Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Instalación»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 169: Línea 169:
 
:* Deberemos <u>copiar</u> o arquivo '''default.settings.php''' que se atopa nese cartafol e <u>copialo</u> có nome '''installation.php'''.
 
:* Deberemos <u>copiar</u> o arquivo '''default.settings.php''' que se atopa nese cartafol e <u>copialo</u> có nome '''installation.php'''.
 
:* Deberemos cambiar os permisos do arquivo '''installation.php''' para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: '''chmod 777 installation.php'''
 
:* Deberemos cambiar os permisos do arquivo '''installation.php''' para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: '''chmod 777 installation.php'''
 +
 +
 +
* Arquivos do idioma español.
 +
 +
:* Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
 +
::* Crear o cartafol '''/cartafol_drupal/sites/default/files''' e darlle permisos de escritura '''chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files'''.
 +
::* Crear o cartafol '''/cartafol_drupal/sites/default/files/translations e darlle permisos de escritura '''chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files/translations'''.
  
  
Línea 176: Línea 183:
 
:* Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é '''www-data'''.
 
:* Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é '''www-data'''.
 
:* Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: '''chown -R www-data:www-data drupal''' sendo 'drupal' o cartafol movido do paso anterior.
 
:* Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: '''chown -R www-data:www-data drupal''' sendo 'drupal' o cartafol movido do paso anterior.
−
 
−
 
−
* Arquivos do idioma español.
 
−
 
−
:* Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
 
−
::* Crear o cartafol '''/cartafol_drupal/sites/default/files''' e darlle permisos de escritura '''chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files'''.
 
−
::* Crear o cartafol '''/cartafol_drupal/sites/default/files/translations e darlle permisos de escritura '''chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files/translations'''.
 
  
  

Revisión del 21:54 4 sep 2016

Instalación do Lampp

  • É a versión Linux dun paquete denominado XAMPP.
  • Unha vez instalado teremos de vez: Servidor Web Apache, servidor de base de datos Mysql, PHP e Perl.
  • Recomendo instalar separadamente ditos programas xa que pode dar problemas coas versións do PHP.
  • Para instalalo teremos que:
  1. Descargar a versión que nos interese dende este enlace.
  2. Descomprimir o arquivo baixado coa orde: sudo tar xvfz xampp-linux-1.8.0.tar.gz -C /opt.
  • Unha vez descargado podemos iniciar Lampp (inicia o servidor web e o mysql) coa orde: sudo /opt/lampp/lampp start.


  • Se queremos ver o estado dos servidores podemos executar a orde: sudo /opt/lampp/manager-linux-x64.run &.
Aparecerá a seguinte pantalla onde debemos ter iniciados os servizos de Apache e Mysql.
Drupal instalacion mysql 1.jpg

Instalación do Apache


  • Nunha consola de comandos executaremos:
1 sudo apt-get update
2 sudo apt-get install apache2


  • Unha vez instalado aparecerá a seguinte pantalla se no navegador de Internet escribimos na URL: http://localhost.
Drupal instalacion apache 1.jpg
  • Por defecto apache vai buscar as páxinas que se atopan no cartafol: /var/www/html.


Instalación e configuración do Mysql

Instalación

  • Executaremos as seguintes ordes nun terminal:
1 sudo apt-get install mysql-server libapache2-mod-auth-mysql php5-mysql
  • Aparecerá unha pantalla onde se nos solicita o password que terá o usuario 'root'. Lembrade escoller un password complexo.
Drupal instalacion mysql 9.jpg


  • Agora debemos activar o mysql coa orde:
1 sudo mysql_install_db
  • Executaremos un script de setup coa orde;
1 sudo /usr/bin/mysql_secure_installation
Preguntará:
Pola contrasinal do usuario root (introducida anteriormente): A escribiremos.
Change the root password? [Y/n]: Se queremos cambiar o password de root: premeremos 'no'.
Remove anonymous users? [Y/n]: Se queremos eliminar o acceso anónimo ao Mysql: Contestaremos que si (y).
Disallow root login remotely?: Contestar y.
Reload privilege tables now? [Y/n]: Contestar y.



Instalación do frontend MysqlWorkBech


  • O MysqlWorkBench é unha ferramenta gráfica que vai permitir xestionar o Mysql así como as súas bases de datos.
  • Para instalalo escribiremos a seguinte orden dende un terminal: sudo apt-get install mysql-workbench
  • Ao facelo teremos un novo programa como amosa a seguinte imaxe (tamén podemos invocalo dende o terminal escribindo: sudo mysql-workbench):
Drupal instalacion mysql 10.jpg


  • Para poder utilizalo teremos que crear unha conexión ao servidor Mysql instalado previamente. Para iso seguiremos os seguintes pasos:




Configuración

  • Cando instalemos o Drupal, este vai facer uso dunha base de datos. Imos crear dita base de datos e un usuario que teña permisos sobre dita base de datos.

