Diferencia entre revisiones de «ODS5. Igualdade de xénero»
| Línea 37: | Línea 37: | ||
= Referencias = | = Referencias = | ||
| + | <div style="column-count:2;-moz-column-count:2;-webkit-column-count:2"> | ||
* [[0 25-N. Dia internacional de eliminación das violencias contra as mulleres. Material didáctico]] | * [[0 25-N. Dia internacional de eliminación das violencias contra as mulleres. Material didáctico]] | ||
* [[O 8-M. Día internacional da muller. Material didáctico]] | * [[O 8-M. Día internacional da muller. Material didáctico]] | ||
* [https://ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INEPublicacion_C&cid=1259924822888&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout¶m1=PYSDetalleGratuitas Mujeres y hombres en España. INE.] | * [https://ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INEPublicacion_C&cid=1259924822888&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout¶m1=PYSDetalleGratuitas Mujeres y hombres en España. INE.] | ||
| + | </div> | ||
Revisión del 09:19 28 nov 2025
A desigualdade de xénero está presente en todos os lugares do mundo, independentemente do grao de desenvolvemento social e económico da poboación, e maniféstase de diversas formas:
- Desigualdades de acceso ao mercado laboral ou a determinados postos de traballo.
- Violencia sexual ou explotación laboral.
- Disparidade nas remuneracións ou condicións laborais.
- Discriminación en cargos de responsabilidade nas empresas e, mesmo, en cargos públicos.
En que consiste?
As metas e sub-metas do ODS 5 perseguen a eliminación de todas as formas de discriminación cara ao sexo feminino, a posta en valor da atención non remunerada e o traballo doméstico das mulleres e nenas en todas as sociedades, así como a consecución, de maneira independente, do empoderamento feminino.
Na busca da igualdade de xénero, obteranse os seguintes beneficios empresariais e profesionais:
- Impacto positivo na economía.
- Maior rendemento empresarial.
- Atracción e retención de talento feminino.
Como se pode actuar?
As organizacións empresariais poden ver incrementada a produtividade se elaboran e executan políticas de paternidade igualitarias, proporcionando maior flexibilidade e un compromiso claro de xénero.
Exemplo. As empresas poden apostar pola educación da brecha salarial e, desta maneira, aumentar a motivación das mulleres e as posibilidades de ascender a postos de maior responsabilidade e envergadura laboral e económica.
O empoderamento da muller non só se refire ao ámbito empresarial e laboral, senón que cobran gran importancia tanto as cadeas de subministración como o financiamento para a creación de novas empresas e proxectos empresariais.
Os programas de conciliación da vida familiar e profesional para homes e mulleres son un dos piares básicos para a consecución do ODS 5 e o logro efectivo da igualdade de xénero.
No cine
- Una cuestión de genero
- Talentos ocultos
- En tierra de hombres
- Tódalas mulleres que coñezo