DRUPAL Apariencia
Introdución
- A forma en como está estruturada o sitio web en drupal, tanto na parte que se emprega polo administrador para a súa xestión como a parte que se amosa aos usuarios que fan uso do sitio denomínase Theme.
- O Theme afecta tanto a estrutura, coma o tamaño, cor, formato,...de todo o que se amose na páxina.
- Cando implantamos un sitio web queremos que dito sitio teña unha aparencia que sexa igual (ou moi parecida) en todas as súas páxinas.
- Queremos ter unha estrutura determinada, co logo da empresa nun lugar, o menú noutro, os artigos ou información situado entre unhas partes determinadas,.... Todo isto dánolo o theme.
- Vexamos un exemplo concreto na web do Centro:
- Como vemos, na parte superior (en cor vermella) temos unha sección de Menú na que se atopa o Logo e o Menú Principal.
- Na parte da dereita (en cor Marrón) temos diferentes seccións, unha busca na web, outra de acceso a seccións específicas, outra ao blog da biclioteca,...
- Na parte centra (en cor amarela) temos dúas seccións, unha de novas e outra de situación do centro.
- Na parte baixa (en cor rosa) temos información do centro, formas de contacto,....
- Máis información no seguinte enlace.
Themes en Drupal
- En Drupal podemos ter moitos temas (themes) instalados á vez, pero só un deles estará visualmente activo.
- Poderemos:
- Instalar un novo tema: https://www.drupal.org/project/project_theme
- Cambiar e adaptar un tema específico as nosas necesidades (cambiando ou modificando partes del).
- Crear un novo tema dende cero.
- Para visualizar os Themes que se atopan en Drupal teremos que ir á opción de menú Administrar => Apariencia.
- Como vemos temos o tema Bartik 8.1.8 (tema predeterminado) como theme. Temén temos o Seven 8.1.8 (Tema de administración) instalado pero desactivado. Se queremos activalo teríamos que premer a opción Configurar como predeterminado.
- Vexamos agora como está estrutudado dito tema.
- Visualizando a estrutura dun tema
- Como vemos na parte do encabezado temos dous menús e o encabezado propiamente dito.
- Hai algunhas partes que 'non aparecen' por defecto cando cargamos a paxina e aparecen cando 'sucede algo'. Por exemplo a parte Destacado:
- Configuracion unha sección específica
Vemos que en dita sección (é dicir, visualmente aparecerá na páxina como vimos ao premer en 'Demostrar regiones de bloques') está formado por un contido denominado Mensajes de estado. Dito contido pertence á categoría de System. Podemos mover dito contido a outra sección premendo na listbox que aparece ou ben premendo no botón en forma de dobre frecha na parte esquerda a desprazando a outra sección. Prememos o botón configurar.
- Podemos ver como se corresponden os contidos-seccións cos que aparecen na paxina web (non están todos):
- Podemos agregar novos contidos a unha sección determinada.
- Agregando novos contidos a unha sección específica
Agora indicamos que bloque de contido imos a poñer ou se queremos crear un específico. Para facer esta proba imos seleccionar o bloque Incio de sesión (podedes escoller outros para facer probas). Unha vez escollido aparecerá unha ventá coas opcións de configuración explicadas anteriormente. Prememos o botón Gardar bloque.
Instalando un novo Tema
- Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.
- Para facelo graficamente necesitamos ter configurado un servidor ftp ao noso servidor. Como non é o caso imos facelo manualmente.
- Primeiro debemos decidir o tema a instalar.
- Podemos ir a este enlace onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.
- Podemos ir a este enlace no que aparece un índice dos temas.
- Vexamos un exemplo de busca:
- Imos a instalar o tema Integrity que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:
Como está indicado:
- Está activamente mantido, polo que se aparecen bugs serán corrixidos.
- A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.
- Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.
- Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.
- Indica a última vez que foi modificado.
- Procederemos a instalación.
- Instalación dun novo tema
Primeiro debemos de situarnos no cartafol /drupal/themes/. Lembrar que se estamos a usar Xampp debemos de ir ao cartafol '/opt/lampp/htdocs/drupal/themes'.
Nota: Esta parte é diferente se o facedes con Drupal 7.Agora debemos de descargar o arquivo tar.gz do tema seleccionado. En Linux podemos poñer: wget https://ftp.drupal.org/files/projects/integrity-8.x-1.6.tar.gz, sendo a dirección URL copiado dende a paxina web do tema.
Descomprimimos o arquivo no cartafol /drupal/themes/ coa orden: tar -zxvf integrity-8.x-1.6.tar.gz e borramos o arquivo comprimido baixado de Internet. Cambiamos o propietario dos cartafoles creados: chown -R www-data:www-data /opt/lampp/htdocs/drupal/themes/. Algúns temas poden ter información sobre configuración para facelo funcionar correctamente. Isto (se é o caso) se atopará normalmente no cartafol do tema nun arquivo de nome Install.txt ou Readme.txt.
Personalizado un Tema
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).