DRUPAL Apariencia Instalación
Instalando un novo Tema
- NOTA: Esta sección está asociada á realización do Exercicio 1.
- É recomendable cando fagamos algún cambio na configuración de Drupal, poñelo en modo mantemento.
- Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.
- Para facelo graficamente necesitamos ter configurado un servidor ftp ao noso servidor. Como non é o caso imos facelo manualmente.
- Primeiro debemos decidir o tema a instalar.
- Podemos ir a este enlace onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.
- Podemos ir a este enlace no que aparece un índice dos temas.
- Vexamos un exemplo de busca:
- Imos a instalar o tema Drupal8 Zymphonies Theme que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:
Como está indicado:
- Está activamente mantido, polo que se aparecen bugs serán corrixidos.
- A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.
- Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.
- Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.
- Indica a última vez que foi modificado.
- Procederemos a instalación.
- Instalación dun novo tema
Primeiro debemos de situarnos no cartafol /drupal/themes/. Lembrar que se estamos a usar Xampp debemos de ir ao cartafol '/opt/lampp/htdocs/drupal/themes'.
Nota: Esta parte é diferente se o facedes con Drupal 7.Agora debemos de descargar o arquivo tar.gz do tema seleccionado. En Linux podemos poñer: wget https://ftp.drupal.org/files/projects/drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz, sendo a dirección URL copiado dende a paxina web do tema.
Descomprimimos o arquivo no cartafol /drupal/themes/ coa orden: tar -zxvf drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz e borramos o arquivo comprimido baixado de Internet. Cambiamos o propietario dos cartafoles creados: chown -R www-data:www-data /opt/lampp/htdocs/drupal/themes/. Algúns temas poden ter información sobre configuración para facelo funcionar correctamente. Isto (se é o caso) se atopará normalmente no cartafol do tema nun arquivo de nome Install.txt ou Readme.txt.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).