LIBGDX Execución dos proxectos
UNIDADE 1: Execución dos proxectos importados.'Ola mundo'
Sumario
Introdución
Isto viría a ser o clásico 'Ola Mundo' de calquera linguaxe de programación.
O que se vai presentar será unha pantalla de benvida do framework no que aparece un gráfico, nas diferentes plataformas.
Importación
- Unha vez temos os proxectos xerados é necesario importalos có Android Sutdio:
- Como vemos aparece un cartafol por cada tipo de proxecto (HTML, Ios, Android, DESKTOP) e un cartafol para o proxecto COMUN (CORE)
Resolvendo erros
- Cando importamos o proxecto có AndroidStudio pode ser que vos dea diferentes erros, como por exemplo o que se amosa na pantalla seguinte:
- Este e outros erros poden deberse a que Gradle, cando atopa dependencias que non ten, conéctase a Internet para descargalas. Pode suceder que teñades o Android Studio configurado para que estea en OFFLINE e non poida descargalas.
- Para arranxalo podedes seguir estes pasos:
- Se aínda así seguen a dar erros, probade a pechar o proxecto e volvelo a abrir.
Execución dos proxectos
- Podemos ver un vídeo completo de como facelo neste enlace.
- Para poder executar as diferentes versións dos proxectos é necesario ter configurado a variable de entorno ANDROID_HOME para que apunte a onde se atopa o SDK instalado.
- WINDOWS:
1 set ANDROID_HOME=C:/Path/To/Your/Android/Sdk
- LINUX:
1 export ANDROID_HOME=/Path/To/Your/Android/Sdk
- Como alternativa podemos modificar (ou crear se non está creado) o arquivo: local.properties
- que se atopa no raíz do proxecto importado e poñer a seguinte liña: sdk.dir=/Path/To/Your/Android/Sdk
- Por exemplo, en Windows tería esta valor se estades a seguir o manual:
1 sdk.dir=C\:/SDK
- Nota: O carácter '\' e un carácter de escape.
- Imos ver agora como executar os diferentes proxectos.
Execución Desktop
Graficamente
- É necesario crear unha configuración de execución no IDE Android Studio. Para iso:
- Executando a versión Desktop
Dende consola
- Para iso debemos abrir un terminal (en Linux) ou consola (en Windows) e situándonos no cartafol onde se xerou o proxecto.
- Tamén podemos abrir a consola dende o propio Android Studio:
- Executamos a orde:
- WINDOWS:
1 gradlew desktop:run
- LINUX:
1 ./gradlew desktop:run
Resultado
TAREFA UNIDADE 1, PARTE 2: Esta parte está asociada á realización dunha tarefa.
Éxecución HTML
- Para iso debemos abrir un terminal (en Linux) ou consola (en Windows) e situándonos no cartafol onde se xerou o proxecto.
- Tamén podemos abrir a consola dende o propio Android Studio:
- Executamos a orde:
- WINDOWS:
1 gradlew html:superDev
- LINUX:
1 ./gradlew html:superDev
- Execución proxecto HTML
Na parte baixa debe aparecer unha dirección: http://localhost::9876. Abrimos o navegador web e poñemos dita dirección.
Agora poñemos a dirección: http://localhost:8080/html/. Aparecerá unha páxina indicando que está a cargar o xogo. Se tarda moito premer o botón á esquerda ou o botón 'Dev Mode on' e escoller a opción Compilar.
Resultado
Execución nun dispositivo móbil
No Emulador
Como comentamos anteriormente executar os xogos no emulador non pode ser debido a lentitude do mesmo. O ideal é ter un dispositivo móbil 'real' que permita probar os xogos.
De todas formas, para probar que funciona, podemos ver como se visualiza a pantalla de presentación do framework no emulador.
O primeiro será crear un dispositivo virtual (AVD) coa versión Android 4.3 API 18 e CPU Intel Atom (x86) segundo os pasos deste enlace (só fai falla facer os pasos de creación do Android Virtual Device). IMPORTANTE: Lembrade deixar marcada a opción 'Use host GPU' cando creades o AVD para facer uso do OPEN GL.
- Nota: Máis información sobre as versión de Android neste enlace.
- A partires de Marzo do 2014 o framework Libgdx deixa de dar soporte a OPEN GL ES 1.0/1.1 e a versións de Android inferiores á 2.2 (API 8).
- LIBGDX instalacion 50 B.jpg
Nos situamos sobre o proxecto Android Xogo2D-Android.
- LIBGDX instalacion 41.jpg
Prememos a icona de executar.
- LIBGDX instalacion 51.jpg
Escollemos a opción Android Aplication.
Nun dispositivo real
O primeiro será descargarse os drivers USB necesarios para que o S.O. recoñeza o dispositivo. Se usades Linux isto non é necesario. O proceso de instalación o tedes no mesmo enlace anterior.
- LIBGDX instalacion 55.jpg
Cando executamos por primeira vez calquera proxecto en Eclipse, créase unha configuración de execución. Imos editar dita configuración. Prememos sobre a frecha que está ó carón do botón de execución e escollemos a opción de 'Run Configurations'.
- LIBGDX instalacion 56.jpg
Prememos sobre o proxecto Android na parte esquerda, prememos na lapela Target e escollemos a opción 'Always prompt to pick device'. Desta forma, cando executemos o proxecto de Android preguntará sobre que dispositivo queremos executalo.
Nunha máquina virtual con Android
Deberedes de instalar unha máquina virtual en Virtual Box que teña soporte para OPEN GL 2.0.
Unha opción pode ser a de AndroVM
-- Ángel D. Fernández González -- (2015).
