Diferencia entre revisiones de «PHP Paso de datos con formularios»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 232: | Línea 232: | ||
== Función para validar / corrixir campos == | == Función para validar / corrixir campos == | ||
| − | |||
| − | |||
* O proceso de validación-corrección de campos dun formulario soe ser dar bastante traballo. | * O proceso de validación-corrección de campos dun formulario soe ser dar bastante traballo. | ||
| Línea 414: | Línea 412: | ||
</syntaxhighlight> | </syntaxhighlight> | ||
:: Devolve 'Valor correcto' | :: Devolve 'Valor correcto' | ||
| − | |||
| − | |||
== Validación de datos utilizando arrays == | == Validación de datos utilizando arrays == | ||
Revisión del 13:48 4 oct 2016
Sumario
Introdución
- Sabemos que a través da etiqueta <form> podemos enviar datos dunha páxina a outra.
- Dentro de esta etiqueta temos o atributo method que pode tomar os valores get ou post.
Método GET
- Neste caso os datos son enviados na URL e pasan a páxina indicada polo etiqueta action do formulario no seguinte formato: http://paxinadestino.php?param1=valor¶m2=valor&.....
- Se vos fixades cando facedes unha busca en google (por exemplo buscade 'php') na url aparecerá algo coma isto: https://www.google.es/search?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&ei=a1XgV4CmOu6s8wfuibOQAQ
- Os datos que aparecen despois do signo '?' son parámetros:?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8
- Desvantaxes:
- Calquera persoa pode ver os valores das variables polo que dito método non é moi seguro.
- O usuario pode cambiar o valor de ditas variables polo que pode suceder que o sitio amose ou faga algo diferente do permitido.
- O usuario pode obter información non actual se usa unha URL con datos non actualizados.
- O tamaño do que podemos enviar na URL está limitado (depende de cada navegador, pero pode estar entre 2KB-8KB)
- Vantaxes:
- A través da URL podemos pasar datos dunha páxina a outra sen necesidade de ter un formulario por medio.
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_GET['param'].
- Vexamos agora un exemplo utilizando un formulario:
Arquivo: UD2_Form_Ex1_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Formulario</title> 7 <style> 8 .formularios{ 9 width: 30%; 10 margin: 0px auto; 11 } 12 .etiqueta{ 13 float: left; 14 width: 190px; 15 } 16 .botonesformularios{ 17 width: 50%; 18 margin: 30px auto; 19 text-align: center; 20 } 21 select { 22 width:50%; 23 } 24 </style> 25 </head> 26 <body> 27 <form id="frmPelicula" class="formularios" method="get" action="UD2_Form_Ex1_datos_pelicula.php"> 28 <div> 29 <div class='etiqueta'>Película preferida:</div> 30 <select name="lstPelicula"><option>E.T. El extraterrestre</option><option>Supermán</option></select> 31 </div> 32 <div> 33 <div class='etiqueta'>Xénero preferido:</div> 34 <select name="lstXenero"><option>Acción</option><option>Ciencia ficción</option></select> 35 </div> 36 <div class="botonesformularios"> 37 <input type='submit' value="ENVIAR" /> 38 </div> 39 </form> 40 41 </body> 42 </html> 43 </php>
- Fixarse que enviamos os datos utilizando o método get.
Arquivo: UD2_Form_Ex1_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 echo 'Os datos que escolliches son:<br/><br/>'; 12 13 $pelicula = $_GET['lstPelicula']; 14 $xenero = $_GET['lstXenero']; 15 16 printf("PELICULA:%s<br/>XÉNERO:%s",$pelicula,$xenero); 17 ?> 18 19 </body> 20 </html>
Método POST
- No método post de envío de datos, os mesmos van 'dentro' da páxina web e polo tanto non son visibles para o usuario.
- Tamén está limitado o tamaño do que se pode enviar (por exemplo se enviamos un arquivo adxunto) a un tamaño de 8MB.
