Diferencia entre revisiones de «Instalación Android Studio»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 47: Línea 47:
 
* Máis información sobre a instalación [https://docs.oracle.com/javase/10/install/installation-jdk-and-jre-microsoft-windows-platforms.htm#JSJIG-GUID-A7E27B90-A28D-4237-9383-A58B416071CA neste enlace].
 
* Máis información sobre a instalación [https://docs.oracle.com/javase/10/install/installation-jdk-and-jre-microsoft-windows-platforms.htm#JSJIG-GUID-A7E27B90-A28D-4237-9383-A58B416071CA neste enlace].
  
−
* Unha vez instalado debemos engadir a variable de contorno JAVA_HOME da forma:
+
* Unha vez instalado debemos engadir a variable de contorno PATH da forma:
−
 
 
−
 
 
  
 +
<gallery caption="Actualizando a variable de contorno PATH en WINDOWS" widths="350" heights="300px" perrow="2">
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_1.jpg| Sobre un explorador de Windows, prememos o botón derecho sobre 'Equipo' e escollemos la opción 'Propiedades' (é o mesmo que ir ao Panel de control => Sistema => Seguridade)
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_2.jpg| Na parte esquerda escollemos a opción '''Configuración avanzada del sistema'''.
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_3.jpg| Prememos o botón '''Variables de entorno'''.
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_4.jpg| Seleccionamos a variable de contorno '''PATH''' e prememos o botón '''Editar'''.
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_5.jpg| Teremos que ter anotada a ruta onde se instalou o '''JDK''' e dentro deste o '''cartafol bin'''.
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_6.jpg| Engadimos a nova ruta e prememos o botón '''Aceptar'''.
 +
Image:PDM_configurar_jdk_win_7.jpg| Se abrimos unha consola (cmd) podemos escribir a orde: '''javac -version''' e comprobar que está instalada a versión 8.
 +
</gallery
  
 
===Linux===
 
===Linux===

Revisión del 17:48 4 sep 2018


Introdución

Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:

  • O JDK.
  • O SDK.
  • O Android Studio.

Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.


  • Compoñentes a instalar:
Logo oracle.jpg O Oracle JDK 7 (Java Development Kit)
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android (xa ven có Android Studio)
Androidstudioicon.png O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android.


Nota: Pódese utilizar un VirtualBox e facer a instalación nunha máquina virtual, aínda que dependerá da potencia do equipo e a memoria que teñades, que vos dea un bo desempeño. Se o facedes desta forma deixade a lo menos 20GBs de espazo en disco, xa que instalado un dispostivo virtual e as opcións por defecto xunto có S.O. (eu o fixen nun Linux Mint 17.3) vos colle xa 12GBs. De todos xeitos, eu recomendo facelo no equipo real para que vos funcione 'decentemente'.

Instalación Oracle JDK

  • Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE.
O JDK versión 7 ou superior é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior.
Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.
  • Vaise instalar a versión 8.
Escolleremos a plataforma correspondente.



Windows

  • Unha vez instalado debemos engadir a variable de contorno PATH da forma:



Windows

  • En Windows o proceso de instalación do programa é o seguinte:



Linux

  • En Linux e Mac OS X debemos descomprimir o arquivo baixado.
1   sudo unzip android-studio-ide-141.2422023-linux.zip -d .
O parámetro -d indica en que cartafol se vai descomprimir o arquivo.


  • Para executalo debemos situarnos no cartafol descomprimido, acceder ao cartafol /bin e dentro deste executar o arquivo:
1   ./studio.sh


  • Se queremos que estea dispoñible para todos os usuarios, debemos movelo a /opt:
1   sudo mv android-studio /opt/
Despois debemos facer un acceso directo no escritorio. Creamos un arquivo coa orde: sudo nano android.desktop e escribimos o seguinte:
1 [Desktop Entry]
2  Name=Android Studio
3  Comment=Integerated Development Environment for Android
4  Exec=/opt/android-studio/bin/studio.sh
5  Icon=/opt/android-studio/bin/studio.png
6  Terminal=false
7  Type=Application
8  Categories=Development;IDE


Despois executamos a orde:
1   desktop-file-install android.desktop
E xa podemos escribir o texto Android nos programas instalado e aparecerá a icona para lanzalo:
PDM AndroidStudio instalacion19.JPG




Executando por primeira vez o IDE

  • Cando se executa por primeira vez teremos que indicar nun dos pasos explicados despois, onde vai a descargarse o Android SDK.
O Android SDK é o conxunto de librerías e utilidades que van permitirnos facer:
  • Debugger
  • Crear Dispositivos Virtuais de Android (AVD). Son emuladores dun S.O. Android.
  • Documentación e códigos de exemplo.
  • Incorpora a ferramenta ADB (Android Debug Bridge) que permite conectarnos cun dispositivo ou emulador Android.
O veremos máis adiante en profundidade.
Durante o asistente vai preguntar onde queremos descargar o Android SDK. Inicialmente o descarga no perfil do usuario conectado, pero isto ten como desvantaxe que outro usuario non tería acceso e tería que descargar o seu propio SDK.
Para evitalo imos crear un cartafol:
  • WINDOWS:
O podemos facer no raíz do disco, nun cartafol C:\SDK creado previamente.
  • LINUX:
Creamos un cartafol en /opt:
1 sudo mkdir /opt/sdk
2 sudo chmod 777 /opt/sdk


  • A primeira vez que se executa aparece un asistente para a creación dun novo proxecto Android.

