Diferencia entre revisiones de «Redes y servicios de comunicación.»
| Línea 487: | Línea 487: | ||
== Servizos en rede na actualidade == | == Servizos en rede na actualidade == | ||
| − | === Streaming de audio e video == | + | === Streaming de audio e video === |
=== VoIP === | === VoIP === | ||
Revisión del 00:57 9 may 2021
Sumario
- 1 Redes sen fíos e as súas características
- 2 Interconexión de redes
- 3 Servizos en rede
- 4 Conclusións
- 5 Bibliografía
- 6 Referencias
Redes sen fíos e as súas características
As redes inalámbricas wireless (wireless network) son redes sen cable que comunican por medios non guiados ondas electromagnéticas.
A transmisión e a repetición fanse a través de antenas
O emisor pode ter unha ou máis antenas. E as antenas poden funcionar como emisor, como receptor, ou de ámbos xeitos.
Algunhas delas son antenas intermedias (con alcance de poucos metros) ou repetidoras (alcance de decenas de kilómetros)
Vantaxes e inconvintes
- Vantaxes
- Rápida instalación da rede: non é necesario cablear, pedir permisos de obras, levantar as rúas das cidades...
- Permiten a movilidade: dentro do radio de recepción da sinal podemos non non estar nun sitio estáticamente
- Menores costes de mantemento: reducense por non ter cableado
- Accesibilidade: casi todos los móviles, PDA e portátiles soportan o seu funcionamento
- Productividade: propician de xeito sinxelo á colaboración, o teletraballo, etc.
- Disponibilidade: É a única solución para zonas rurais diseminadas onde non chega o cableado
- Inconvintes
- Cambios atmosféricos: pode afectarlles a choiva, o vento, etc.
- Interferencias externas: doutros emisores de microondas.
- Falta de seguridade: requiere aumentar a seguridade e a encriptación por al emitirse libremente polo aire e poder ser interceptado por calquiera
- Máis erros: polas interferencias
- Máis costes iniciais: os dispositivos, antenas, etc. son más caros.
- Máis custe en soporte: usuarios que se conectan a outra rede, que sufren malfuncionamento polas interferencias, etc.
- Menor velocidade
Clasificación segundo alcance e/ou topoloxía
- PAN ou WPAN ('Wireless Personal Area Network)
- Rede inalámbrica de interconexión de periféricos que se pode atopar tanto a uns poucos centímetros como a metros de distancia do emisor, con velocidades de transmisión inferiores ó megabit por segundo. O estándar máis coñecido é Bluetooth; máis existen outros estándares, como os infravermellos, RFID, TAG, UWB, ZigBee, intrared, Homero, etc., que cumplen o estándar IEEE 802.15.
- WLAN (Wireless Local Area Network)
- Rede inalámbrica que se situa no mesmo edificio (cun óptimo de 100 m ata un máximo de 450 m). A máis coñecida é a WiFi, que utiliza o estándar IEEE 802.11 en sus múltiples versións, aínda que existen oturas tecnoloxías, coma é HiperLAN2.
- WMAN (Wireless Metropolitan Area Network)
- Rede inalámbrica que se sitúa nun barrio, urbanización ou municipio pequeno (a poucos kilómetros). As tecnologías deste grupo se coñecen coma Inalámbricas de Banda Ancha (Wireless Broadband); algúns exemplos son os WiMax e o WiBro, que soportan ata uns 54 km de distancia teóricos.
- WWAN (Wireless Wide Area Network)
- Rede inalámbrica global baseada en tecnoloxías como vSAT (conexións satélite moi utilizadas en barrios da periferia das capitales, no campo, etc.); 2G, 3G e 4G (solucións vía telefonía móvil, que cada día gañan máis adeptos ya que poden chegar a velocidades de centos de megabits por segundo, aínda que en España solo se chega a 24 megabits por segundo nas cidades más grandes e áreas concretas), etc.
Tecnoloxías de rede inalámbrica
Infravermellos - IrDA A Asociación de Datos por Infravermellos (Infrared Data Association - IrDA) baséase en raios luminosos. Os transmisores e receptores modulan a luz infravermella non coherente, pero deben estar alineados directamente ou cunha reflexión nunha superficie; a luz non pode atravesar as paredes e distancia entre dispostivos debe ser menor a un metro. Teñen unha frecuencia que vai desde os 300 GHz aos 384 THz e permiten a comunicación bidireccional entre dous extremos, a velocidades que van dende os os 9,6 Kbps ata os 4 Mbps, para unha amplia gama de dispositivos (e tanto en portátiles coma en móviles)
Bluetooth O estándar IEEE 802.15.1 define a posibilidade de transmisión de voz e datos entre dispositivos mediante un enlace de radiofrecuencia segura e sen licencia de curto rango. O alcance é tan limitado coma uns poucos metros. Esta tecnoloxía é moi utilizada en móviles, portátiles, coches, mans libres, etc., xa que permite tanto crear redes pequenas coma sincronizar datos entre os nosos equipos personais.