- Podemos cambiar dito límite:
- Modificando a directiva post_max_size do arquivo php.ini de PHP.
- Modificando o arquivo .htaccess do noso sitio web e engadindo a directa: php_value post_max_size 20M (isto é necesario no caso de aloxamentos compartidos ou se non temos acceso ao arquivo php.ini).
- Nota: No caso de subir arquivos tamén pode ser necesario modificar a directiva upload_max_filesize do arquivo php.ini
- Podedes ver neste enlace como aumentar o tamaño dos arquivos subidos nun aloxamento compartido.
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_POST['param'].
- Modificamos o exemplo anterior para que envíe os datos con POST:
Arquivo: UD2_Form_Ex2_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Formulario</title> 7 <style> 8 .formularios{ 9 width: 30%; 10 margin: 0px auto; 11 } 12 .etiqueta{ 13 float: left; 14 width: 190px; 15 } 16 .botonesformularios{ 17 width: 50%; 18 margin: 30px auto; 19 text-align: center; 20 } 21 select { 22 width:50%; 23 } 24 </style> 25 </head> 26 <body> 27 <form id="frmPelicula" class="formularios" method="post" action="UD2_Form_Ex2_datos_pelicula.php"> 28 <div> 29 <div class='etiqueta'>Película preferida:</div> 30 <select name="lstPelicula"><option>E.T. El extraterrestre</option><option>Supermán</option></select> 31 </div> 32 <div> 33 <div class='etiqueta'>Xénero preferido:</div> 34 <select name="lstXenero"><option>Acción</option><option>Ciencia ficción</option></select> 35 </div> 36 <div class="botonesformularios"> 37 <input type='submit' value="ENVIAR" /> 38 </div> 39 </form> 40 41 </body> 42 </html> 43 </php>
- Fixarse que enviamos os datos utilizando o método post.
Arquivo: UD2_Form_Ex2_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 echo 'Os datos que escolliches son:<br/><br/>'; 12 13 $pelicula = $_POST['lstPelicula']; 14 $xenero = $_POST['lstXenero']; 15 16 printf("PELICULA:%s<br/>XÉNERO:%s",$pelicula,$xenero); 17 ?> 18 19 </body> 20 </html>
Comprobando se hai datos
- Normalmente a páxina que recibe os datos vai facer algún tipo de tratamento con eles (por exemplo, facer unha alta nunha táboa dunha base de datos, consultar en base aos criterios recibidos,...)
- Polo tanto será necesario realizar algún tipo de validación para comprobar se se envían os datos necesarios e estes teñen un formato correcto.
- Lembrar repasar as funcións que comproban se un campo ten datos e as funcións que comproban o tipo de dato dunha variable.
- O primeiro que teríamos que comprobar é se o formulario recibe datos. Para iso utilizaremos as funcións vistas nunha sección anterior da wiki.
1 if (empty($_POST)) die('Non se enviaron datos');
Nota: A función die ao igual que a función exit finaliza a páxina php.
- O tratamento que queiramos darlle á páxina cando non se envíen datos será decidido polo programador, pudendo enviarlle un aviso ao usuario en enviando de novo a páxina do formulario.
- Tede que ter en conta que aínda que fagades unha validación dos campos utilizando javascript, isto pódese saltar, xa que a páxina está no cliente. Ademais un usuario podería cargar a páxina de tratamento da información (a que está indicada no action do formulario) se pasar polo formulario.
- O segundo será verificar que os campos teñan algún valor (se é obrigatorio) e que o tipo de dato sexa o correcto.
1 if (empty($_POST['txtNome'])) echo('Campo nome non ten datos'); 2 if (!is_string($_POST['txtNome'])) echo('Campo nome non é unha cadea');
Función para validar / corrixir campos
- O proceso de validación-corrección de campos dun formulario soe ser dar bastante traballo.
- Para facernos a vida un pouco máis doada, temos unha extensión en PHP que permite a validación de campos dunha forma moi sinxela.
