Configure router mediante IPTables

De MediaWiki
Revisión del 19:00 30 jul 2022 de Joselv (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Temos o seguinte diagrama de rede:

Diagrama de rede para configurar IPTables

O router de fronteira RF é unha máquina con Debian 11. Este debe proporcionar saída a Internet aos equipos das redes 192.168.1.0/24 (conectada a través da interface enp0s9) e 192.168.2.0/24 (conectada a través da interface enp0s8) a través da súa interface de rede enp0s3 conectada á rede pública.

Configure o router mediante IPTables. Este debe proporcionar as seguintes funcionalidades:

  • Por defecto denegarase todo o tráfico agás as excepcións descritas nos restantes puntos.
  • Permitir a saída á rede pública aos equipos das redes conectadas polas interfaces enp0s8 e enp0s9 mediante NAT.
  • Permitir dende a rede 192.168.2.0/24 conectar ao router de fronteira mediante SSH.
  • As redes 192.168.1.0/24 e 192.168.2.0/24 tan só poden acceder a Internet utilizando os protocolos HTTP, HTTPS e DNS.
  • Permitir dende a rede 192.168.2.0/24 o acceso ao servidor web (só a este equipo, non a toda a rede) unicamente polo protocolo HTTP.
  • As peticións feitas dende Internet ao porto 443 do router deben redirixirse ao servidor web cara a ese mesmo porto (débese engadir unha entrada que permita ese tráfico).

O router de fronteira en Debian xa ten correctamente configuradas as súas interfaces de rede e ten activado o encamiñamento de paquetes.

Completa o seguinte script coa configuración de IPtables:

NOTA: non é necesario utilizar estruturas condicionais e iterativas. Tan só engadir os comandos necesarios secuencialmente para realizar o exercicio.

#!/bin/bash

############ Borramos todas as regras existentes
iptables -t filter -F
iptables -t nat -F

########### Politicas por defecto
iptables -P INPUT DROP
iptables -P OUTPUT DROP
iptables -P FORWARD DROP

# Completar...

# Gardamos as regras ante un posible reinicio
iptables-save > /etc/iptables/rules.v4