PHP Promise e Fetch

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Unha promise ven ser unha petición que realizamos de forma asíncrona a un servidor e que permite que o código do cliente continúe a súa execución.
Una promesa ten tres estados:
  • Resolved: Unha promesa normalmente vai solicitar unha información a un servidor. Cando dispón de dita información pasa ao estado resolved.
  • Rejected: Cando a promesa non devolve un valor ou cando se produce unha excepción debido a que o valor devolto non ten o formato correcto.
  • Pending: Cando xa iniciamos a petición e aínda non tivemos resposta.
Unha promesa pode pasar do estado pending a resolved ou rejected e non pode ter transaccións entre os estados.


  • Fetch tamén realiza unha operación asíncrona e devolve unha promesa xa preparada para o seu uso. Ten asociados tres métodos:
  • .then(): Onde se reciben os datos.
  • .catch(): Se se produce algunha excepción
  • .finally(): Un código que podemos executar tanto se foi ben (then) como se foi mal (catch) a chamada a obtención de datos de forma asíncrona.


  • Se os dous fan o mesmo, en que se diferencian ?
Digamos que promise, que é parte da linguaxe JavaScript, é mais de 'proposito xeral'. Permite facer calquera tipo de petición asíncronas e permite executar múltiples operacións asíncronas e executalas en orde, unha despois de outra.
Fetch pola súa parte, é unha función da API Fetch que está orientada a ser empregada para facer peticións de rede e recibir información de ditas solicitudes (por exemplo empregando HTTP Requests).


  • Nos imos ver fetch xa que o imos empregar para realizar peticións a API Rest e obter os resultados.



Funcionamento

  • O funcionamento é moi sinxelo.





Volver á UD7



-- Ángel D. Fernández González -- (2024).