Diferencia entre revisiones de «Capa de trasporte»
| Línea 54: | Línea 54: | ||
== Transmisión da conexión == | == Transmisión da conexión == | ||
| − | == Peche da conexión = | + | == Peche da conexión == |
= UDP = | = UDP = | ||
== Formato do segmento UDP == | == Formato do segmento UDP == | ||
Revisión del 15:53 11 dic 2020
Sumario
Introducción
Este nivel está encargado da transferencia libre de erros dos datos entre o emisor e o receptor, aínda que non estén directamente conectados e de mantener o fluxo da rede.
Hay dous tipos de servizo na capa de transporte: orientado e non orientado á conexión.
No servizo orientado á conexión consta de tres partes:
- establecimiento
- transferencia de datos
- liberación
No servizo non orientado á conexión tratanse os paquetes de xeito individual.
Porén, dous son os protocolos máis utilizados desta capa: TCP e UDP.
TABLA
Direccionamento. Portos
A capa de trasnporte engade a noción de porto para distinguir entre moitos destinos dentro dunha máquina para coñecer qué aplicación recollerá a mensaxe; así pois cada aplicación estará a espera dunha mensaxe nun porto determinado (escoitando un porto).
Os portos utilízanse tanto para recepción coma para o envío de mensaxes. Os portos están numerados e as aplicacións estándaar utilizan sempre o mesmo porto.
O uso de portos permite que unha máquina poida conectarse simultáneamente a diversas máquinas, xa que aínda que todos os paquetes terán o mesmo enderezo, contarán con distintos portos.
Os números de portos están formados por 2 bytes, polo que existen 65.536 posibles portos diferentes para cada máquina:
- O 0 é un porto reservado
- Do 1 o 1023 reciben o nome de portos ben coñecidos
- ICMP 8
- FTP 20 para transmisión de datos e 21 para control
- SSH 22
- Telnet 23
- SMTP 25
- HTTP 80
- HTTPS 443
- Do 1024 ó 49151 son os portos denominados rexistrados que poden usados por calquera aplicación
- Do 49152 o 65535 son os portos denominados efímeros; son dinámicos, de uso temporal utilizados polo sistema operativo cando unha aplicación ten que conectarse a un servidor e necesita un porto por onde sair.
TCP
O Protocolo de control de transmisión crea “conexións” a través das cales pode enviarse un fluxo de datos. O protocolo garantiza que os datos serán entregados no seu destino sen erros e no mesmo orde no que se transmitiron.; proporciona tamen un mecanismo para distinguir distintas aplicacións dentro dunha mesma máquina a través do concepto de porto.
É por tanto fiable porque se garantiza que os datos enviados chegan correctamente o seu destino e é orientado a conexión porque establece unha conexión previa a transmisión dos datos entre orixe e destino que será pechada cando finalice a transmisión.
A unidade de datos (PDU) do protocolo TCP chámase segmento e viaxa no campo de datos dun datagrama IP.
IMAXE
Para acadar ese servizo fiable facendo uso do protocolo IP (que non o é) utilizase un sistema de recoñecemento de mensaxes que consiste en que para cada mensaxe recibido devolvese unha confirmación (acknowledgemente ou ACK) para que o emisor saibe que chegou correctamente; se pasado un tempo non o recibe, o emisor reenvía a mensaxe.
O protocolo utilizado chámase protocolo de fiestra deslizante. As mensaxes e as confirmacións van umeradas e o emisor pode enviar máis dunha mensaxe antes de ter reecibidas todas as confirmacións anteriores.