WiFi Normas ou conxunto de especificacións baseadas no estándar IEEE 802.11, que actúan na capa física e de enlace do modelo OSI. As súas versións 802.11b (ata 11 Mbps) e 802.11g (ata 54 Mbps en modo normal e 108 Mbps con técnicas de aceleración) disfrutan dunha aceptación universal, debido a que traballan na banda 2.4 GHz. Esta tecnoloxía é moi insegura e pode sufrir interferencias causadas por fornos, microondas, teléfonos móviles e outros dispositivos; ou polas condicións do entorno.
Microondas por satélite Coa tecnología vSAT, establecense enlaces entre varias estacións terrestres (estacións base). O satélite recibe o sinal (sinal ascendente), amplificao e retransmite na outra banda (sinal descendente). Pode haber interfencias tanto terrestres como por satélite, xunto ós infravermellos e as ondas de radio, polas cecanas fronteiras entre bandas de frecuencia, provocando que se mezclen. As súas frecuencias oscilan entre 1GHz e 10GHz, con 10 Mbps, alcanzando ata aproximadamente 80 kms (os satélites están a uns 35 kms). Unha das desventaxas deste método é o retardo que se produce duns 0,25 segundos, inaceptable para determinadas aplicaciónes. Unha das súas ventaxaa é a cobertura superando a da tecnoloxía móvil (2G, 3G, 4G...) pero cuns aparatos receptores moito máis caros.
Microondas terrestres Neste método empleanse antenas parabólicas cun diámetro aproximado de unos 3 m. Ventaxa. Teñen unha cobertura de kilómetros. Inconvinte. Emisor e receptor deben estar perfectamente alineados. Por eso é frecuente se utilicen en enlaces punto a punto para distancias cortas. Neste caso, hay que ter en conta que debido a que se opera nunha frecuencia máis elevada a choiva pode producir unha atenuación importante no sinal. As microondas van en frecuencias desde 1GHz hasta 300GHz. Actualmente xa no existen casi proveedores destes servicios pero se poden seguir alugando a Telefónica, Iberdrola, etc.
Modos topolóxicos ou de conexión
Modo ad hoc Dúas ou más estaciones comunicanse directamente entre sí utilizando ondas de radio sen necesidade de ningún intermediario. Este método se usa en redes pequenas.
Modo infraestructura As diferentes estacións dunha rede comunicanse a través dun intermediario que organiza a comunicación mediante ondas de radio entre os nodos inalámbricos da red (Punto de Acceso). O Punto de Acceso é o centro das comunicacións.
Estándares
IEEE 802.11
Comezamos cunha táboa que resume os datos máis relevantes das coñecidas redes Wifi (que son de tipo WLAN):
| Norma | Ano | Velocidades | Canles | Frecuencias | Nome comercial | Compatibilidade |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 802.11 | 1997 | 2 Mbps | 2.4 GHz | |||
| 802.11a | 1999 | 54 Mbps | 5 GHz | Wifi 2 | NON compatible con b e g | |
| 802.11b | 1999 | 11 Mbps | 2.4 GHz | Wifi 1 | Compatible con g | |
| 802.11g | 2003 | 54 Mbps | 2.4 GHz | Wifi 3 | Compatible con b | |
| 802.11n | 2009 | 600 Mbps | 2.4 / 5 Ghz | Wifi 4 | Compatible con protocolos anteriores | |
| 802.11ac | 2013 | 3.5 Gbps | 2.4 / 5 GHz | WiFi 5 ou WiFi Gigabit | Compatible con protocolos anteriores | |
| 802.11ax | 2019 | 11 Gbps | 2.4 / 5 GHz | WiFi 6 | Compatible con protocolos anteriores | |
| 802.11be | Pendente de aprobación | 30 Gbps | 2.4 / 5 / 6 GHz | WiFi 7 | Compatible con protocolos anteriores |
802.11ax
Coñecido como WiFi 6 é un tipo de WLAN diseñado para operar nos espectros xa existentes de 2.4 GHz e 5 GHz.23 Ademáis de utilizar MIMO y MU-MIMO, nova modificación introduce OFDMA para mellorar a eficiencia espectral global, e conta con soporte de modulación 1024-QAM de orden superior para un maior rendemento
802.11be
O nome técnico deste futuro estándar de WiFi é IEEE 802.11be Extremely High Throughput (EHT), e comercialmente será coñecido como WiFi 7. Centrarase nas bandas de 2,4 GHz, 5 GHz e 6 GHz.
