Protocolos
Sumario
- 1 De capa de aplicación
- 1.1 HTTP - Hypertext Tranfer Protocol
- 1.2 HTTPS - HyperText Transfer Protocol Secure
- 1.3 SMTP - Simple Mail Transfer Protocol
- 1.4 POP - Post Office Protocol
- 1.5 IMAP - Internet Message Access Protocol
- 1.6 TELNET
- 1.7 SSH - Secure Shell
- 1.8 FTP - File Transfer Protocol
- 1.9 DNS - Domain Name System
- 1.10 SNMP - Simple Network Management Protocol
- 2 De capa de transporte
- 3 De capa de rede
- 4 De capa de enlace
- 5 De capa física
De capa de aplicación
O nivel de aplicación de TCP/IP correspóndese cos tres niveles superiores do modelo OSI (Aplicación, Presentación e Sesión) actuando de interfaz entre os programas de usuario e o nivel de transporte.
O funcionamento das aplicacións pódese dividir entre es que usan algunha destar arquitecturas:
- Cliente / Servidor. O servidor (habitualmente un equipo máis potente) ofrece un servizo que os clientes solicitan
- P2P (peer to peer). Cada nodo actúa simultaneamente como cliente-servidor. Utilizado para compartir ficheiros (por exemplo Torrent) ou transmisión de datos en tempo real
HTTP - Hypertext Tranfer Protocol
O protocolo de Transferencia de hiptertexto é o máis utilizado en internet; a súa misión é transferir páxinas web entre un nevegador (cliente) e un servidor web localizado mediante un enderezo chamado URL.
Máis información en ...
HTTPS - HyperText Transfer Protocol Secure
O protocolo Seguro de Transferencia de Hipertexto é o prtocolo HTTP aplicándolle un proceso de cifrado da información mediante TLS (Transport Layer Security)
Máis información en...
SMTP - Simple Mail Transfer Protocol
O Protocolo Simple de Transferencia de correo é utilizado para o intercambio de mensaxes de correo electrónico entre computadoras ou otros dispositivos.
Para o seu funcionamento asociase habitualmente con ouros, coma o POP e o IMAP, otorgando a SMTP a tarea específica do envío de correo, e a POP e IMAP a recepción.
Máis información en...
POP - Post Office Protocol
A versión de protocolo que se utiliza na actualidade é a 3 (POP3). O Protocolo de Oficina De Correos é utilizado polos clientes locais de correo para obter as mensaxes almacenadas nun servidor remoto.
IMAP - Internet Message Access Protocol
O Protocolo de Acceso a Mensaxes de internet permite o acceso electrónico a mensaxes almacenadas no servidor desde calquera equipo con conexión a internet permitiondo visualizar a o seu contido de xeito remoto sen necesidade de descarga.
TELNET
Aplicación e protooocolo que permite a conexión remota a outros equipos mediante liña de comandos
SSH - Secure Shell
A shell segura e a apliación e o protocolo que permite a conexión remota pero de xeito seguro.
FTP - File Transfer Protocol
O Protocolo de Transferencia de Ficheiros é o protocolo e aplicación que permite esa transferencia entre un cliente e un servidor FTP
DNS - Domain Name System
O Sistema de Nomes de Dominios é un protocolo que se encarga de establecer unhas tablas de equivalencia entre enderezos IP e nomes de dominio.
SNMP - Simple Network Management Protocol
O Protocolo Simple de Xestión de Rede permite administrar dispositivos de rede e así diagnosticar problemas na rede.
De capa de transporte
Este nivel está encargado da transferencia libre de erros dos datos entre o emisor e o receptor, aínda que non estén directamente conectados e de mantener o fluxo da rede.
Hay dous tipos de servizo na capa de transporte: orientado e non orientado á conexión. Os protocolos máis utilizados desta capa son TCP e UDP.
Máis información no artigo da capa de trasporte
TCP - Transmission Control Protocol
O Protocolo de control de transmisión crea “conexións” a través das cales pode enviarse un fluxo de datos. O protocolo garantiza que os datos serán entregados no seu destino sen erros e no mesmo orde no que se transmitiron.; proporciona tamen un mecanismo para distinguir distintas aplicacións dentro dunha mesma máquina a través do concepto de porto.
UDP - User Datagram Protocol
O protocolo de datagramas de usuario permite o envío de datagramas a través da rede sen establecer previamente unha conexión tampouco ten confirmación ni control de fluxo, polo que os paquetes poden adiantarse uns a outros; e igualmente non se sabe se chegan correctamente, xa que non hay confirmación de entrega ou recepción.
O seu uso principal é para protocolos como DHCP, BOOTP, DNS e outros nos que o intercambio de paquetes para a conexión/desconexión sería maior que o contido, así como para a transmisión de audio e vídeo en tiempo real, oonde é deseable un menor retardo aínda que se perda parte da información.
De capa de rede
IP - Internet Protocol
ICMP - Internet Control Message Protocol
O Protocolo de Mensaxes de Control de Internet é utilizado para enviar mensaxes de erro e información operativa indicando, por exemplo, que un host non puido ser localizado ou que un servizo que se solicitou no está disponible. ESte protoclo é utilizado por ferramentas coma ping, entre outras.