Diferencia entre revisiones de «Estruturas de control en Python»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Página creada con «= Módulo Profesional: Estruturas de control en Python = '''Equivalencia en créditos ECTS:''' 5 '''Duración:''' 40 horas '''Código:''' 5099 = Resultados de aprendiza…»)
 
Línea 62: Línea 62:
 
: e) Realizáronse depuracións de excepcións correctamente.
 
: e) Realizáronse depuracións de excepcións correctamente.
 
: f) Escribíronse bloques de código robusto utilizando as sentenzas adecuadas.
 
: f) Escribíronse bloques de código robusto utilizando as sentenzas adecuadas.
 +
 +
= Referencias =
 +
* [https://www.amazon.es/100-Ejercicios-Python-para-praticar/dp/B0BW2KMF4J/ref=sr_1_23 100 Ejercicios Python para praticar: Un conjunto de ejercicios con diferentes niveles de complejidad | Principiante - Intermedio - Avanzado | Ejercicios corregidos para todos los niveles]
 +
* [https://www.amazon.es/dp/B0DF82QWTB/ref=sspa_dk_detail_2 Cuaderno de programación Python vol. 1 (color): Programación estructurada (Cuadernos de programación)]
 +
* [https://www.amazon.es/100-Ejercicios-Python-para-praticar/dp/B0BW2KMF4J/ref=sr_1_23 100 Ejercicios Avanzados en PYTHON Para Pasar al Nivel Superior: Un conjunto de ejercicios sobre los conceptos avanzados de la programación en Python]

Revisión del 09:54 28 abr 2025

Módulo Profesional: Estruturas de control en Python

Equivalencia en créditos ECTS: 5

Duración: 40 horas

Código: 5099

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Identifica as estruturas de control en Python relacionándoas con aplicacións reais.

Criterios de avaliación
a) Identificáronse as estruturas de control que permiten modificar o fluxo das instrucións.
b) Representáronse nun diagrama de fluxo gráfico as estruturas de control.
c) Analizouse a importancia das condicións en cada estrutura de control.
d) Tívose en conta a importancia dos sangrados nas estruturas de control.
e) Escribíronse bloques de control secuencial.
f) Escribíronse bloques de control de selección.
g) Escribíronse bloques de control de repetición.

2. Recoñece as sentenzas condicionais en Python aplicándoas á resolución de problemas que impliquen toma de decisións.

Criterios de avaliación
a) Interpretouse o concepto de sentenza condicional.
b) Identificáronse as partes das que consta unha sentenza condicional.
c) Aplicouse correctamente o sangrado.
d) Aplicouse a execución condicional e control de variables.
e) Interpretouse o funcionamento das sentenzas condicionais.
f) Aplicáronse correctamente as sentenzas condicionais.
g) Interpretáronse e aplicáronse correctamente as anidacións.
h) Aplicouse correctamente a sintaxe en estruturas compactas.
i) Escribíronse bloques de programas utilizando sentenzas condicionais.
j) Escribíronse bloques de programas utilizando sentenzas condicionais anidadas.

3. Utiliza sentenzas iterativas analizando as necesidades do código para resolver un problema.

Criterios de avaliación
a) Interpretouse o concepto de sentenza iterativa.
b) Diferenciouse entre estruturas condicionais e iterativas.
c) Verificouse o funcionamento das sentenzas iterativas.
d) Aplicáronse as sentenzas iterativas de acordo coas necesidades.
e) Escribíronse bloques de programas utilizando os bucles «for» e «while».
f) Interpretáronse e aplicáronse os anidamentos de estruturas.

4. Aplica funcións de Python de distintos tipos mellorando a eficiencia do programa.

Criterios de avaliación
a) Comprendeuse a necesidade de usar funcións de Python e as súas vantaxes.
b) Escribiuse código que inclúa funcións Build-in de Python.
c) Escribiuse un programa con funcións definidas pola propia persoa usuaria.
d) Aplicáronse correctamente as funcións lambda nun programa de Python.
e) Creáronse funcións recursivas partindo de funcións definidas anteriormente pola persoa usuaria.

5. Crea arquitectura de código de forma eficiente e escribe código robusto.

Criterios de avaliación
a) Diferenciouse entre o concepto de excepción e os erros de sintaxe.
b) Escribíronse instrucións de captura de excepcións.
c) Capturáronse e tratáronse excepcións.
d) Tratáronse excepcións.
e) Realizáronse depuracións de excepcións correctamente.
f) Escribíronse bloques de código robusto utilizando as sentenzas adecuadas.

Referencias