PHP UD3 EXERCICIOS PROPOSTOS

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción

  • Notas:
  • A base de datos que imos empregar para facer os exercicios propostos a emprego para explicar outro módulo (Bases de datos) polo que non segue as regras de nomenclatura que indiqué anteriormente. Podedes deixala así ou modificar o script para adaptalo a ditas regras.
  • Vou propoñer varios exercicios. O normal sería ter unha estrutura lóxica de cartafoles, onde gardaríamos as páxinas php que conforman o noso sitio web, e tamén unha cabeceira cun menú onde poderíamos navegar ata as diferentes páxinas (lembrade o emprego de include).
  • De cada exercicio podedes facer varias versións, facendo que as operacións contra a base de datos se fagan con ordes SQL ou con chamadas a procedementos creados previamente no xestor de Mysql.
  • Os exercicios terán código javascript, para confirmar o borrado das filas.




  • Todos os exercicios propostos están baseados nunha base de datos de nome CIRCO probado sobre un xestor MYSQL versión 5.7 ou superior:
Mod BD Prog Modelo Circo.jpg





  • PASOS A SEGUIR:
  • Crear a base de datos anterior (CIRCO) executando o script no xestor MYSQL
  • Crear un usuario/password con permisos de acceso a dita base de datos (sempre dádelle os mínimos permisos posibles, neste caso, serán os de SELECT/UPDATE/DELETE/INSERT/EXECUTE de toda a base de datos)
  • Crear nun arquivo separado do sitio web de nome bd_pistas.inc.php todos os datos necesarios para conectarse á base de datos e onde van estar definidas as constantes coas ordes SQL, tal como vimos nun punto anterior desta sección.
  • Na maior parte das bases de datos, as claves primarias son id´s autonuméricos que non se amosan ao usuario e quedan en campos ocultos. Á hora de actualizar os datos dunha táboa o id se emprega para buscar o dato a actualizar e nunca o pode cambiar o usuario no formulario. Nesta base de datos, as claves primarias son datos que se amosan ao usuario e os vai poder cambiar. Polo tanto nos formularios de modificación imos ter que enviar a clave primaria orixinal (sen cambiar) e a clave primaria modificada xa que imos ter que buscar a fila pola clave primaria sen modificar e cambiar o seu valor.




Exercicio 1

  • Partindo da táboa PISTAS, crea unha páxina web que permita dar de alta, baixa, modificar e listar os datos de dita táboa.
No listado amosa unha táboa cós datos e na parte dereita dous botóns. Un para editar o dato e outro para borralo (se sabes facelo, fai que pida confirmación de borrado empregando javascript).









-- Ángel D. Fernández González -- (2023).