Diferencia entre revisiones de «Instalamos e configuramos vsftpd sobre un Ubuntu 20.04»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 62: Línea 62:
 
= Referencias =
 
= Referencias =
 
* [https://manuais.iessanclemente.net/index.php/Servidor_FTP_vsftpd Manual do IES San Clemente sobre vsftpd]
 
* [https://manuais.iessanclemente.net/index.php/Servidor_FTP_vsftpd Manual do IES San Clemente sobre vsftpd]
−
* [https://ikastaroak.birt.eus/edu/argitalpen/backupa/20200331/1920k/es/ASIR/SRI/SRI03/es_ASIR_SRI03_Contenidos/website_index.html ver apartados 2 e 6]
+
* [https://ikastaroak.birt.eus/edu/argitalpen/backupa/20200331/1920k/es/ASIR/SRI/SRI03/es_ASIR_SRI03_Contenidos/website_index.html Ver apartados 2 e 6]
 
* [http://web.mit.edu/rhel-doc/4/RH-DOCS/rhel-rg-es-4/s1-ftp-vsftpd-conf.html Opcións de configuración de vsftpd]
 
* [http://web.mit.edu/rhel-doc/4/RH-DOCS/rhel-rg-es-4/s1-ftp-vsftpd-conf.html Opcións de configuración de vsftpd]

Revisión del 18:28 25 abr 2021

Introducción

Tarefa

Instala e configura un servidor FTP (vsftpd) cos seguintes requerimentos:

  • Admítense usuarios anónimos e só terán permiso de lectura.
  • Os usuarios do sistema poderán acceder e terán permisos de escritura.

Entrega

Realiza a comprobación de todos os requerimentos ao servidor ftp de debian/ubuntu utilizando a liña de comandos ou un programa cliente ftp específico. Amosa as capturas relevantes do funcionamento e da configuración

Alternativa

Se te atrancas por liña de comandos, podes axudarte co webmin:

Se con vsftpd non consigues solucionar o que se pide, podes instalar outro servidor FTP de linux:

  • PureFTPd
  • WU-FTPd
  • proFTPd
  • Outros

Pero non esquezas documentar que problemas atopaches e como fixeches a instalación dese outro servidor FTP.

TAREFA RECOMENDADA (OPTATIVA)

Imaxina que estas nunha empresa e che piden facer un manual de instalación. Elabora o devandito manual técnico con todos aqueles puntos que puideran ser de interés para outros técnicos da empresa que poden requerir facer unha instalación semellante no futuro.

AMPLIACIÓN DE OPCIÓNS (OPTATIVA)

Se rematas axiña a tarefa e xa tes documentado o manual técnico, podes intentar ver cómo configurar as seguintes opcións:

* Os usuarios do grupo alumnos deberán estar enxaulados no seu directorio.
* Os usuarios do grupo profes poderán navegar por todo o sistema de ficheiros.
* Visualizar os usuarios locais e os grupos aos que pertencen. (PISTA)
* Visualizar as as directivas configuradas no arquivo de configuración e arquivos utilizados con listado usuarios.

EN CASO DE DÚBIDA: Eiquí xa hai algunhas das dúbidas máis habituais resoltas:

   https://manuais.iessanclemente.net/index.php/Instalaci%C3%B3n_de_Servidor_FTP_vsftpd_en_Debian

Se te atopas con problemas na instalación ou configuración, debes consultar no foro para que compañeiros ou o profesor poidan colaborativamente axudar.

Comprobación do funcionamento

Será necesario comprobar o funcionamento mediante diferentes Clientes FTP

Monitorización e Troubleshooting

Existen ferramentas para poder levar a cabo a monitorización en tempo real do servizo:

  • netstat. Permite coñecer as conexións activas
  • ftpwho. Amosa información das conexións activas e o número total de usuarios conectados
  • ftptop. Amosa o estado actual das sesións FTP
Consulta a axuda do comando ftpwho e indica cal é a opción que permite obter información detallada sobre cada unha das conexións activas.

A interpretación dos rexistros de actividade pódese facer dun xeito máis cómodo cun analizador de logs:

Bibliografía

Referencias