IEEE 802.15
O IEEE 802.15 é un grupo de trabajo especializado en PAN, que adoita ter topoloxías en malla.
| Norma | Ano | Comentarios |
|---|---|---|
| 802.15.4 | 2003 | baixa transferencia de datos pero alta duración da batería (Zigbee e outros) |
Os estándares más coñecidos son:
802.15.1 ou bluetooth
Ten diferente especificacións. Soporta diferentes distancias segundo as súas clases:
- Clase 1 ata 100 m (con repetidores)
- Clase 2 ata 10 m
- Clase 3 ata 1 m.
E diferentes anchos de banda segundo as súas versións:
- v 1.2 hasta 1 Mbps
- v 2.0 + EDR (enhaced data rate) ata 3Mbps
802.15.4 ou ZigBee
Traballa nas frecuencias 2,4 GHz/868 MHz/915MHz; soporta conexións de 20 Kb, 40 Kb e 250 Kb, e ten un alcance inferior a 75 m.
IEEE 802.16
O estándar IEEE 802.16 é o estándar de facto de WiMax (para redes WMAN) e conta con dúas versións:
802.16d Aplicase para os accesos de dispositivos fixos nos que se establece un enlace radio entre a estación base e un equipo de usuario situado no seu domicilio. A velocidad máxima teórica sitúase en 70 Mbps pero, a nivel práctico, tense chegado a 20 Mbps en células de 6 km.
802.16e Permite o desprazamento do usuario ou dispositivos móviles. Este grupo segue consensuando este estándar que aínda non está finalizado
IEEE 802.20
O IEEE 802.20 é o Mobile Broadband Wireless Access (MBWA), Acceso Inalámbrico Móvil de Banda Ancha. Habilita a posibilidade de crear redes WWAM de diferentes proveedores. Emprega frecuencias de 5 MHz, 10 MHz y 20 MHz podendo chegar a picos de transmisión de ata 80 Mbps. Permite conexións MIMO e soporta ata 100 terminales por MHz.
Compoñentes físicos das redes sen fíos
Tarxeta de red inalámbrica
Coñecida tamen como adaptador/interfaz de rede inalambrico ou wireless network interface controller (wnic), é un dispositivo que cumple co estándar 802.11 e permite a conexión do equipo a unha rede sen fíos.
Existen diversos formatos de conexión da tarxeta ó equipo:
- tarxetas PCI
- tarxetas PCI Express
- tarxetas PCMCIA
- adaptadores USB
- tarxetas Compact Flash
Puntos de acceso (access points, AP)
O punto de acceso (Access Point, AP o Wireless Access Point, WAP) é o intermediario da comunicación nunha rede sen fíos con topoloxía en modo infraestructura, que se comunica por ondas de radio; isto é, que actúa de ponte ou bridge.
O AP pode comunicarse con calquera nodo que se atope no seu radio de acción, sendo o centro das comunicaciones.
Repetidor
Coñecido tamén coma amplificador ou extensor de red inalámbrico, ou en inglés wireless extender/repeater. É o dispositivo encargado de expandir o rango do sinal dunha rede WiFi existente (mais non aumenta o ancho de banda).
Encamiñadores sen fíos
Un router inalámbrico é un dispositivo que realiza as funcións de un enrutador, pero tamén inclúe as funcións de un punto de acceso inalámbrico. Utilizase normalmente para proporcionar acceso a Internet ou a unha rede informática. Non require dun enlace por cable, xa que a conexión realizase sen fíos a través de ondas. Pode funcionar con LAN cableada (local area network), con unha LAN inalámbrica (WLAN), ou cunha rede mixta cableada/inalámbrica, dependendo do fabricante e modelo.
Todos os routers inalámbricos poden funcionar como access points, pero non todos os access points poden funcionar como routers.
Os routers xestionan o acceso a LAN, a comunicación con redes externas, recibindo e distribuíndo a multiples enderezos, establecendo un punto de conectividade e proveendo seguridade.
