Diferencia entre revisiones de «ODS12. Produción e consumo responsables»
| Línea 10: | Línea 10: | ||
Para lograr os obxectivos propostos nas metas e submetas do ODS 12, é imprescindible reducir a pegada de carbono, non só por convicción, senón tamén polo aforro de custos que pode supoñer para a empresa. | Para lograr os obxectivos propostos nas metas e submetas do ODS 12, é imprescindible reducir a pegada de carbono, non só por convicción, senón tamén polo aforro de custos que pode supoñer para a empresa. | ||
| − | '''Exemplo' | + | '''Exemplo.''' |
Unha forma de reducir a pegada de carbono é substituír as lámpadas e luminarias por outras de baixo consumo, medida que, segundo algunhas estimacións, pode supoñer un aforro enerxético de entre o 50% e o 80%. | Unha forma de reducir a pegada de carbono é substituír as lámpadas e luminarias por outras de baixo consumo, medida que, segundo algunhas estimacións, pode supoñer un aforro enerxético de entre o 50% e o 80%. | ||
Revisión del 17:10 11 oct 2024
Vivimos unha etapa histórica onde a produción e o consumo están alcanzando cifras altísimas, tanto en unidades de produción como en unidades monetarias. As unidades domésticas e as organizacións empresariais dos países desenvolvidos orixinan unha gran cantidade de residuos orgánicos, polo que é imprescindible reducir á metade o desperdicio e as perdas de alimentos per cápita para 2030 e cambiar a forma en que producimos, xestionamos e consumimos os recursos, así como o modo de xestionar os residuos que se orixinan, poñendo especial atención nos desfeitos tóxicos e contaminantes.
En que consiste?
O ODS 12 está relacionado cos problemas xerados cos recursos e a enerxía, tanto no ámbito empresarial da produción como no do consumo, o que implica non só ás organizacións empresariais e aos profesionais de diversos sectores, senón tamén aos consumidores e, por extensión, a toda a sociedade en conxunto. Nesta situación cobra gran importancia o uso da economía circular.
Para lograr os obxectivos propostos nas metas e submetas do ODS 12, é imprescindible reducir a pegada de carbono, non só por convicción, senón tamén polo aforro de custos que pode supoñer para a empresa.
Exemplo. Unha forma de reducir a pegada de carbono é substituír as lámpadas e luminarias por outras de baixo consumo, medida que, segundo algunhas estimacións, pode supoñer un aforro enerxético de entre o 50% e o 80%.
Como se pode actuar?
No campo da produción e do consumo responsable pódense tomar diversas medidas para alcanzar os obxectivos propostos no ODS 12:
- Xestión dos residuos: As organizacións empresariais deben realizar unha planificación e xestión dos seus residuos e verificar os canais que utilizan.
- Eficiencia dos recursos: As empresas deben introducirse no concepto de economía circular para lograr a preservación dos recursos utilizados.
As empresas e os profesionais non só teñen que tomar medidas para lograr os obxectivos previstos, senón que deben ter en conta as medidas que implementan os seus provedores e cadeas de subministracións, desenvolvendo así unha política realmente sostible.
No cine
- Wall·E
- Koyaanisqatsi