Diferencia entre revisiones de «PHP Funcións para xerar código. Constantes e variables»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 158: | Línea 158: | ||
: Exemplo de código: | : Exemplo de código: | ||
| − | ::<syntaxhighlight lang=" | + | ::<syntaxhighlight lang="php" line enclose="div" highlight="" > |
<?php | <?php | ||
$varCadea="Isto é un variable de cadea"; | $varCadea="Isto é un variable de cadea"; | ||
Revisión del 19:56 18 sep 2016
Sumario
Funcións para xerar código
- NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.
- Como comentamos anteriormente, normalmente imos ter código PHP dentro de código HTML. A execución do código PHP dará como resultado un código HTML que se integrará có resto do código.
- Para que PHP 'envío' cadeas que serán interpretadas polo navegador do cliente necesitamos utilizar as seguintes funcións.
Función echo
- Sintaxe: echo "Cadea a amosar";
- Enlaces de interese: Cadea de caracteres.
- O resultado de poñer esta liña será unha cadea que será visualizada polo navegador do cliente que fixo a petición.
- Exemplos:
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 <?php 10 echo "Unha cadea"; 11 echo "<br />"; 12 echo "Outra cadea"; 13 14 echo "Podemos poñer todo xunto. <br /> Non temos por que usar echos diferentes...<br/>"; 15 16 echo "Neste caso " . "concatenamos dúas cadeas.<br/>"; 17 echo 'Outra' ,' forma ', 'de concatenar....'; 18 19 echo "<h5> Podemos poñer calqueira código HTML que será visualizado polo navegador</h5>" 20 . "<h3>Asegurarse que se cumpre o estándar correspondente !!!"; 21 22 ?> 23 </body> 24 </html>
- Cando necesitemos poñer o carácter " dentro dun echo, temos varias opcións:
1 <?php 2 echo "Esta cadea \" está entrecomillada\" dentro dun echo...<br/>"; 3 echo 'Outra forma "de entrecomillar" sería utilizando as comillas \'\''; 4 ?>
- Como vemos o carácter escape é o carácter '\'.
- Hai unha diferenza entre utilizar as comillas simples ou as dobres. O veremos claramente cando vexamos as variables. De todas formas un exemplo:
1 <?php 2 echo 'Isto non se expandirá: \n unha nova liña'; 3 echo "Isto se expandirá: \n unha nova liña"; 4 ?>
Función print
- Ten o mesmo efecto que a función echo pero...
- print imprime unha cadea; echo pode imprimir máis dunha separadas por coma.
- print devolve un valor int que sempre ten valor 1 e polo tanto pode ser empregado dentro dunha expresión.
- echo pode ser un pouco máis rápido que print.
- Exemplos de código:
1 <?php 2 print "Esto é unha cadea impresa con print..."; 3 ?>
Función printf
- Tamén produce unha saída pero permite establecer un formato dentro da cadea que amosa.
- Máis información: http://php.net/manual/es/function.sprintf.php
- Por defecto, se printf non leva argumentos produce a mesma saída que echo e print.
- Así, por exemplo:
1 <?php 2 printf ("Esto é unha cadea impresa con printf..."); 3 ?>
- A principal vantaxe é que podemos engadir parámetros que será substituídos na cadea cun determinado formato.
- Por exemplo:
1 <?php 2 printf ("Isto é un número decimal %d<br/>",3.14); 3 printf ("Isto é un número flotante %f<br/>",3.14); 4 printf ("Isto é unha cadea %s</br>",3.14); 5 6 ?>
- Tamén está moi ben cando temos varias variables e non queremos estar concatenando una detrás doutra, ou que estean en metade da cadea....
1 <?php 2 3 printf("Esta '%s' terá varios parámetros coma este número: %d","cadea",10000); 4 5 ?>
Función sprintf
- Ten a mesma sintaxe que a función printf, pero coa diferenza que o resultado vai ser gardado nunha variable (veremos as variables no seguinte punto).
- Por exemplo:
1 <?php 2 $resultado = sprintf("Esta '%s' terá varios parámetros coma este número: %d","cadea",10000); 3 echo $resultado; 4 ?>
Constantes
- As constantes son valores que normalmente se definen ao comezo do código e cuxo valor non varía ao longo do programa.