Os access points normalmente só proveen acceso a rede establecida polo router.
Antenas
Son parte fundamental dos dispositivos inalámbricos xa que se encargan de enviar e recibir ondas electromagnéticas cos datos.
Clasificación segundo a forma do sinal que cubren
| Tipo | Descripción |
|---|---|
| Omnidireccionais | Radian a señal en todas as direccións (sendo exactos segundo un diagrama en forma de toro). A medida que aumenta a ganancia deste tipo de antenas pode acadarse conexións a maiores distancias, mais a potencia concrase cada vez mais no eixo horizontal. |
| Direccionais ou bidireccionais | Concentran a señal nunha ou dúas (bidireccionais) direccións e cobren certo ángulo ó redor da dirección á que se apunta. Canto maior sea a ganancia da antena, menor será o ángulo de radiación, e resultará máis difícil apuntar o outro extremo e mater unha conexión estable. |
| Sectoriais | Tipo mixo, que intenta xuntar o mellor dos anteriores. Emite señal máis amplia que unha direccional pero meor que a omnidireccional; e a súa intesidade é maior que a omnidireccional pero lixeiramente inferior a direccional. |
Características
- alcance ou intensidade: distancia física en liña recta entre dous puntos
- dimensións: importante saber se colle onde debe colocarse ;)
- rangos de temperatura: qué pode soportar en funcionamento, e se é para interior ou exterior
- polarización: vertical ou horizontal
- frecuencia de traballo: por exemplo, para Wifi de banda 2.4 GHz oscila entre 2.400 e 2.485 MHz
- ganancia ou potencia: expresada en dBi (fabricantes) ou en dBd (reales)
A potencia expresada polos fabricantes en dBi pode ser convertida mediante esta fórmula: GdBd = Gdbi - 2,15
- ángulos de recepción do ancho de banda: Horizontal ou Vertical Beam Bandwith
Seguridade en redes sen fíos
Unha rede sen fíos pode ser configurada como sistema aberto sen seguridade no que non se require ningunha chave para acceder; por moitos motivos fácilmente imaxinables non parece unha boa idea.
Estas son as alternativas, sendo a día de hoxe as únicas recomendables WPA2/WPA3
| Protocolo | Ano de aparición | Algoritmo de encriptación | Chave secreta | Vector de inicialización | Integración de chaves | Comentario |
|---|---|---|---|---|---|---|
| WEP | 1999 | RC4 | De 40 ou 104 bits | 24 bits | Ningunha | Protección moi feble rompible por forza bruta en escasos minutos |
| WPA | 1999 | RC4 | De 64 ou 128 bits | 48 bits | EAP | Tamén vulnerable a ataques no seu componente TKIP |
| WPA2 | 2005 | AES | 128 bits | 48 bits | EAP | Igualmente vulnerado no ano 2017 |
| WPA3 | 2018 | AES 256 | 128 bits en WPA3-Personal 192 bits en WPA3-Enterprise | 48 bits | ECDH | Reducirá os problemas de seguridade que teñen so contrasinais febles e simplificará o proceso de configuración de dispositivos sn interfaz de visualización |
Posibles accións que poden mellorar (en distinto grao) a seguridade da rede son:
- Cambiar o contrasinal do punto de acceso/router
- Modificar o SSID configurado por defecto
- Desactivar a difusión do nome da rede (SSID)
- Cifrar a rede empregando WPA con contrasinais seguros e cambiados cada certo tempo
- Activar o filtrado por enderezos MAC
- Desactivar o servidor DHCP e asignar IPs de xeito manual
- Apagar o punto de acceso cando non se utilice
- Usar rangos de direccións ip limitadas con subnetting
Interconexión de redes
Pasarelas
A nivel físico - O gateway
A pasarela ou porta de enlace (gateway) é un dispositivo, un computador o un programa que permite interconectar redes con protocolos e/o arquitecturas diferentes a todos os niveis de comunicación. É habitual a súa utilización para conectar redes LAN a redes WAN (internet).
Encamiñamento de tráfico entre interfaces de rede
A interconexión entre redes faise cun dispositivo chamado router; este dispositivo consulta a súa táboa de enrutamento e decide por onde debe dirixir os paquetes de datos escollendo a ruta máis axeitada.
Os compoñentes dunha táboa de enrutamento son:
- Red de destino: corresponde á rede de destino onde deberá ir o paquete de datos.
- Máscara de subrede: é a máscara da rede destino. A máscara de rede xunto coa rede destino definen o conxunto de nodos os que se dirixe á ruta.
