Despregar sitio web utilizando contedores Docker
Enunciado
Deséxase despregar o sitio web seguro bolechas.com utilizando contedores Docker. Contamos cos seguintes ficheiros necesarios para a configuración deste:
- Contido do sitio web: index.html
- Certificado SSL: bolechas.pem
- Chave privada do certificado SSL: bolechas.key
O contedor Docker a crear debe de respectar os seguintes requisitos:
- Partir da imaxe Debian.
- Utilizar como servidor web Apache 2.
- Realizar redirección do protocolo inseguro HTTP cara o protocolo seguro HTTPS.
Apartado A
Cree o ficheiro de definición do Virtualhost para o sitio bolechas.com. Este utilizarase na configuración de Apache do contedor de Docker. O nome do ficheiro debe ser bolechas.conf.
NOTA: proporciónase esta directiva que pode ser de utilidade na definición do Virtualhost: RewriteRule ^ https://%{HTTP_HOST}%{REQUEST_URI} [L,R=302]
Apartado B
Complete o ficheiro Dockerfile para a creación da imaxe do sitio web bolechas.com.
NOTA: Considere que os ficheiros especificados no enunciado e o de definición do Virtualhost atópanse no mesmo directorio que o Dockerfile. FROM debian # Completar ... ENTRYPOINT ["/usr/sbin/apache2ctl", "-D", "FOREGROUND"]
Indique o comando para crear un contedor a partir dunha imaxe denominada bolechas creada a partir do Dockerfile do apartado anterior. O nome do contedor debe ser bolechas_web