- Soen identificar por medio de letras maiúsculas.
- Os nomes das constantes poden empezar cunha letra ou guión baixo pero non poden empezar cun número.
- Distingue maiúsculas de minúsculas no seu nome.
1 <?php 2 3 define('MEUNOME','Angel Fernández'); 4 echo "<p>Aquí poño o menu " . MEUNOME; 5 6 ?> 7 <p> Outro párrafo....</p> 8 <?php 9 printf("Ola. Sigo sendo %s. Poido seguir referenciando a constante ao longo de toda a páxina.",MEUNOME); 10 ?>
Variables
- A diferenza das constantes, as variables poden cambiar o seu valor ao longo do programa.
- Non é necesario definilas nin declaralas.
- Distinguen maiúsculas de minúsculas no seu nome. '$var' é unha variable e '$Var' é outra variable diferente.
- A primeira letra do nome dunha variable debe ser un guión baixa ou unha letra. Non pode ser un número.
- Identifícanse por medio do símbolo $.
Nota: A pesares de que non é obrigatorio declaralas, eu aconsello establecer un valor ao comenzo da páxina e comentar o seu propósito, xa que pode suceder que utilicemos unha variable e despois cambiemos algunha letra da mesma, pasando a manexar outra variable diferente. Desta forma podemos ter una referencia ao nome da variable.
- Exemplo de código:
1 <?php 2 $varCadea="Isto é un variable de cadea"; 3 $varNumero=50; 4 5 echo $varCadea . "<br />"; 6 echo $varNumero . "<br />"; 7 8 ?>
- PHP é unha linguaxe debilmente tipada. Quero isto dicir que as variables non se definen de ningún tipo, se non que o tipo vai depender do contido da variable.
- Así, por exemplo, vou asinar a mesma variable diferentes tipos de datos e funcionará igualmente.
1 <?php 2 3 $varTipos=5; 4 echo $varTipos . "<br />"; 5 $varTipos='Cadea'; 6 echo $varTipos . "<br />"; 7 $varTipos=3.15454; 8 echo $varTipos . "<br />"; 9 $varTipos=true; 10 echo $varTipos . "<br />"; 11 ?>
- Dependendo do contido que teñan, as variables poden ser dun destes tipos escalares:
- integer: Os integers, ou enteiros, poden ter distintos valores numéricos enteiros que se expresan con diferentes notacións.
- $variable = 18; // Número entero positivo
- $variable = -18; // Número entero negativo
- $variable = 0x12; // Notación hexadecimal, en principio no la utilizaremos
- float ou double: Este tipo de datos son os números de punto flotante aos que normalmente chamamos números decimais, por exemplo, 9.876. Ambos teñen moita precisión, pero double é o máis preciso (con máis decimais). A sintaxe para utilizalos é bastante simple:
- $variable = 9.876;
- string: O tipo de datos string, tamén coñecido como cadea de caracteres, exprésase coa seguinte sintaxe:
- $variable = "Isto é unha cadea";
- boolean: Trátase dun tipo lóxico. Os seus posibles valores son true (verdadeiro) ou false (falso).
- $variable = true;
- $variable = false;
- Existen máis tipos como podemos ver no seguinte enlace: http://php.net/manual/es/language.types.intro.php
Variables dentro das funcións que xeran código
- Anteriormente contamos que había unha diferenza entre utilizar comillas dobres ou simples na función echo.
- Vexamos agora esta diferenza no uso de variables.
- Se usamos unha variable dentro da función echo:
- Con comillas dobres, a variable será substituída polo seu valor. Se expande.
- Con comillas simples, xerará a cadea $variable.
- Por exemplo:
1 <?php 2 $var = "Isto é unha variable de cadea"; 3 4 echo "A variable var con \" vale: $var<br/>"; 5 echo 'A variable var con \' vale: $var<br />'; 6 ?>
- Dará como resultado:
1 A variable var con " vale: Isto é unha variable de cadea 2 A variable var con ' vale: $var
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).