- Seguinte salto: enderezo de IP da interfaz de rede por onde viaxará o paquete de datos seguindo o seu camino ata o destino final.
- Interfaz de saída: interfaz de rede por onde deben saír os paquetes
- Métricas: utilizadas polos diferentes algoritmos de enrutamento para tomar decisións preioriznado unha ruta sobre outra; algunhas posibilidades son indicar o número mínimo de saltos ata a rede de destino ou o custe para chegar ata a rede de destino.
Os tipos de rutas que se poden almacenar na táboa de enrutamento son:
- Conectadas directamente
- Rutas remotas
- De host
- Rutas por defecto
- O destino
O ruteo, a función do router na rede, consiste en:
- Recibe o paquete de datos.
- Busca cál é o enderezo de destino.
- Verifica a táboa de enrutamiento que ten configurada.
- Procede a enviar o paquete a destino pola mellor ruta.
Para ver a táboa de enrutamento:
- do noso router podemos acceder al perfil de administración que poseen os router. Nun router Cisco IOS pódese utilizar o comando show ip route
- do noso equipo Windows co comando route print ou netstat -r desde o cmd.exe
- do noso equipo Linux co comando route -n ou ip route show
A nivel de aplicación - O proxy
As pasarelas software a nivel aplicación son máis coñecidas coma proxy . Un proxy é un software intermediario nas comunicacións entre un cliente e un servidor necesario cando ambos se atopan en redes independentes que non permiten la comunicación directa.
O proxy realiza as peticións do cliente no seu nome ó servidor; e unha vez que recibe as respostas remítellas o cliente.
Existen dúas modalidades: o proxy directo ou forward proxy, e o proxy inverso ou reverse proxy:
Un proxy directo ou forward proxy funciona coma un servidor para o cliente.
Un proxy inverso ou reverse proxy colócase en fronte doutro servidor o que suplanta sen o coñocemento do cliente; porén os proxies inversos están máis relacionados coa alta disponibilidade.
A análise e rexistro das conexións dos usuarios realizada cun proxy entra en conflito coa súa privacidade xa que ese tipo de información pode ser utilizada para indagar na intimidade dos usuarios ou para a elaboración de perfís sociológicos.
En cumplimento da lexislación nacional sobre protección de datos persoais e o RGPD europeo (Reglamento General de Protección de Datos) o uso dun proxy debe ser sempre realizado trala debida información ós usuarios da existencia deste software e as súas implicacións.
Devesas (firewalls)
Unha devesa (cortafuegos ou firewall) é unha parte dun sistema ou red deseñado para bloquear o acceso non autorizado.
Trátase dunha aplicación, parte dun sistema operativo, dispositivo hardware, ou unha combinación dos anteriores, configurados para filtrar, permitir, limitar ou cifrar o tráfico entre interfaces, terminais e redes en base a unhas normas e criterios (IP, DNS, paquetes, puertos, aplicaciones, procesos, etc.).
Devesas integradas
Windows ten unha devesa integrada desde a súa versión XP (Firewall ou Defender de Windows). Hai máis opcións, coma entre outras:
O seu inconvinte e que ralentizan o funcionamento dos equipos para acadar a súa función.
IMPORTANTE. As devesas, do mesmo modo que os antivirus, non deben instalarse e activarse a pares, porque posiblemente se bloqueen entre eles e penalicen moito máis o rendemento da máquina.
Devesa perimetral
Unha devesa en cada equipo é unha solución que ralentiza en exceso, sin contar co coste de licenzas; por iso unha boa solución sería instalar devesas en servidores proxy de acceso a internet ou configuralos nos propios puntos de acceso ou enrutadores.
Son imprescindibles nas empresas onde é habitual conectar á devesa unha terceria rede, coñecida coma zona desmilitarizada o DMZ (DeMilitarized Zone). Nela ubicanse os servidores accesibles desde o exterior, quedando a LAN protexida, pero con funcionalidade de intranet ou extranet.
Devesas software
Calquera equipo con dúas ou máis interfaces de red que enrute tráfico de rede pode facer as funciones de devesa co software axeitado. Hai moitas solucións de devesa open source. Entre outras:
Podes ler un pequeno resumo comparativo.
Devesas hardware
Son routers que adoitan ter entre 4 e 24 interfaces de red e cun firmware que permite especificar con todo detalle as regras da devesa. Son dispositivos de fabricantes coma Mikrotik, WatchGuard, ou Cisco.
