DRUPAL Instalación

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalación do Apache


  • Nunha consola de comandos executaremos:
1 sudo apt-get update
2 sudo apt-get install apache2


  • Unha vez instalado aparecerá a seguinte pantalla se no navegador de Internet escribimos na URL: http://localhost.
Drupal instalacion apache 1.jpg

Instalación e configuración do Mysql

  • Cando instalemos o drupal, este vai facer uso dunha base de datos. Imos crear dita base de datos e un usuario que teña permisos sobre dita base de datos.

LAMPP

Nota: Para cargar a pantalla gráfica de xestión do xampp podemos ir ao cartafol onde está instalado (/opt/lampp/) e executar o arquivo ./manager-linux-x64.run &.

Instalación do Drupal

Pasos previos

  • Primeiro debemos descargar a versión do drupal que queiramos.
  • Unha vez descargada a descomprimimos:
  • Graficamente, premendo dúas veces e descomprimíndoa.
  • Dende consola coa orde: tar -zxvf /home/angel/Descargas/drupal-8.1.8.tar.gz
  • Onde se move o cartafol descomprimido do drupal.
  • Se estamos a utilizar xampp deberemos movelo ao cartafol /opt/lampp/htdocs/
  • Se estamos a utilizar un servidor web (como apache) deberemos movelo ao cartafol onde cargue os sitios web (en apache é: /apache/htdocs).
Nota:: Cando se descomprime, normalmente teremos o nome 'drupal-8.1.8'. Podemos cambiarlle o nome a ese cartafol por 'drupal' pois despois o usaremos na URL do navegador.


  • Copia do arquivo de configuración.
  • Drupal necesita un arquivo de configuración de nome installation.php que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default).
  • Deberemos copiar o arquivo default.settings.php que se atopa nese cartafol e copialo có nome installation.php.
  • Deberemos cambiar os permisos do arquivo installation.php para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: chmod 777 installation.php


  • Cambiando os permisos.
  • Se o fixemos graficamente, o dono dos arquivos será o teu usuario, e se o fixeches dende consola será root (se usaches a orde sudo).
  • Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é www-data.
  • Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: chown -R www-data:www-data drupal sendo 'drupal' o cartafol movido do paso anterior.


  • Arquivos do idioma español.
  • Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files/translations e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files/translations.


  • Activación do opcache.
  • Temos que editar o arquivo php.ini (se estamos utilizando o XAMPP se atopa en /opt/lampp/etc/php.ini) e engadir (ou descomentar a liña no caso de XAMPP): zend_extension=opcache.so.
  • Despois deberemos reiniciar o servidor apache para que colla a nova configuración.

Instalación



Comprobacións trala instalación

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.


  • Unha vez entramos no drupal có usuario administrador (creado durante a instalación).


  • Para solucionalo deberemos editar o arquivo de configuración de drupal (que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default).
Unha vez editado ao final do arquivo poñeremos as seguintes liñas:
1 $settings['trusted_host_patterns'] = array(
2   '^www\.example\.com$',
3 );
Onde deberemos substituír www.example.com polo noso dominio. Respetada os caracteres '\' entre cada parte do dominio e o '$' no que acaba.
No caso de estar a desenvolver localmente podemos substituír o dominio pola cadea localhost: '^localhost$',


Unha vez cambiado podemos ir outra vez a o Informe de Estado e comprobar como xa non temos ningún indicador de perigo.
Drupal instalacion 12.jpg


Modificando a directiva RewriteBase

  • O servidor web Apache 'apunta' a un determinado cartafol do disco duro. Así, por defecto, cando escribimos na URL do navegador 'http://meusitio.es' estaremos 'apuntando' a '/var/www/' (antes de Ubuntu 14.04) ou '/var/www/html/' (Ubuntu 14.04 e posteriores).
  • Se instalamos Drupal dentro do cartafol /var/www/html/drupal deberemos modificar o arquivo /drupal/.htaccess e descomentar a seguinte liña:RewriteBase /drupal (quitar #), sendo '/drupal' o cartafol onde estamos instalando Drupal.
  • Se usamos un alias de Apache da forma: 'http://meusitio.es/alias' deberemos facer o indicado anteriormente: RewriteBase /alias
  • Se levamos o drupal ao raíz do sitio web, entón podemos poñer: RewriteBase /



Configuración de permisos nos cartafoles de Drupal


  • Se non temos asinados uns permisos adecuados a nivel de cartafol e de arquivos, podemos ter múltiples buratos de seguridade no noso sitio.
  • Como vimos anteriormente, o arquivo '/sites/default/installation.php' debería ter o permiso 444=>rrr (podería ter 400=>r-- se sabemos que o servidor web (no noso caso apache nun Linux con Ubuntu) usa como usuario (no noso caso www-data) un que é propietario do arquivo installation.php).
  • O resto de cartafoles e arquivos debería ter permisos de lectura pero non de escritura.
  • Para non ter que facelo manualmente podemos facer uso dun módulo que verifique que os permisos sexan os correctos. A continuación amosamos dous módulos de exemplo.





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).