Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Apariencia»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Página blanqueada)
Línea 1: Línea 1:

==Introdución==

* A forma en como está estruturada o sitio web en drupal, tanto na parte que se emprega polo administrador para a súa xestión como a parte que se amosa aos usuarios que fan uso do sitio denomínase '''Theme'''.

* O Theme afecta tanto a estrutura, coma o tamaño, cor, formato,...de todo o que se amose na páxina.

* Cando implantamos un sitio web queremos que dito sitio teña unha aparencia que sexa igual (ou moi parecida) en todas as súas páxinas.

* Queremos ter unha estrutura determinada, co logo da empresa nun lugar, o menú noutro, os artigos ou información situado entre unhas partes determinadas,.... Todo isto dánolo o theme.

* Vexamos un exemplo concreto na [http://www.cifprodolfoucha.es web do Centro]:

[[Imagen:Drupal_apariencia_3.jpg|400px|center]]

[[Imagen:Drupal_apariencia_4.jpg|400px|center]]

: Como vemos, na parte superior (en cor vermella) temos unha '''sección de Menú''' na que se atopa o '''Logo''' e o '''Menú Principal'''.

: Na parte da dereita (en cor Marrón) temos '''diferentes seccións''', unha busca na web, outra de acceso a seccións específicas, outra ao blog da biclioteca,...

: Na parte centra (en cor amarela) temos dúas seccións, unha '''de novas''' e outra '''de situación do centro'''.

: Na parte baixa (en cor rosa) temos información do centro, formas de contacto,....

* Máis información [https://www.drupal.org/documentation/theme no seguinte enlace].

==Themes en Drupal==

* En Drupal podemos ter moitos temas (themes) instalados á vez, pero só un deles estará visualmente activo.

* Poderemos:

:* Instalar un novo tema: https://www.drupal.org/project/project_theme

:* Cambiar e adaptar un tema específico as nosas necesidades (cambiando ou modificando partes del).

:* Crear un novo tema dende cero.

* Para visualizar os Themes que se atopan en Drupal teremos que ir á opción de menú '''Administrar''' => '''Apariencia'''.

[[Imagen:Drupal_apariencia_5.jpg|500px|center]]

: Como vemos temos o tema Bartik 8.1.8 (tema predeterminado) como theme. Temén temos o Seven 8.1.8 (Tema de administración) instalado, que se está usando como tema de administración (na parte inferior desta pantalla). Se queremos 'activar' un dos temas instalados teríamos que premer a opción '''Configurar como predeterminado'''.

* Vexamos agora como está estruturado dito tema.

<gallery caption="Visualizando a estrutura dun tema" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Drupal_apariencia_6.jpg| Prememos sobre a opción '''Disposición de bloques'''.

Image:Drupal_apariencia_7.jpg| Prememos sobre a opción '''Demostrar regiones de bloques'''.

Image:Drupal_apariencia_8.jpg| Aparecen os diferentes bloques e seccións nos que está dividido o tema. Debemos premer 'Salir de la demostración...' na parte superior esquerda para volver á pantalla anterior.

</gallery>

* Como vemos na parte do encabezado temos dous menús e o encabezado propiamente dito.

* Hai algunhas partes que 'non aparecen' por defecto cando cargamos a paxina e aparecen cando 'sucede algo'. Por exemplo a parte '''Destacado''':

<gallery caption="Configuracion unha sección específica" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Drupal_apariencia_9.jpg| Vemos que en dita sección (é dicir, visualmente aparecerá na páxina como vimos ao premer en 'Demostrar regiones de bloques') está formado por un contido denominado '''Mensajes de estado'''. Dito contido pertence á '''categoría de System'''. Podemos mover dito contido a outra sección premendo na listbox que aparece ou ben premendo no botón en forma de dobre frecha na parte esquerda a desprazando a outra sección. Prememos o '''botón configurar'''.

Image:Drupal_apariencia_10.jpg| Cada contido podemos configuralo para que cando saia a mensaxe apareza un título xunto coa mensaxe (por defecto desactivado), e podemos indicar con que contido, páxinas ou con que tipo de usuarios queremos que saia a mensaxe que se vai visualizar (por defecto con todos).

Image:Drupal_apariencia_11.jpg| Por exemplo, se intentades subir un comentario a un artigo publicado previamente, aparecerá unha mensaxe nesa sección...

</gallery>

* Podemos ver como se corresponden os contidos-seccións cos que aparecen na paxina web (non están todos):

[[Imagen:Drupal_apariencia_1.jpg|500px|center]]

* Podemos agregar novos contidos a unha sección determinada.

<gallery caption="Agregando novos contidos a unha sección específica" widths="350" heights="300px" perrow="3">

Image:Drupal_apariencia_12.jpg| Primeiro debemos escoller o 'bloque' onde vai ir o novo contido e premer o botón '''Colocar bloque'''.

Image:Drupal_apariencia_13.jpg| Agora indicamos que bloque de contido imos a poñer ou se queremos crear un específico. Para facer esta proba imos seleccionar o bloque '''Incio de sesión''' (podedes escoller outros para facer probas). Unha vez escollido aparecerá unha ventá coas opcións de configuración explicadas anteriormente. Prememos o botón '''Gardar bloque'''.

Image:Drupal_apariencia_14.jpg| Agora xa aparece na sección elexida, pudendo desprazala a outro lugar dentro ou fora de sección.

Image:Drupal_apariencia_15.jpg| Fixarse como se facemos algunha modificación, e non se garda, aparecerá na parte superior un aviso. Teremos que gardar os cambios premendo no botón '''Guardar bloques''' na parte inferior da paxina.

Image:Drupal_apariencia_16.jpg| Se pechamos a sesión e imos a paxina principal veremos como aparece o novo bloque dentro da sección elixida.

Image:Drupal_apariencia_17.jpg| Podemos eliminar o bloque premendo no menú da dereita e seleccionado a opción '''Eliminar'''.

</gallery>

==Instalando un novo Tema==

* '''NOTA:''' '''Esta sección está asociada á realización dun exercicio.'''

* Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.

* Para facelo graficamente necesitamos ter configurado un servidor ftp ao noso servidor. Como non é o caso imos facelo manualmente.

* Primeiro debemos decidir o tema a instalar.

:* Podemos ir a [https://www.drupal.org/project/project_theme este enlace] onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.

:* Podemos ir a [https://www.drupal.org/project/project_theme/index este enlace] no que aparece un índice dos temas.

* Vexamos un exemplo de busca:

[[Imagen:Drupal_apariencia_18.jpg|400px|center]]

* Imos a instalar o tema '''Drupal8 Zymphonies Theme''' que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:

[[Imagen:Drupal_apariencia_19.jpg|400px|center]]

Como está indicado:

:* Está activamente mantido, polo que se aparecen [https://es.wikipedia.org/wiki/Error_de_software bugs] serán corrixidos.

:* A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.

:* Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.

:* Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.

:* Indica a última vez que foi modificado.

* Procederemos a instalación.

<gallery caption="Instalación dun novo tema" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Drupal_apariencia_20.jpg| Primeiro debemos de '''situarnos no cartafol /drupal/themes/'''. Lembrar que se estamos a usar Xampp debemos de ir ao cartafol '/opt/lampp/htdocs/drupal/themes'.
Nota: Esta parte [https://www.drupal.org/docs/7/extending-drupal/installing-themes é diferente se o facedes con Drupal 7].

Image:Drupal_apariencia_21.jpg| Agora debemos de descargar o arquivo tar.gz do tema seleccionado. En Linux podemos poñer: '''wget https://ftp.drupal.org/files/projects/drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz''', sendo a dirección URL copiado dende a paxina web do tema.

Image:Drupal_apariencia_22.jpg| Descomprimimos o arquivo no cartafol /drupal/themes/ coa orden: '''tar -zxvf drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz''' e borramos o arquivo comprimido baixado de Internet. Cambiamos o propietario dos cartafoles creados: '''chown -R www-data:www-data /opt/lampp/htdocs/drupal/themes/'''. Algúns temas poden ter información sobre configuración para facelo funcionar correctamente. Isto (se é o caso) se atopará normalmente no cartafol do tema nun arquivo de nome Install.txt ou Readme.txt.

Image:Drupal_apariencia_23.jpg| Agora se imos a opción de menú '''Administrar''' => '''Apariencia''' aparecerá como opción a instalar o tema seleccionado. '''Prememos o botón Instalar y seleccionar de modo predeterminado'''.

Image:Drupal_apariencia_24.jpg| Xa aparece no listado de temas instaladose podemos premer o botón de '''Opciones''' para ver as posibilidades de configuración.

Image:Drupal_apariencia_25.jpg| Se agora visitamos o sitio podemos ver a nova presentación.

</gallery>

==Personalizando un Tema==

-- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] -- (2016).

Revisión del 13:15 29 ago 2016