DRUPAL Instalación Exercicios
INSTALACIÓN
- Despois de facer o punto indicado na Wiki de instalación deberedes resolver o problema indicado no punto Comprobacións trala instalación.
Escenario de proba de ataque
- Previamente (antes de implantar a solución) ides simular un 'ataque' dos indicados na web de drupal. debido a esta falta de seguridade.
- Para iso teredes que instalar un módulo de configuración de correo electrónico. Podedes atopar dito módulo en: https://www.drupal.org/project/smtp .
- Lembrade descargar a versión correspondente ao voso módulo de Drupal.
- Un módulo amplía as funcionalidades de Drupal. Xa se explicará en profundidade posteriormente.
- Instalando o módulo SMTP Authentication Support
Iremos a páxina de descarga do módulo e copiaremos a URL ou descargaremos a versión correspondente á versión do Drupal instalado. Nos imos a descargar o módulo localmente xa que facelo a través da URL ou dende o servidor local, require que teñamos un servidor FTP correndo localmente. Deberemos premer na columna de 'Download' sobre a versión correcta. Escollede a versión comprimida tar.gz e deixada en /tmp/.
Descomprimimos o arquivo baixado coa orden: tar -xzvf /tmp/smtp-8.x-1.0-alpha2.tar.gz. Mover a continuación o cartafol smtp/ ao cartafol onde Drupal instala os módulos. Dito cartafol de atopa en /drupal/modules. No caso de utilizar xampp estará en /opt/lampp/htdocs/drupal/modules. Cambiar o propietario de dito cartafol coa orde: chown -R www-data:www-data smtp.
Exercicios propostos
- No punto de 'Escenario de proba de ataque' se comenta a posibilidade de instalar un módulo utilizando un servidor ftp local. Intenta configurar un e instala un módulo utilizando dita opción.
- Instalando o módulo SMTP Authentication Support
Iremos a páxina de descarga do módulo e copiaremos a URL ou descargaremos a versión correspondente á versión do Drupal instalado. Facelo coa URL do arquivo a descargar.