DRUPAL Instalar Drush

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instrudución

  • Drush é un comando do shell para Drupal.
  • Drush vai permitir:
  • Descargar novas versións de Drupal.
  • Instalar Drupal.
  • Instalar módulos de Drupal
  • Outras funcións...
  • Normalmente as operacións que fagamos con Drush poderíamos facelas graficamente, pero é unha forma máis rápida e eficiente de facelo.
  • Por exemplo, para poñer Drupal en 'modo mantemento' poderíamos executar a seguinte orde: drush sset system.maintenance_mode 1

Instalación de Drush

  • Nota: No momento de escribir este manual (Setp. do 2016) a versión de Drush que se descarga coa orde apt-get é a versión 5.10 que non vale para usar coa versión de Drupal 8.x. Polo tanto será necesario descargalo manualmente.


Automaticamente

  • Para Ubuntu/Debian:
1 sudo apt-get install drush
  • Para CentOS/RHEL:
1 sudo yum install drush
  • Para OS X con Homebrew:
1 brew install drush


Manualmente

  • Para instalalo manualmente previamente teremos que ter instalado composer.

Composer


  • Composer é un programa (ferramenta) que permite solucionar os problemas de dependencias de librerías cando instalamos un determinado programa.
  • Necesita ter instalado PHP 5.3.2+ para funcionar.
  • Para instalalo necesitamos executar estas liñas de código dende consola:
1 php -r "copy('https://getcomposer.org/installer', 'composer-setup.php');"
2 php -r "if (hash_file('SHA384', 'composer-setup.php') === 'e115a8dc7871f15d853148a7fbac7da27d6c0030b848d9b3dc09e2a0388afed865e6a3d6b3c0fad45c48e2b5fc1196ae') { echo 'Installer verified'; } else { echo 'Installer corrupt'; unlink('composer-setup.php'); } echo PHP_EOL;"
3 php composer-setup.php
4 php -r "unlink('composer-setup.php');"