Retos ambientais e sociais

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Retos-ambietales-e-sociales.JPG

Introdución

Na anterior unidade salientouse a importancia de velar polo dessenvolvemento sustentable e a sostenibilidade do planeta; identificaronse os principales riscos e os factores que deben cuidar as empresas para cumprir cos obxetivos marcados pola Axenda 2030 e garantir un futuro sostible para todos.

A continuación analizaremos os principais retos ambientais e sociais e a súa relación co desenvolvemento da actividade económica e o impacto que poden ter sobre a sociedade e os sectores produtivos, así como as principales medidas adoptadas para minimizar o seu efecto.

Para isto é vital establecer alianzas e traballar de xeito transversal e coordinado; so así poderanse abordar con éxito os retos ambientais e sociais actuales.

Retos ambientais

Definición.  Reto. En xeografía humana, sobre todo no aspecto medioambiental, obxectivo difícil que supón un estímulo ou desafío para quen o afronta.

A evidencia científica amosa coma a humanidade, coas súas prácticas, acentúa o cambio climático, erradica especies de animais e plantas, contamina o aire e a agua e aumenta o risco de transmisión de enfermedades, chegando a producir pandemias coma a do Covid-19 que recentemente nos azotou. Todo isto impacta de forma moi negativa no medioambiente.

Na actualidad hai unha crise ambiental. Esta situación convertiuse nunha preocupación global e require da atención inmediata da sociedade. Cómpre poñer en práctica accións, tanto individuais coma colectivas, para atopar solucións que axuden a preservar a contorna natural e a garantizar un futuro sostible para as próximas xeneracións.

Cambio climático

É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos:

  • Tempo meteorolóxico. Son as condicións meteorolóxicas que se dan nun lugar e nun momento concreto. Por exemplo, hoxe o día está nubrado. O tempo pode variar en cuestión de horas ou dun día para outro.
  • Clima. Son as condicións habituais dun sitio determinado. Por exemplo, unha zona ten temperaturas agradables e é cálida, pero outra é máis fría e húmida. O clima é menos variable.

En canto ao concepto de cambio climático, refírese aos cambios de temperatura producidos a longo prazo e é un proceso normal que ocorre na Terra durante ciclos que duran miles e incluso millóns de anos. Os cambios prodúcense por causas naturais, pero tamén pola acción do ser humano, sobre todo a partir do século XIX, coa Revolución Industrial, momento no que se acelerou o cambio climático.

Na actualidade, a causa principal do cambio climático é a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas). Esta acción xera gases tóxicos que se acumulan na atmosfera e que atrapan a calor, o que causa danos sobre o aire, a terra e a auga, e provoca o quecemento global. Son os denominados gases de efecto invernadoiro.

O cambio climático foi empeorando década tras década debido ao aumento das empresas contaminantes e á pouca preocupación polas súas emisións de gases e outras substancias nocivas sobre o medioambiente. Esta rapidez fai moi difícil, tanto para a natureza como para os seres humanos, adaptarse ás novas condicións climáticas.

Dado que é un problema que afecta a todo o planeta, é necesario actuar a escala internacional. Como se viu no capítulo 1, en 1992 aprobouse a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Desde ese momento todos os países asinantes foron concretando metas e compromisos específicos para lograr o obxectivo do acordo: “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”.

Posteriormente, grazas ao Acordo de París (2015), alcanzouse un gran pacto baseado nas seguintes liñas:

  • Manter o aumento global da temperatura por debaixo dos 2 °C.
  • Promover un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Orientar os fluxos financeiros para lograr un desenvolvemento resiliente ao clima e de baixas emisións.

O Acordo de París supuxo un acordo histórico para combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e investimentos necesarias para un futuro sostible con baixas emisións de carbono.

O cambio climático está destruíndo os ecosistemas terrestres e mariños, derretendo a masa de xeo nos polos e, por conseguinte, aumentando o nivel do mar. Isto provoca inundacións, redución dos límites do litoral costeiro, destrución dos medios de subsistencia ou fenómenos meteorolóxicos extremos.

O ODS 13: Acción polo clima propón adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Entre as súas metas están introducir o cambio climático como cuestión primordial nas políticas, estratexias e plans dos países, das empresas e da sociedade civil para mellorar a resposta aos problemas que xera e para impulsar a educación e a sensibilización de toda a poboación a este respecto.

INVESTIGA. Quén é o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións?