Con XAMPP => MysqlQueryBrowser


Con MysqlWorkBench

  • Faremos os seguintes pasos para crear unha base de datos en Mysql e un usuario con acceso a mesma.
  • Isto o necesitará Drupal para poder funcionar. Deixado por tanto anotados o nome de usuario, password e noma da base de datos (schema).


Instalación do Drupal

Pasos previos

  • Primeiro debemos descargar a versión do drupal que queiramos.
  • Unha vez descargada a descomprimimos:
  • Graficamente, premendo dúas veces e descomprimíndoa.
  • Dende consola coa orde: tar -zxvf drupal-8.1.8.tar.gz
  • Onde se move o cartafol descomprimido do drupal.
  • Se estamos a utilizar xampp deberemos movelo ao cartafol /opt/lampp/htdocs/
  • Se estamos a utilizar un servidor web (como apache) deberemos movelo ao cartafol onde cargue os sitios web. No noso caso será: /var/www/html/.
Nota:: Cando se descomprime, normalmente teremos o nome 'drupal-8.1.8'. Podemos cambiarlle o nome a ese cartafol por 'drupal' pois despois o usaremos na URL do navegador.


  • Copia do arquivo de configuración.
  • Drupal necesita un arquivo de configuración de nome installation.php que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default e en apache /var/www/html/drupal/sites/default).
  • Deberemos copiar o arquivo default.settings.php que se atopa nese cartafol e copialo có nome installation.php.
  • Deberemos cambiar os permisos do arquivo installation.php para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: chmod 777 installation.php


  • Arquivos do idioma español.
  • Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files/translations e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files/translations.


  • Cambiando os permisos.
  • Se o fixemos graficamente, o dono dos arquivos será o teu usuario, e se o fixeches dende consola será root (se usaches a orde sudo).
  • Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é www-data.
  • Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: chown -R www-data:www-data drupal sendo 'drupal' o cartafol movido do paso anterior.


  • Activación do opcache.
  • Temos que editar o arquivo php.ini (se estamos utilizando o XAMPP se atopa en /opt/lampp/etc/php.ini) e engadir (ou descomentar a liña no caso de XAMPP): zend_extension=opcache.so.
  • Despois deberemos reiniciar o servidor apache para que colla a nova configuración.

Instalación



Comprobacións trala instalación

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.


  • Unha vez entramos no drupal có usuario administrador (creado durante a instalación).


  • Para solucionalo deberemos editar o arquivo de configuración de drupal (que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default).
Unha vez editado ao final do arquivo poñeremos as seguintes liñas:
1 $settings['trusted_host_patterns'] = array(
2   '^www\.example\.com$',
3 );
Onde deberemos substituír www.example.com polo noso dominio. Respetada os caracteres '\' entre cada parte do dominio e o '$' no que acaba.
No caso de estar a desenvolver localmente podemos substituír o dominio pola cadea localhost: '^localhost$',


Unha vez cambiado podemos ir outra vez a o Informe de Estado e comprobar como xa non temos ningún indicador de perigo.
Drupal instalacion 12.jpg


Modificando a directiva RewriteBase

  • O servidor web Apache 'apunta' a un determinado cartafol do disco duro. Así, por defecto, cando escribimos na URL do navegador 'http://meusitio.es' estaremos 'apuntando' a '/var/www/' (antes de Ubuntu 14.04) ou '/var/www/html/' (Ubuntu 14.04 e posteriores).
  • Se instalamos Drupal dentro do cartafol /var/www/html/drupal deberemos modificar o arquivo /drupal/.htaccess e descomentar a seguinte liña:RewriteBase /drupal (quitar #), sendo '/drupal' o cartafol onde estamos instalando Drupal.
  • Se usamos un alias de Apache da forma: 'http://meusitio.es/alias' deberemos facer o indicado anteriormente: RewriteBase /alias
  • Se levamos o drupal ao raíz do sitio web, entón podemos poñer: RewriteBase /



Configuración de permisos nos cartafoles de Drupal


  • Se non temos asinados uns permisos adecuados a nivel de cartafol e de arquivos, podemos ter múltiples buratos de seguridade no noso sitio.
  • Como vimos anteriormente, o arquivo '/sites/default/installation.php' debería ter o permiso 444=>rrr (podería ter 400=>r-- se sabemos que o servidor web (no noso caso apache nun Linux con Ubuntu) usa como usuario (no noso caso www-data) un que é propietario do arquivo installation.php).
  • O resto de cartafoles e arquivos debería ter permisos de lectura pero non de escritura.
  • Para non ter que facelo manualmente podemos facer uso dun módulo que verifique que os permisos sexan os correctos. A continuación amosamos dous módulos de exemplo.





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).