- A función que fai dita validación chámase función filter_var()
- A función filter_var permítenos filtrar unha variable segundo o filtro indicado.
- Parámetros:
- $var: Variable que se quere filtrar
- $filter: Filtro que se desexa aplicar. Será una constante numérica (indicadas a continuación)
- $options: Conxunto de opcións que modifican o funcionamento do filtro. Pode ser unha constante numérica ou un array
- Valor devolto:
- O dato filtrado ou false se o filtro faia.
Filtros para a validación
- FILTER_VALIDATE_BOOLEAN => Valida a variable coma un booleano.
- FILTER_VALIDATE_EMAIL => Valida a variable coma unha dirección de correo electrónico correcta.
- FILTER_VALIDATE_FLOAT => Valida que a variable sexa do tipo float.
- FILTER_VALIDATE_INT => Valida a variable coma un número enteiro.
- FILTER_VALIDATE_IP => Valida a variable coma unha dirección IP.
- FILTER_VALIDATE_REGEXP => Valida a variable contra unha expresión regular enviada na variable de opcións.
- FILTER_VALIDATE_URL => Valida o valor coma unha URL de acordo coa RFC 2396.
Filtros para a corrección
- FILTER_SANITIZE_EMAIL => Elimina tódolos caracteres execepto letras, números e !#$%&’*+-/=?^_`{|}~@.[].
- FILTER_SANITIZE_ENCODED => Codifica a cadea coma unha URL válida.
- FILTER_SANITIZE_MAGIC_QUOTES => Aplica a función addslashes.
- FILTER_SANITIZE_NUMBER_FLOAT => Elimina tódolos caracteres excepto números, +- e opcionalmente ,.eE
- FILTER_SANITIZE_NUMBER_INT => Elimina tódolos caracteres excepto números e os signos + -
- FILTER_SANITIZE_SPECIAL_CHARS => Escapa caracteres HTML e caracteres con ASCII menor a 32.
- FILTER_SANITIZE_STRING => Elimina etiquetas, opcionalmente elimina ou codifica caracteres especiais.
- FILTER_SANITIZE_STRIPPED => Alias do filtro anterior.
- FILTER_SANITIZE_URL => Elimina tódolos caracteres excepto números, letras y $-_.+!*’(),{}|\\^~[]`<>#%”;/?:@&=
Exemplos
Validando
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = 123; 3 echo filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT); 4 ?>
- Devolve o número xa que é un enteiro.
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = -2.343; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto' xa que non é un enteiro e polo tanto a función devolve false.
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = '-2'; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor correcto'.
- Validando un número flotante
1 <?php 2 $var = '-1.45'; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_FLOAT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor correcto'.
- Validando un email
1 <?php 2 $var = 'casa@hotmail'; 3 if (!filter_var($var,FILTER_VALIDATE_EMAIL)){ 4 echo "Valor incorrecto"; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto'.
Correxindo os valores
- Cunha serie de filtros (SANITIZE) podemos eliminar aqueles caracteres que non queremos que aparezan nun determinado campo.
- Elimando etiquetas dentro dun textarea.
1 <?php 2 $var = '<isto non está permitido> Isto si aparece'; 3 echo filter_var($var,FILTER_SANITIZE_STRING);
- Devolve 'Isto si aparece'.
Establecendo criterios
- Podemos indicar que rango de valores son aceptables polo filtro.
- Validando un número enteiro dentro dun rango
1 <?php 2 $var = -200; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'min_range' => 10, 6 'max_range' => 100 7 )); 8 9 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT, $opciones) === false){ 10 echo 'Valor incorrecto'; 11 }else{ 12 echo 'Valor correcto'; 13 } 14 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto'
- Podemos facer unha modificación para que en caso incorrecto devolva sempre un valor 'por defecto':
1 <?php 2 $var = -200; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'default' => 3, // valor a retornar se o filtro faiaa 6 'min_range' => 10, 7 'max_range' => 100 8 )); 9 10 $var = filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT, $opciones); 11 echo $var; 12 13 ?>
- Neste caso $var valerá '3' en caso de que non se cumpra o filtro.
