ODS16. Paz, xustiza e institucións sólidas
Na procura da sustentabilidade é imprescindíbel un clima de paz e estabilidade, así como o cumprimento dos dereitos humanos, ademais duns gobernos e institucións eficaces. É necesario, por tanto, que aquelas zonas e países atrapados en conflitos e violencia poidan experimentar niveis sostidos de paz.
En que consiste?
A través das metas previstas no ODS 16 preténdese promover sociedades integradoras e pacíficas que faciliten á cidadanía o acceso á xustiza e a institucións nacionais e internacionais eficaces e transparentes.
As tarefas que se poden acometer na procura de paz, xustiza e institucións sólidas non só poden ser planificadas e executadas por organismos públicos, senón que as empresas tamén deben realizar accións que logren a consecución das metas.
Exemplo. A globalización trouxo a vantaxe da integración de bens e servizos á disposición de calquera habitante do planeta, pero ao mesmo tempo aumentaron os desafíos inherentes ás prácticas do comercio desleal ou á desigual distribución dos beneficios; e cidadanía, organizacións e profesionais poden colaborar na súa disminución.
Os consumidores teñen cada vez máis peso na toma de decisións, e o ODS 16 busca aumentar a información que lles ofrecen as empresas e institucións, ademais do desenvolvemento dunha xestión transparente das organizacións, que se fagan responsables das súas accións.
Como se pode actuar?
As organizacións empresariais son responsables das súa cadeas de subministración e das súa cadeas de valor. Elevando os estándares esixidos aos provedores, poden lograr que estes tamén executen accións sostibles.
Exemplo. As empresas poden poñer en marcha plans e códigos éticos, e extendelos a todas as súa cadeas de subministración para potenciar deste xeito as políticas de xustiza social.
- Compartir a información
- Para as organizacións empresariais compartir datos e información non só financeira é beneficioso, posto que lles outorga prestixio social.
- Desenvolver programas de cooperación
- As empresas poden poñer en práctica accións en forma de programas de cooperación comercial, industrial ou incluso financeira en zonas que sufrisen e soportasen conflitos.
No cine
- Doce hombres sin piedad
- El señor de la guerra
- Enmienda XIII