Consumo de auga

A auga é un ben tan necesario como limitado, aínda que se usa coma se nunca se fose acabar. Por iso, é importante reflexionar sobre o consumo que se fai deste recurso e planificar unha xestión máis eficiente e sostible que a actual. Diso depende garantir o subministro de auga para as próximas xeracións.

Importante A falta de auga, que é un recurso necesario para a supervivencia de toda forma de vida, afecta a máis do 40 % da poboación mundial. Ademais, o acceso á auga potable, ao saneamento e á hixiene representan as necesidades humanas máis básicas para o coidado da saúde e do benestar.

A superpoboación, o crecemento das cidades e as cada vez maiores necesidades en materia de auga dos sectores agrícola, industrial e enerxético están provocando un aumento da demanda de auga. E prevese que, co incremento das temperaturas provocado, á súa vez, polo cambio climático, a escaseza de auga sexa cada vez maior.

En moitas zonas, as secas agravan a escaseza de auga, o que repercute negativamente na saúde das persoas e ameaza o desenvolvemento sostible e a biodiversidade do entorno. Se non se vixía a xestión da auga, o uso que se fai dela e non se melloran as infraestruturas, millóns de persoas seguirán morrendo a causa de enfermidades relacionadas coa auga, como por exemplo, a malaria e a diarrea.

Se se coñecese a pegada hídrica, é dicir, o volume real de auga que se consome a diario, tomaríase conciencia da importancia de coidar este recurso da natureza. O consumo medio de auga en España é de 142 litros por habitante cada día. Na cociña consómese un 19 % da auga, no cuarto de baño un 73 % e o 8 % restante noutras actividades da vida diaria. Unha billa aberta durante 10 segundos gasta 2 litros de auga (figura 2.3).

A nivel mundial, arredor do 70 % do consumo de auga realízao o sector agrario e o sector industrial consume preto do 20 %. Sen estes consumos, a maior parte da actividade humana paralizaríase, xa que deixarían de producirse moitos alimentos ou produtos e acceso a servizos que se usan e consumen a diario.

Lograr unha maior sostibilidade na xestión da auga e fomentar unha maior circularidade é clave para o desenvolvemento socioeconómico dun país.

Para saber máis O ODS 6: Auga limpa e saneamento busca lograr un acceso universal e equitativo á auga potable e a servizos de saneamento e hixiene axeitados, así como mellorar a calidade da auga a nivel global.

Contaminación

Fálase de contaminación cando nun entorno hai elementos ou substancias que normalmente non deberían estar nel e que afectan o equilibrio do ecosistema. Os axentes que producen a contaminación poden ser físicos (po, vidro, plásticos), químicos (mercurio, óxidos de xofre, deterxentes, insecticidas, colorantes) ou biolóxicos (virus, bacterias, fungos, parasitos). Prexudican o entorno natural cando se presentan en concentracións moi elevadas, xa que alteran as condicións dos microorganismos que habitan neles e xeran problemas de saúde ou de seguridade, malestar ou incluso a morte.

A contaminación pode ser natural ou ambiental. Os seres humanos non son os únicos que xeran contaminación. Algunhas algas que medran en lameiros ou en lagos producen toxinas que contaminan a auga; os volcáns en erupción tamén son unha fonte de contaminación natural, xa que liberan cinza e altas concentracións de xofre, ferro e outros minerais que afectan o medio ambiente.

Con todo, a contaminación ambiental si depende das persoasm en táboa recóllense os diferentes tipos de contaminación ambiental.


TABOA.

Curiosidade. 9 de cada 10 persoas en todo o mundo están expostas a niveis de contaminación que superan as cotas de seguridade sinaladas pola Organización Mundial de la Salud (OMS).

Deforestación

A deforestación é un proceso realizado xeralmente polo ser humano mediante o cal se elimina unha superficie forestal, é dicir, os bosques e as plantas dunha zona son destruídos pola acción do home. Adoita deberse ao cambio de actividade á que se vai destinar ese chan.

A industria da madeira, a da construción, as explotacións minerais no subsolo, as empresas fabricantes de papel ou a agricultura a grande escala adoitan estar detrás da destrución dos bosques e das selvas. O principal factor da deforestación é o económico (figura 2.4).

