Contornas e sintaxe en Python

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Módulo Profesional: Contornas e sintaxe en Python

Equivalencia en créditos ECTS: 3

Duración: 25 horas

Código: 5098

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

1. Analiza os problemas expostos, identificando os contornos de aplicación e propoñendo estratexias para a súa resolución.

Criterios de avaliación
a) Identificáronse as características principais dos contornos de aplicación.
b) Definíronse estratexias conducintes á resolución do problema.
c) Analizáronse as dificultades que poidan presentarse.
d) Realizáronse diagramas de fluxo das solucións propostas.
e) Seleccionouse o diagrama de fluxo considerado óptimo.
f) Verificouse que a solución proposta é susceptible de ser implementada en Python.

2. Caracteriza elementos da programación en Python, identificando os bloques fundamentais de construción dun programa.

Criterios de avaliación
a) Definíronse os aspectos fundamentais da programación de alto nivel.
b) Establecéronse as diferenzas entre linguaxes compilados e interpretados.
c) Analizáronse os bloques principais na construción dun programa en Python.
d) Establecéronse as diferenzas entre distintas versións de Python.
e) Identificáronse os erros máis frecuentes na programación en Python.
f) Valorouse a importancia da depuración de código.
g) Analizáronse segmentos de código antes e despois da depuración.

3. Avalía contornos de traballo para o desenvolvemento de aplicacións en Python, indicando as súas diferenzas e áreas específicas de traballo.

Criterios de avaliación
a) Analizáronse os IDE (Entornos de Desenvolvemento Integrado) máis habituais usados na programación en Python.
b) Seleccionáronse IDE en función do desenvolvemento a realizar.
c) Analizáronse as vantaxes do uso de frameworks no desenvolvemento de software con Python.
d) Comparáronse diversos editores de código en Python relacionándoos con desenvolvementos de aplicacións concretas.
e) Puxéronse de manifesto a utilidade do uso de IDLE e frameworks mediante a análise de software real.

4. Utiliza o IDLE básico de Python e a xanela Shell, introducindo os principios da escritura de software en Python.

Criterios de avaliación
a) Escribíronse instrucións elementais para visualizar o funcionamento básico da linguaxe.
b) Escribiuse unha instrución nunha soa liña.
c) Razonouse a mala práctica de escribir varias instrucións nunha liña.
d) Escribiuse unha instrución en varias liñas.
e) Escribíronse na consola as instrucións.
f) Utilizáronse sangrados explicando a súa utilidade.
g) Escribíronse comentarios en Python.
h) Instaláronse e probáronse editores de texto non integrados no contorno.

5. Aplica a sintaxe, operadores e tipos simples e complexos en Python, escribindo instrucións básicas e verificando os seus resultados.

Criterios de avaliación
a) Escribiuse código con sintaxe básica.
b) Coñécense e distínguense os distintos tipos de operadores.
c) Escribíronse instrucións básicas con cada tipo de operador.
d) Distínguense e utilízanse os distintos tipos de datos.
e) Utilizáronse os distintos tipos de operadores nun código básico.
f) Realizáronse operacións entre iguais e distintos tipos de datos.

Referencias

IDEs

VS Code