Instalamos e configuramos vsftpd sobre un Ubuntu 20.04
Sumario
Introducción
vsftpd é un dos servidores FTP máis utilizados e dispnible para a maioría de distribucións de Linux.
É usado por moitos administradores de sistemas pola sua potencia e a configurabilidade que é capaz de proporcionar; ademáis de pola facilidade coa que se poden levar a cabo configuracións avanzadas.
Tarefa incial
Imaxina que acabas de entrar a traballar nunha importante empresa tecnolóxica e che piden preparar un servidor FTP como repositorio de certo software e documentación.
Pídenche que o documentes cun manual de instalación e uso .
Elabora o devandito manual técnico con todos aqueles puntos que puideran ser de interés para outros técnicos da empresa que poden requerir facer unha instalación semellante no futuro.
Requisitos
Instala e configura un servidor FTP (vsftpd) cos seguintes requerimentos:
- Admítense usuarios anónimos e só terán permiso de lectura.
- Os usuarios do sistema poderán acceder e terán permisos de escritura.
Entregables
Falas co xefe e aclaras que será necesario. Indica que a entrega pódese facer:
- Cun documento de texto con capturas de pantalla explicativas
- Cunha presentación igualmente con capturas de pantalla explicativas
- Cun videotitorial
Mencionache que a empresa cree no software libre e que considera axeitado que se publique e comparta con licencia Creative Commons.
Tamén que máis alá de facer a instalación e configuración, quere que quede documentado o funcionamento e uso con distintos clientes, amosando coas capturas relevantes (ou video) ese funcionamento da configuración.
Comprobación do funcionamento
Será necesario comprobar o funcionamento mediante diferentes Clientes FTP
Alternativa
Tes certos atrancos na configuración, e o xefe indícache que se te atrancas por liña de comandos, podes axudarte inslaando un webmin no servidor:
Tamén che indica que vsftpd non é a única posibilidade. Se con vsftpd non consigues solucionar o que se pide, podes instalar outro servidor FTP de linux:
- PureFTPd
- WU-FTPd
- proFTPd
- Outros
Pero non esquezas documentar que problemas atopaches e como fixeches a instalación dese outro servidor FTP para acadar os requisitos.
Tarefa 2
O xefe pide novos requisitos. Configura as seguintes opcións:
- Os usuarios do grupo alumnos deberán estar enxaulados no seu directorio.
- Os usuarios do grupo profes poderán navegar por todo o sistema de ficheiros.
- Visualizar os usuarios locais e os grupos aos que pertencen. (PISTA)
- Visualizar as as directivas configuradas no arquivo de configuración e arquivos utilizados con listado usuarios.
Tarefa 3
O xefe pide novos cambios. Configura para:
- Permitiranse conexións de usuarios anónimos. Poderán descargar arquivos e non poderán subilos.
- Permitiranse conexións de usuarios locais.
- Poderán descargar arquivos e tamén subilos.
- Só poderán conectarse ao servidor ftp os usuarios locais mortadelo e filemón.
- O usuario mortadelo non estará enxaulado no seu directorio home. O resto dos usuarios locais sí estarán enxaulados no seu home.
- A mensaxe de benvida do servidor será "Benvido ao servidor FTP vsftpd de nome_alumno/a."
- Cando os usuarios anónimos accedan ao seu directorio mostraráselles a seguinte mensaxe "Directorio público do servidor".
- A máxima taxa de transferencia para usuarios anónimos será 1MB/seg e para locais será 10MB/seg.
- Permitiranse un máximo de 5 conexións simultáneas ao servidor.
- O ficheiro de logs será /var/log/vsftpd.log
Visualiza:
- Listado de usuarios locais.
- Directivas configuradas no arquivo de configuración.
- Arquivo vsftpd.chroot_list.
- Arquivo ftpusers (se configuras os denegados para acceder ao servizo FTP neste arquivo) ou user_list (se configuras os denegados ou permitidos utilizando as directivas user_list)
Tarefa 4 - FTPES
O xefe está preocupado pola seguridade. Pide a configuración do servidor FTP vsftpd instalado en debian/ubuntu mediante ftps
Indícache que os pasos serían
- Crea un certificado dixital autofirmado co software openssl.
- Configura o FTPS Explicito en vsftpd e forza que as conexións para os usuarios locais sexan cifradas.
- Accede a ubuntu-desktop e proba a configuración utilizando o cliente ftp-ssl (que terás que instalar previamente) para establecer unha conexión FTPS explicita aos servidores FTP.
- Observa que se usa o porto 21 e que os servidores envían os seus certificados autofirmados.
Pistas
- https://www.xn--linuxenespaol-skb.com/tutoriales/crear-certificado-ssl-autofirmado-openssl/ (certificado autofirmado - Linux Openssl)
- https://docs.vmware.com/es/VMware-vRealize-Operations-for-Published-Applications/6.5/com.vmware.v4pa.admin_install/GUID-ED4F6D9A-B471-40F6-85AF-7C3187106546.html (certificado autofirmado - Windows Openssl)
- https://somostechies.com/probando-https-con-iis-sin-comprar-un-certificado/ (certificado autofirmado - Windows IIS)
- http://www.alcancelibre.org/staticpages/index.php/09-como-vsftpd (Guía completa vsftpd con ftps)
Monitorización e Troubleshooting
Existen ferramentas para poder levar a cabo a monitorización en tempo real do servizo:
- netstat. Permite coñecer as conexións activas
- ftpwho. Amosa información das conexións activas e o número total de usuarios conectados
- ftptop. Amosa o estado actual das sesións FTP
Consulta a axuda do comando ftpwho e indica cal é a opción que permite obter información detallada sobre cada unha das conexións activas.
A interpretación dos rexistros de actividade pódese facer dun xeito máis cómodo cun analizador de logs:
Dúbidas
Se te atopas con problemas na instalación ou configuración, debes:
- Diagnósticar o mellor posible qué pode estar ocurrendo facendo as comprobacións oportunas:
- Revisando os logs
- Revisando os ficheiros de configuración
- Revisando a documentación
- Buscando por internet (nos manuais do IES San Clemente xa hai algunhas das dúbidas máis habituais resoltas)
- Consultar no noso foro se xa está resolta esa dúbida
- Buscar alternativas que poidan servir de workaround
- E se non solucionas, preguntar no foro aportando toda esa información para que compañeiros ou o profesor poidan colaborativamente axudar.