- No caso dun número flotante podemos indicar cal é o carácter separado dos díxitos decimais.
1 <?php 2 $var = '1,23'; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'decimal' => ',' 6 )); 7 8 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_FLOAT, $opciones) === false){ 9 echo 'Valor incorrecto'; 10 }else{ 11 echo 'Valor correcto'; 12 } 13 ?>
- Devolve 'Valor correcto'
Validación de datos utilizando arrays
- Cando vexamos os arrays, podemos comprobar como facer unha validación de campos dunha forma máis rápida.
Seguridade no uso dos formularios
- Cando manexamos formularios temos que ter precaución co manexo de datos, xa que un usuario malintencionado podería poñer en risco o noso sitio web.
Inxección de CSS
- Este problema aparece normalmente cando temos unha caixa de texto / textarea no que imos a engadir/consultar os datos que veñen a unha táboa dunha base de datos.
- Unha consulta clásica de validación de usuario podería ser:
- Imaxinemos que:
- $_POST['usuarios'] = 'angel'
- $_POST['password'] = '12345678'
1 <?php 2 $nome=$_POST['usuarios']; 3 $password=$_POST['password']; 4 5 printf("select count(*) from USUARIOS where nome='%s' and password='%s'",$nome,$password); 6 ?>
- Neste caso se a consulta devolve 1 entón é un usuario da nosa base de datos.
- A consulta a executar no xestor de base de datos sería: select count(*) from USUARIOS where nome='angel' and password='12345678'
- Agora modifiquemos o campo password e imaxinemos que o usuario pon isto:
- $_POST['password'] = "' or password like '%";
- O resultado da consulta sería: select count(*) from USUARIOS where nome='angel' and password= or password like '%'
- Como vemos estamos saltándonos a seguridade debido a que:
- O usuario pode engadir máis texto do permitido (incluso poñendo restricións de javascript, estas poden ser saltadas).
- O usuario pode engadir 'texto' que non debería estar permitido.
Nota: En vez de modificar unha consulta (como no exemplo) podería executar ordes SQL como de inserción, borrado ou modificación de rexistros.
Solución a inxección de CSS
- A mellor solución é utilizar procedementos almacenados. Sempre que o xestor o permite.
- Vexamos un exemplo en Mysql:
1 DELIMITER // 2 CREATE PROCEDURE country_hos 3 (IN log VARCHAR(20),IN pass VARCHAR(30)) 4 BEGIN 5 SELECT count(*) FROM USUARIOS 6 WHERE login = log and password = pass; 7 END // 8 DELIMITER ;
- Nesta solución temos:
- O usuario aínda que envíe máis información so se vai coller 20 caracteres para o login e 30 para o password.
- Aínda que engada 'código SQL' non se vai a executar xa que dito código vai ir todo na campo password.
- Loxicamente isto non quita que busquemos formas de validar os datos introducidos.
Redireccionamento de páxinas
- Pode ser interesante cando realizamos un tratamento cos datos que veñen dun formulario ter a posibilidade de mandar ao usuario a unha páxina concreta.
- Imaxinemos o caso de que intentamos cargar a páxina de tratamento dun formulario previo ou que enviamos datos que non están completos. Neses casos queremos volver a enviar ao usuario á páxina de entrada de datos.
- Para facelo podemos usar a función header de PHP.
- Dita función serve para enviar encabezados ao navegador do cliente. Uns destes encabezados serve para redireccionar a páxina do clienta. A forma de facelo é:
1 <?php 2 header('Location: http://www.nova_paxina.es/'); 3 exit; 4 ?>
Importante: É NECESARIO QUE A CHAMADA Á FUNCIÓN header SE FAGA ANTES DE ENVIAR NINGÚN DATO AO CLIENTE.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).