A deforestación é incompatible co mantemento das especies a medio e longo prazo. Os bosques son os pulmóns do planeta, xa que son aliados clave na loita contra o cambio climático. Ademais, as árbores e as plantas son capaces de absorber o dióxido de carbono que hai na atmosfera e convertelo en osíxeno. Tamén os bosques son protectores dunha gran biodiversidade de especies, polo que a deforestación remata tamén con elas.

As principais causas da deforestación no mundo son as seguintes:

  • A tala de árbores: tanto pola industria da madeira como pola do papel. Este proceso, na maioría dos casos, realízase de maneira indiscriminada e ilegal, sen control das autoridades da zona e sen levar a cabo plans de replantación de árbores.
  • A expansión da gandaría extensiva e itinerante: tras consumir os animais a vexetación dunha zona, o solo queda empobrecido, polo que son trasladados a outro lugar.
  • Cultivos agrícolas e actividades mineiras: precisan grandes superficies de terreo, o que supón a destrución do solo e da paisaxe e a deforestación de moitos bosques.
  • O crecemento urbano: para construír novas vivendas, redúcese a superficie vexetal deixando moitos municipios sen zonas verdes.
  • Os incendios forestais: a gran maioría adoitan ser provocados polo ser humano; en moitas ocasións para eliminar árbores e poder dedicar ese chan a outra actividade.

A tala de árbores xera a aparición de bacterias, parasitos e fungos que poden infectar aos seres humanos e aos animais e, ademais, provocar o desenvolvemento e a transmisión de enfermidades. Calcúlase que, nos últimos cincuenta anos, o Amazonas perdeu aproximadamente 720.000 km² do seu territorio.

O ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres procura xestionar de forma sostible os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.

Outros

Sobrepesca

Xestión de residuos

Perda da biodiversidade

Retos socias

Os retos ambientais deben ser tratados tento en conta os sociais. Non se poden abordar os primeros sen a acción conxunta de toda a sociedade; por lo tanto, un reto ambiental también es un reto social, e o tratamento duns impacta nos outros.

O reto demográfico: Superpoboación e despoboación

A superpoblación producese cando hai unha elevada densidade de personas nunha contorna. Isto reperecute nela e os seús recursos naturais impactando na calidade de vida da poboación chegando a xenerar situacións de necesidade (fame, enfermidades, guerras, etc.).

A población mundial estimada para o ano 2024 vai ser de máis de 8.000 millóns de persoas, 75 millones máis ca no 2023. A ONU prevé 9700 millones de personas para o año 2050. Este forte crecemiento poboacional terá un impacto no tamaño, a estrutura e a distribución dos recursos para o que os países deben estar preparados; e todo un reto para acadar a sostenibilidade do planeta.

La superpoblación –motivada por la mejora de las condiciones de vida gracias a los avances agrícolas, tecnológicos o médicos– supone un gran reto para el mundo en cuanto a la gestión de los recursos, la lucha contra las desigualdades y los desequilibrios para conseguir un desarrollo sostenible. Pódese analizar na táboa os principais factores que propician a superpoblación actual do planeta.

TABOA CAUSAS DA SUPERBOACIÓN

O crecimento da población mundial xenera efectos negativos sobre o planeta:

  • acrecenta o cambio climático
  • disminué a seguridade alimentaria
  • motiva a sobreexplotación de recursos
  • ...
CURIOSIDADE. Os países máis poblados do mundo son China e India, ambos con máis de 1.400 millóns de habitantes. Representan xuntos o 36 % da poboación mundial. Agárdase que a poboación da India medre durante varias décadas, mientras que a de China estabilizouse. 
África é o continente que máis rápido medra e agárdase que se duplique a súa poboación para o ano 2050. 
En Europa disminúe a poboación; a tasa de fecundidade de todos os países europeos está moi por debaixo da media mundial.

DESPOBOACIÓN.

Pobreza

Desigualdade

Impacto ambiental na actividade empresarial

Impacto sobre as persoas

Impacto sobre os sectores produtivos

Efectos no sector primario

Efectos no sector secundario

Efectos no sector terciario

Efectos en todos nos sectores

Medidas e accións para minimizar os impactos ambientais

Eficiencia e transición enerxética

Xestión de residuos

Conservación dos recursos naturais

Produción e consumos sostibles

Control da contaminación

Movilidad sostible

Innovación tecnolóxica

Educación e sensibilización

Normativa, políticas ambientáis e alianzas

DEFINICIÓN. Alianza. Acordo entre dúas ou máis partes nas que se recollen os termos de colaboración e se establecen os dereeitos e as obrigas dos asinantes.