Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Actualización»
| Línea 81: | Línea 81: | ||
</gallery> | </gallery> | ||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
Revisión del 10:10 6 sep 2016
Introdución
- Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
- Como normas xerais, cando se fai unha actualización de Drupal recoméndase:
- Facer unha copia da Base de Datos Mysql onde está aloxado.
- Poñer o sitio web en Modo Mantemento.
- Para realizar unha actualización deberemos:
- Actualizacións en Drupal
Copia de seguridade completa
- NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.
- En calquera momento podemos facer unha copia de seguridade de todo o noso Drupal.
- Pódese facer ou ben usando un módulo previamente instalado (coma backup and migrate) ou ben manualmente. Imos facelo manualmente.
- Cambiamos Drupal a modo Mantemento.
- Facemos unha copia física do cartafol Drupal, coa orde cp -rp /drupal /backupDrupal/, sendo /drupal o cartafol onde está instalado e /backupDrupal o cartafol onde queremos copiar o sitio web. A opción -p do comando cp preserva os permisos.
- Comprimimos o cartafol coa orde: tar czf drupalbackup.tgz /backupDrupal/drupal.
- Facemos o backup da base de datos Mysql asociada ao Drupal. `Lembrar que podemos facela graficamente utilizando a ferramenta PhpMyAdmin.
- É recomendable parar os traballos programado que teñamos no Cron mentres facemos o backup.
- Executaremos a orde: mysqldump -u USERNAME -p'PASSWORD' DATABASENAME > /path/to/backup_dir/database-backup.sql
- Sendo:
- Username e Password o usuario utilizado na instalación do Drupal. Lembrar que os datos os temos no arquivo de configuración /drupal/sites/default/installation.php.
- DATABASENAME: Nome da base de datos utilizado na instalación do Drupal. Tamén se atopa no arquivo installation.php
- Desactivamos o modo mantemento.
- Nota: Se non temos mysqldump instalado podemos instalalo coa orde: apt-get install mysql-client-5.6.
- * Se estamos a utilizar XAMPP debemos cambiar o arquivo de configuración /etc/mysql/my.cnf e cambiar as liñas:
- pid-file = /var/run/mysqld/mysqld.pid
- socket = /var/run/mysqld/mysqld.sock
- por (está en varias liñas)
- pid-file = /opt/lampp/var/mysql/mysqld.pid
- socket = /opt/lampp/var/mysql/mysql.sock
- O proceso para restaurar o sitio web completo debería ser:
- Descomprimir a copia de seguridade coa orde: tar -xvf archivo.tar
- Copiar de volta o cartafol có Drupal coa orde: cp -rp /backupDrupal/drupal /cartafol_a_restaurar/ sendo /cartafol_a_restaurar no caso de utilizar xampp é /opt/lampp/httdocs.
- Restaurar a base de datos coa orde: mysql -u {user} -p {database} < {backup.sql}.
- * Isto so serve cando restauramos a base de datos sobre un Mysql que xa a ten creada e cos permisos asinados ao usuario que utiliza drupal na súa configuración para acceder a dita base de datos. Se non teríamos que crear a base de datos, restaurala, crear o usuario e darlle permiso para acceder á base de datos como fixemos durante a instalación.
Actualización do Core de Drupal
- NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.
- Actualización Update: Consiste en actualizar a versión de Drupal dende un 8.x a un 8.y. Máis información neste enlace.
- Actualización Upgrade: Consiste en actualizar dende un Drupal 8.x a un 9.y, por exemplo. Máis información neste enlace.
- Imos facer de exemplo, unha actualización á versión 8.2.0-beta2 (no momento de escribir este manual). As versión beta son de proba e en desenvolvemento polo que non deben ser empregadas para un sitio web en produción.
- Actualizacións Core de Drupal
Agora borramos os cartafoles /drupal/core e /drupal/vendor así como todo o contido do cartafol raíz onde está instalado Drupal. Isto o facemos (estando situados no cartafol /drupal): rm -rf core vendor e rm *.* .*. Se tivésemos algún cartafol creado por nos con contido deberemos facer unha copia previamente do mesmo. Tamén se fixemos modificacións nos arquivos .htaccess, composer.json ou robots.txt deberemos facer copia.
Nota: Algunhas actualizacións de Cores implican modificacións no arquivo de instalación settings.php que se atopa en /sites/default (isto ven indicado na información da propia actualización). Nestes casos, deberemos: Facer unha copia do settings.php; copiar o arquivo default.settings.php que ven coa nova versión Core e nomealo co nome settings.php; modificar o novo arquivo settings.php cos datos modificados (normalmente ven ser o nome do usuario, password e nome da base de datos coa que conectamos con Mysql.Descomprimimos o novo Core descargado coa orde: tar -zxvf drupal-x.y.z.tar.gz e o copiamos coa orden: cp -Rf drupal-x.y.z/* drupal-x.y.z/.* /path_instalación_drupal. No noso caso o path sería: tar -zxvf drupal-8.2.0-beta3.tar.gz e cp -Rf drupal-8.2.0-beta3/* drupal-8.2.0-beta3/.* /opt/lampp/htdocs/drupal. Se tiñamos algunha modificación feita nos arquivos .htaccess, composer.json ou robots.txt a restauraremos.
Se estamos a utizar composer executaremos a orde 'composer update drupal/core --with-dependencies' (non é o noso caso). Nos executaremos o arquivo 'update.php' poñendo na URL do navegador a orde: http://localhost/drupal/update.php. Se tivésemos un dominio teriamos que poñer: http://midominio.es/update.php. Aparecerá un asistente no que se nos informa da necesidade da facer unha copia de seguridade do cartafol /sites/ e da base de datos Mysql.
- Máis información no seguinte enlace.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).