Diferencia entre revisiones de «Solucións de cifrado con PGP»
(Página creada con «= Introdución = = Enunciados = == Cifrado simétrico == # Crea un documento de texto co contido que queiras e cífrao usando gpg con cifrado simétrico usando o contrasin…») |
|||
| Línea 19: | Línea 19: | ||
# Cifra o teu documento de texto con gpg usando a chave pública recibida do teu compañeiro e mándalle o documento cifrado | # Cifra o teu documento de texto con gpg usando a chave pública recibida do teu compañeiro e mándalle o documento cifrado | ||
# Descifra o contido do documento cifrado que che enviou o teu compañeiro usando a túa chave privada | # Descifra o contido do documento cifrado que che enviou o teu compañeiro usando a túa chave privada | ||
| + | |||
| + | ; Solución | ||
== Firma dixital == | == Firma dixital == | ||
Revisión del 18:32 10 may 2021
Sumario
Introdución
Enunciados
Cifrado simétrico
- Crea un documento de texto co contido que queiras e cífrao usando gpg con cifrado simétrico usando o contrasinal que descifrar.
- Fai chegar este documento a un compañeiro que debe poder descifrar o documento a partir da contrasinal que lle indiques.
Cifrado asimétrico
Fai o cifrado asimétrico con gpg dun ficheiro:
- Xera un par de chaves coas seguintes características:
- Tipo de chave: RSA and RSA (default)
- Tamaño da chave: 1024 bits
- Caducidade: Dentro dun ano
- Nome: O teu nome e apelidos
- Correo-e: Unha dirección de correo que teñas ou unha inventada
- Comentario: Alumno do CIFP Rodolfo Ucha
- Exporta a chave pública e faillo chegar ó teu compañeiro
- Crea un documento de texto que teña como contido a frase que ti desexes
- Cifra o teu documento de texto con gpg usando a chave pública recibida do teu compañeiro e mándalle o documento cifrado
- Descifra o contido do documento cifrado que che enviou o teu compañeiro usando a túa chave privada
- Solución
Firma dixital
Fai a sinatura dixital con gpg dun ficheiro:
- Crea un documento de texto que teña como contido a frase que ti desexes
- Asina o documento usando a túa chave secreta
- Envíalle o documento asinado ao teu compañeiro
- Verifica a sinatura do documento que recibes do teu compañeiro
- Solución
OpenPGP en Thunderbird
- Configura OpenPGP en Thunderbird e envía emails cifrados
- Solución
Envía con Thunderbird correos asinados co teu certificado dixital
Esta práctica non fai uso de PGP... pero tamén é un xeito de uso seguro do correo electrónico
- Configura unha autoridade de certificación con OpenSSL
- Crea un certificado asociado á unha dirección de email que teñas.
- Configura esta conta de correo con Thunderbird.
- Envía con Thunderbird un correo ao teu compañeiro asinado co teu certificado dixital.
- Obtén o certificado dixital do teu compañeiro e envíalle un correo asinado co teu certificado dixital e cifrado co seu.
- Solución
Se queremos emitir certificados con OpenSSL para o cifrado e sinatura dixital de mensaxes de correo electrónico, os pasos a seguir serán os mesmos que os que xa vimos para a creación de certificados para o servizo web; a única diferenza será que en lugar de indicar o nome de DNS ou enderezo IP do servidor web indicaremos o enderezo de correo electrónico para o que queremos crear o certificado dixital.
Polo tanto, a creación do CSR podería facerse da seguinte maneira:
openssl req -new -key probadecorreoucha_gmail.key -out probadecorreoucha_gmail.csr
Introducimos os datos necesarios:
Country Name (2 letter code) [AU]:ES State or Province Name (full name) [Some-State]:Galicia Locality Name (eg, city) []:Ferrol Organization Name (eg, company) [Internet Widgits Pty Ltd]:CIFP Rodolfo Ucha Organizational Unit Name (eg, section) []: Common Name (eg, YOUR name) []:Xose Email Address []:probadecorreoucha@gmail.com Please enter the following 'extra' attributes to be sent with your certificate request A challenge password []: An optional company name []:
Se queremos exportar o ficheiro co certificado dixital (con extensión .crt) e a chave privada en formato PKCS#12 (usada habitualmente polas aplicacións de correo electrónico), podemos facelo do seguinte xeito: openssl pkcs12 -export -out probadecorreoucha_gmail.p12 -inkey probadecorreoucha_gmail.key -in probadecorreoucha_gmail.crt