Colaborar con outros usuarios
Cómo se poden protexer os libros e as follas de Excel para que os usuarios poidan modificar só os datos que indiquemos?
A solución pasa por crear e traballar cun libro compartido, que poida ser modificado por varios usuarios simultáneamente.
Excel permite certos niveis de protección do traballo realizado nun libro: referímonos a impedir que se produzan cambios non desexados no libro de traballo ou nunha folla determinada.
Sumario
Protección do traballo
As opcións están na lapela Revisar, no grupo de Proteger:
Protexer libro
Premendo en Proteger libro, podes protexer a estrutura do libro ou as fiestras, activando as opcións correspondentes.
Se decidimos protexer a Estructura do libro, un usuario non autorizado non poderá realizar, entre outras cousas:
- Ver as follas de cálcluo que estén ocultas
- Mover, eliminar, ocultar ou cambiar de nome as follas de cálculo
- Inserir novas follas de cálculo ou follas de gráficos (pero si podería agragar gráficos incrustados nunha folla existente)
- Mover ou copiar follas de cálculo noutro libro
- Utilizar as ferramentas para análise de datos que coloquen os resultados nunha folla nova
Se a protección se realiza activando a casilla Ventanas, entón se impedirá:
- Cambiar o tamaño e a posición das fiestras do libro cando este se abra
- Mover, cambiar o tamño ou pechar as fiestras (pero si ocultar ou mostrar as fiestras)
= Protexer folla
Cando protexemos unha folla e non o libro completo poderemos incluir un nivel de protección máis personalizado.