Diferencia entre revisiones de «Ansible»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 3: Línea 3:
 
* unha plataforma de software libre para configurar e administrar ordenadores, permitindo a xestión da configuración e a orquestación de infraestruturas. Combina instalación multi-nodo (permite despregar configuracións de servidores e servicios por lotes), execucións de taefas ad hoc e administración de configuracións.
 
* unha plataforma de software libre para configurar e administrar ordenadores, permitindo a xestión da configuración e a orquestación de infraestruturas. Combina instalación multi-nodo (permite despregar configuracións de servidores e servicios por lotes), execucións de taefas ad hoc e administración de configuracións.
 
* un proxecto de '''código aberto''' implementado en Python e ten unha arquitectura con módulos que poden manexar prácticamente calquera sistema operativo, contorna de nube e ferramenta ou marco de administración do sistema.
 
* un proxecto de '''código aberto''' implementado en Python e ten unha arquitectura con módulos que poden manexar prácticamente calquera sistema operativo, contorna de nube e ferramenta ou marco de administración do sistema.
−
 
−
Forma parte da suite de ferramentas de Hashicorp:
 
−
 
−
[[File:Suite_hashicorp.PNG|400px| Suite de ferramentas de Hashicorp]]
 
  
 
Máis datos;  
 
Máis datos;  

Revisión del 15:55 15 ene 2024

Ansible é

  • unha plataforma de software libre para configurar e administrar ordenadores, permitindo a xestión da configuración e a orquestación de infraestruturas. Combina instalación multi-nodo (permite despregar configuracións de servidores e servicios por lotes), execucións de taefas ad hoc e administración de configuracións.
  • un proxecto de código aberto implementado en Python e ten unha arquitectura con módulos que poden manexar prácticamente calquera sistema operativo, contorna de nube e ferramenta ou marco de administración do sistema.

Máis datos;

  • Lanzamento inicial no 2012 (escrito orixialmente por Michael DeHaan, o creador da aplicación de aprovisionamento Cobbler) e posteriormente adquirido por Red Hat.
  • Arquitectura agentless. Non require un axente nos servidores cliente polo que optimiza o rendemento e evita abrir portos especiais, con utilizar só a conexión por SSH. O traballo envíaase aos hosts cando se executa Ansible. Os módulos son os programas que realizan o traballo real das tarefas dun play.
  • Sintaxe moi sinxela con baixa curva de aprendizaxe e sen requirir coñecementos de programación
  • Con máils de 1000 módulos disponibles. Asi para activos diferentes podemos falar a mesma lingua do dispositivo administrado; e tamén poderemos desenvolver módulos en python.
  • Con adoptación masiva por ser fácil de usar para os administradores de sistemas
  • Compatible con ferramentas DevOps coma Vagrant e Jenkins.

O deseño de Ansible contempla:

Mínimo por natureza
Os sistemas de administración non deben impoñer dependencias adicionais.
Consistente
Seguro
Ansible non instala axentes vulnerables nos nodos. Manexa as máquinas remotamente a través de SSH, que é o seu único requisito xunto con Python
Alta confiabilidade
O modelo de idempotencia é aplicado para as instalacións e configuracións, para previr efectos secundarios na execución repetitiva de guións (scripts)
Suave curva de aprendizaxe
Os playbooks ou libretos usan unha linguaxe descriptiva simple baseada en YAML.

Resumindo, Ansible é unha utilidade de orquestación e administración de configuración de código aberto que pode automatizar e estandarizar a configuración de hosts remotos e máquinas virtuáis. A súa funcionalidade de orquestación permite a Ansible coordinar o lanzamento e o apagado seguro de aplicacións de varios niveles.

Así no canto de escribir scripts personalizados e individualizados, os administradores do sistema crean un play ou unha xogada de alto nivel en Ansible. Ese play realiza unha serie de tarefas no host ou grupo de hosts especificados no play.

Un ficheiro que contén un ou máis plays chámase Playbook.

Qué non pode facer ansible?

  • Non pode auditar os cambios realizados localmente por outros usuarios no sistema
  • Pode agregar paquetes a unha instalación, pero NON realizar a instalación mínima inicial do sistema
  • Pode modificar a configuración, pero NON a monitorea
  • Non realiza un seguemento dos cambios realizados nos ficheiros do sistema, e de qué usuario ou proceso realizou os cambios

Referencias