Diferencia entre revisiones de «Instalamos e configuramos vsftpd sobre un Ubuntu 20.04»
(→Tarefa) |
|||
| Línea 35: | Línea 35: | ||
Pero non esquezas documentar que problemas atopaches e como fixeches a instalación dese outro servidor FTP para acadar os requisitos. | Pero non esquezas documentar que problemas atopaches e como fixeches a instalación dese outro servidor FTP para acadar os requisitos. | ||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
= AMPLIACIÓN DE OPCIÓNS (OPTATIVA) = | = AMPLIACIÓN DE OPCIÓNS (OPTATIVA) = | ||
Revisión del 18:40 25 abr 2021
Sumario
Introducción
Tarefa
Imaxina que acabas de entrar a traballar nunha importante empresa tecnolóxica e che piden preparar un servidor FTP como repositorio de certo software e documentación.
Pídenche que o documentes cun manual de instalación e uso .
Elabora o devandito manual técnico con todos aqueles puntos que puideran ser de interés para outros técnicos da empresa que poden requerir facer unha instalación semellante no futuro.
Requisitos
Instala e configura un servidor FTP (vsftpd) cos seguintes requerimentos:
- Admítense usuarios anónimos e só terán permiso de lectura.
- Os usuarios do sistema poderán acceder e terán permisos de escritura.
Entregables
Falas co xefe e aclaras que será necesario. Indica que a entrega pódese facer:
- Cun documento de texto con capturas de pantalla explicativas
- Cunha presentación igualmente con capturas de pantalla explicativas
- Cun videotitorial
Mencionáche que a empresa cree no software libre e que considera axeitado que se publique e comparta con licencia Creative Commons.
Tamén que máis alá de facer a instalación e configuración, quere que quede documentado o funcionamento e uso con distintos clientes, amosando coas capturas relevantes (ou video) ese funcionamento da configuración.
Alternativa
Tes certos atrancos na configuración, e o xefe indícache que se te atrancas por liña de comandos, podes axudarte inslaando un webmin no servidor:
Tamén che indica que vsftpd non é a única posibilidade. Se con vsftpd non consigues solucionar o que se pide, podes instalar outro servidor FTP de linux:
- PureFTPd
- WU-FTPd
- proFTPd
- Outros
Pero non esquezas documentar que problemas atopaches e como fixeches a instalación dese outro servidor FTP para acadar os requisitos.
AMPLIACIÓN DE OPCIÓNS (OPTATIVA)
Se rematas axiña a tarefa e xa tes documentado o manual técnico, podes intentar ver cómo configurar as seguintes opcións:
* Os usuarios do grupo alumnos deberán estar enxaulados no seu directorio. * Os usuarios do grupo profes poderán navegar por todo o sistema de ficheiros. * Visualizar os usuarios locais e os grupos aos que pertencen. (PISTA) * Visualizar as as directivas configuradas no arquivo de configuración e arquivos utilizados con listado usuarios.
EN CASO DE DÚBIDA: Eiquí xa hai algunhas das dúbidas máis habituais resoltas:
https://manuais.iessanclemente.net/index.php/Instalaci%C3%B3n_de_Servidor_FTP_vsftpd_en_Debian
Se te atopas con problemas na instalación ou configuración, debes consultar no foro para que compañeiros ou o profesor poidan colaborativamente axudar.
Comprobación do funcionamento
Será necesario comprobar o funcionamento mediante diferentes Clientes FTP
Monitorización e Troubleshooting
Existen ferramentas para poder levar a cabo a monitorización en tempo real do servizo:
- netstat. Permite coñecer as conexións activas
- ftpwho. Amosa información das conexións activas e o número total de usuarios conectados
- ftptop. Amosa o estado actual das sesións FTP
Consulta a axuda do comando ftpwho e indica cal é a opción que permite obter información detallada sobre cada unha das conexións activas.
A interpretación dos rexistros de actividade pódese facer dun xeito máis cómodo cun analizador de logs: