Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Actualización»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 1: Línea 1:
 
==Introdución==
 
==Introdución==
 +
 +
* <u>'''NOTA:'''</u> '''Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.'''
 +
 +
<br/>
 
* Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
 
* Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
  

Revisión del 19:09 31 ago 2016

Introdución

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.


  • Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
  • Como normas xerais, cando se fai unha actualización de Drupal recoméndase:


  • Para realizar unha actualización deberemos:


Actualización do Core de Drupal

  • Actualización Update: Consiste en actualizar a versión de Drupal dende un 8.x a un 8.y. Máis información neste enlace.
  • Actualización Upgrade: Consiste en actualizar dende un Drupal 8.x a un 9.y, por exemplo. Máis información neste enlace.



  • Imos facer de exemplo, unha actualización á versión 8.2.0-beta2 (no momento de escribir este manual). As versión beta son de proba e en desenvolvemento polo que non deben ser empregadas para un sitio web en produción.


Actualización de Temas

Actualización de Módulos

Copias de seguridade

  • En calquera momento podemos facer unha copia de seguridade de todo o noso Drupal.
  1. Cambiamos Drupal a modo Mantemento.
  2. Facemos unha copia física do cartafol Drupal, coa orde cp -rp /drupal /backupDrupal/, sendo /drupal o cartafol onde está instalado e /backupDrupal o cartafol onde queremos copiar o sitio web. A opción -p do comando cp preserva os permisos.
  3. Comprimimos o cartafol coa orde: tar czf drupalbackup.tgz /backupDrupal/.
  4. Facemos o backup da base de datos Mysql asociada ao Drupal.
    1. É recomendable parar os traballos programado que teñamos no Cron mentres facemos o backup.
    2. Executaremos a orde: mysqldump -u USERNAME -p'PASSWORD' DATABASENAME > /path/to/backup_dir/database-backup.sql
  • Sendo:
  • Username e Password o usuario utilizado na instalación do Drupal. Lembrar que os datos os temos no arquivo de configuración /drupal/sites/default/installation.php.
  • DATABASENAME: Nome da base de datos utilizado na instalación do Drupal. Tamén se atopa no arquivo installation.php


Nota: Se non temos mysqldump instalado podemos instalalo coa orde: apt-get install mysql-client-5.6.
* Se estamos a utilizar XAMPP debemos cambiar o arquivo de configuración /etc/mysql/my.cnf e cambiar as liñas:
pid-file = /var/run/mysqld/mysqld.pid
socket = /var/run/mysqld/mysqld.sock
por (está en varias liñas)
pid-file = /opt/lampp/var/mysql/mysqld.pid
socket = /opt/lampp/var/mysql/mysql.sock



  • O proceso para restaurar o sitio web completo debería ser:
  1. Copiar de volta o cartafol có Drupal coa orde: cp -rp /backupDrupal/ /cartafol_a_restaurar/
  2. Restaurar a base de datos coa orde: mysql -u {user} -p {database} < {backup.sql}.
* Isto so serve cando restauramos a base de datos sobre un Mysql que xa a ten creada e cos permisos asinados ao usuario que utiliza drupal na súa configuración para acceder a dita base de datos. Se non teríamos que crear a base de datos, restaurala, crear o usuario e darlle permiso para acceder á base de datos como fixemos durante a instalación.






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).