A case totalidade dos firewall hardware están baseados nalgunga distribución UNIX/Linux xa que o seu kernel está deseñado para o enrutamento e filtrado de paquetes.
Algunhas marcas de cortafuegos profesionais teñen unha demo do seu software de xeito que é posible probar o produto antes de adquirilo:
VPN - Virtual Private Network
Unha rede privada virtual ou VPN é unha tecnoloxía de rede que permite extender o alcance dunha rede LAN a través das infraestructuras de rede pública (Internet).
Con isto elimínase a necesidade de que os integrantes da comunicación estén físicamente conectados entre sí xa que esta conexión realizase a través de Internet; isto e, os dispositivos ubicados na LAN poderán transferir datos sobre a rede públiac coma se se atopasen na rede privada sen límites no referente a funcionalidade e seguridade.
Para poder implementar este tipo de tecnoloxía é preciso o establecemento dunha conexión virtual punto a punto mediante o uso de conexións dedicadas, cifrado ou a combinación das dúas.
Protocolos
A conexión VPN (servidor e clientes) debe utilizar o mesmo protocolo nos extremos para establecer o túnel cifrado. Existen varios protocolos: xeralmente canto máis seguro é un protocolo máis lenta é a transferencia de datos pola sobrecarga que supón o cifrado.
Os sistemas operativos incorporan librerías que permiten crear conexións VPN usando un ou varios destes protocolos; e tamén é posible usar software específico coma OpenVPN, que ofrece unha configuración sinxela.
Son opcións:
- PPTP (Point to Point Tunneling Protocol)
- Creado por Microsoft nos anos noventa. Non é aconsellado pola vulnerabilidade coñecida no seu algoritmo de autenticación MSCHAP
- L2TP/IPsec (Layer 2 Tunneling Protocol / Internet Protocol Security)
- L2TP é o protocolo para crear túneles entre dous extremos. Non reviste especial seguridade polo que adoita usarse combinado con IPsec, o protocolo encargado do cifrado do caudal de datos que atravesa o túnel L2TP. IPsec é un protocolo moi seguro e non é complicado de configurar.
- SSTP (Secure Socket Tunneling Protocol)
- Creado por Microsoft, internamente utiliza o mesmo cifrado SSL/TLS que se usa en HTTPS; o problema é que só está disponible en contornas Windows.
- IKEv2 (Internet Key Exchange version 2)
- Protocolo baseado en IPsec creado por Microsoft e Cisco. Realiízase un dobre intercambio de chaves (autenticación de dous pasos), polo que é necesario que o cliente teña un segundo dispositivo onde recibir un código (normalmente un móvil). É moi seguro, pero complexo na súa configuración; coma diferenza é o único protocolo capaz de manter unha sesión VPN ó cambiar de rede (por exemplo cando un móvil salta de rede WiFi a rede 4G), polo que é axeitado para smartphones.
- SSH (Secure SHell)
- Non é propiamente un protocolo VPN; é un protocolo para iniciar sesións remotas de consola de xeito seguro (utilizando o cifrado SSL). Incorpora características adicionais entre as que se atopa a posibilidade de crear túneles cifrados con redirección de portos o que posibilita o seu uso para navegación segura. As veces refírese a SSH coma VPN a nivel de aplicación, en contraposición ó resto de protocolos, que se definen como VPN a nivel de rede.
- DirectAccess
- Creado por Microsoft para unir ordenadores remotos a dominios Active Directory facendo uso de protocolos de cifrado. Se diferencia de las demás VPN en que el cliente no necesita iniciar (o detener) la cone‑ xión manualmente, como ocurre con todos los demás tipos, sino que el equipo cliente crea la conexión al arrancar, en cuanto está disponible el acceso a internet. Es, por tanto, una solución solo disponible en Windows Server (como servidor) y Windows 10 (como equipo cliente, siempre y cuando esté unido a un dominio). Es la mejor opción en estos entornos (y solo en estos), aunque para su funcionamiento requiere IPv6 en la red local.
- OpenVPN
- Software de código abierto moi utilizado especialmente en arquitecturas Linux onde multitud de soluciións baseanse internamente en él. É facil de configurar e seguro (SSL/TLS), posibilitando atravesar firewall. Existe versión comercial denominada OpenVPN Access Server que engade unha interfaz web de administración e clientes simplificados para diversos sistemas operativos e versión aberta para servidor e cliente para arquitecturas Linux e Windows.
Servizos en rede
Servizos cuasiobsoletos
TFTP FTP Telnet Bootp