Creando o primeiro proxecto Android

  • Cando abrimos por primeira vez o IDE do Android Studio ofrece a posibilidade de crear un novo proxecto Android:
PDM AndroidStudio crearProxecto1.jpg
Neste asistente podemos:
  • Crear un novo proxecto Android.
  • Abrir un proxecto existente.
  • Traballar con versións que sexan sincronizadas con Gint, ou outras ferramentas coma Subversion ou Mercurial.
  • Depurar unha aplicación.
  • Importar proxectos dende outros IDE´s coma Eclipse.
  • Importar códigos de exemplo de aplicacións Android.
  • Na parte baixa temos as opcións de:
  • Configure: Opcións de configuración. Indicar onde se atopa o Android SDK, procurar actualizacións, configurar múltiples opcións do IDE, Importar ou Exportar a configuración,...
  • Get Help. Documentación.


Cabe sinalar que estas opcións tamén as temos dende o propio IDE se pechamos o asistente de inicio:


PDM AndroidStudio crearProxecto2.jpg


Unha vez premido a opción de 'Novo proxecto Android' empeza un asistente:


Coñecendo o IDE

  • Ao iniciar o Android Studio por primeira vez pode ser que vos apareza un erro de que é necesario instalar unha certa versión das build-tools.
Para solucionalo teredes que premer no enlace do propio erro:





  • Dentro do Android Studio podemos ter diferentes 'vistas' do proxecto.
O lóxico é que traballemos sobre a vista Android:


PDM AndroidStudio coñecendoIde1.jpg


  • Para configurar múltiples opcións do programa podemos ir aos settings (atópase tamén no menú File):


PDM AndroidStudio coñecendoIde2.jpg


Compoñentes do Android Studio

Android SDK

O Android SDK xa ven có Android Studio e polo tanto non é necesario instalalo separadamente como sucedía có Eclipse.

Para ver onde está instalado iremos a settings (visto anteriormente) ou escolleremos esta opción da barra de ferramentas superior:


PDM AndroidStudio coñecendoIde3.jpg


Aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde4.jpg


Se prememos no check Show Package Details podemos indicar que partes de cada versión do S.O. Android queremos descargar (non todas son necesarias).

Vemos a ruta do SDK. Se o cambiamos deberemos modificalo aquí.

Android SDK Manager

  • SDK Manager é un programa que nos vai permitir descargar as diferentes API´s xunto coas imaxes necesarias para crear máquina virtuais desas API´s de Android.
Anteriormente podíamos executar dito programa de forma autónoma indo a ruta de instalación do SDK Manager e dentro desta tools/bin/sdkmanager.
Agora xa non é posible e debemos ir a través do Android Studio, no menú 'File' => 'Settings' => SDK ou na icona indicada anteriormente:
PDM AndroidStudio coñecendoIde3.jpg


Na ruta indicada aínda temos un arquivo de nome sdkmanager.bat que serve como comando en liña para xestionar os paquetes pero por consola en vez de facelo graficamente dende o IDE.
Máis información neste enlace.



Ó lanzar o SDK Manager aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde5.jpg


Como vemos temos as mesmas opcións da pantalla anterior pero tamén unha apartado de Tools onde podemos actualizar o Android SDK instalado.

Na parte baixa dispoñemos da sección 'extras' onde cabe sinalar o Google USB Driver para que cando conectemos un dispositivo físico o recoñeza e podamos instalar aplicacións sobre él (non funciona con todos, pode ser necesario instalar drivers específicos do fabricante) e o Intel x86 Emulator Accelerator, usado para que os dispositivos virtuais corran moito máis rápido (só funciona en Windows e procesadores Intel).


PDM AndroidStudio coñecendoIde6.jpg



  • Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que compoñentes deben ser descargados de cada API.

Actualizacións Android Studio

Para cambiar o 'canal' que utiliza Android Studio para buscar actualizacións debemos ir á opción do menú: File => Settings => Appearence & Behavior => System Settings => Updates.

Máis información neste enlace.


Ao facer a actualzación do Android Studio pode ser que nos indique a necesidade de descargar a nova versión nun zip. Se é o caso non imos poder actualizar e os pasos a seguir son os seguintes:


  • Ao actualizar o Android Studio pode suceder que nos dea un aviso da necesidade de actualizar o Plugin Gradle.

Actualizacións Plugin Gradle

  • Para consultar as versión de Gradle dispoñibles podemos visitar este enlace.
Para cambiar a versión do Gradle temos que editar o arquivo gradle-wrapper.properties
PDM AndroidStudio coñecendoIde8.jpg


  • Para consultar a versión do Plugin Gradle que vai facer uso da distribución anterior, podemos consultar este enlace.
Para cambiar a versión do Plugin Gradle temos que editar o arquivo Build.gradle do Proyect
PDM AndroidStudio coñecendoIde9.jpg




-- Ángel D. Fernández González -- (2018).