datos Mysql.
 +
Image:Drupal_actualizacion_7.jpg| Se nos informa dos cambios que van a producirse. Prememos o botón '''Actualización Pendentes de Aplicar'''.
 +
Image:Drupal_actualizacion_8.jpg| Empeza o proceso de actualización.
 +
 
 +
 
 +
 
 +
 
  
−
</gallery>
 
  
  
 +
</gallery>
  
 
==Actualización de Temas==
 
==Actualización de Temas==

Revisión del 11:52 4 sep 2016

Introdución


  • Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
  • Como normas xerais, cando se fai unha actualización de Drupal recoméndase:


  • Para realizar unha actualización deberemos:


Copia de seguridade completa

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 2.


  • En calquera momento podemos facer unha copia de seguridade de todo o noso Drupal.
  • Pódese facer ou ben usando un módulo previamente instalado (coma backup and migrate) ou ben manualmente. Imos facelo manualmente.
  1. Cambiamos Drupal a modo Mantemento.
  2. Facemos unha copia física do cartafol Drupal, coa orde cp -rp /drupal /backupDrupal/, sendo /drupal o cartafol onde está instalado e /backupDrupal o cartafol onde queremos copiar o sitio web. A opción -p do comando cp preserva os permisos.
  3. Comprimimos o cartafol coa orde: tar czf drupalbackup.tgz /backupDrupal/drupal.
  4. Facemos o backup da base de datos Mysql asociada ao Drupal. `Lembrar que podemos facela graficamente utilizando a ferramenta PhpMyAdmin.
    1. É recomendable parar os traballos programado que teñamos no Cron mentres facemos o backup.
    2. Executaremos a orde: mysqldump -u USERNAME -p'PASSWORD' DATABASENAME > /path/to/backup_dir/database-backup.sql
  • Sendo:
  • Username e Password o usuario utilizado na instalación do Drupal. Lembrar que os datos os temos no arquivo de configuración /drupal/sites/default/installation.php.
  • DATABASENAME: Nome da base de datos utilizado na instalación do Drupal. Tamén se atopa no arquivo installation.php
  1. Desactivamos o modo mantemento.


Nota: Se non temos mysqldump instalado podemos instalalo coa orde: apt-get install mysql-client-5.6.
* Se estamos a utilizar XAMPP debemos cambiar o arquivo de configuración /etc/mysql/my.cnf e cambiar as liñas:
pid-file = /var/run/mysqld/mysqld.pid
socket = /var/run/mysqld/mysqld.sock
por (está en varias liñas)
pid-file = /opt/lampp/var/mysql/mysqld.pid
socket = /opt/lampp/var/mysql/mysql.sock



  • O proceso para restaurar o sitio web completo debería ser:
  1. Descomprimir a copia de seguridade coa orde: tar -xvf archivo.tar
  2. Copiar de volta o cartafol có Drupal coa orde: cp -rp /backupDrupal/drupal /cartafol_a_restaurar/ sendo /cartafol_a_restaurar no caso de utilizar xampp é /opt/lampp/httdocs.
  3. Restaurar a base de datos coa orde: mysql -u {user} -p {database} < {backup.sql}.
* Isto so serve cando restauramos a base de datos sobre un Mysql que xa a ten creada e cos permisos asinados ao usuario que utiliza drupal na súa configuración para acceder a dita base de datos. Se non teríamos que crear a base de datos, restaurala, crear o usuario e darlle permiso para acceder á base de datos como fixemos durante a instalación.

Actualización do Core de Drupal

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 3.


  • Actualización Update: Consiste en actualizar a versión de Drupal dende un 8.x a un 8.y. Máis información neste enlace.
  • Actualización Upgrade: Consiste en actualizar dende un Drupal 8.x a un 9.y, por exemplo. Máis información neste enlace.



  • Imos facer de exemplo, unha actualización á versión 8.2.0-beta2 (no momento de escribir este manual). As versión beta son de proba e en desenvolvemento polo que non deben ser empregadas para un sitio web en produción.

Actualización de Temas

Actualización de Módulos





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).