Un novo usuario
- Para crear un novo usuario temos que escoller a opción de menú Administrar => Usuarios.
- Creando un novo usuario
Prememos o botón Añadir usuario.
Indicamos unha dirección de correo, un nome de usuario e unha contrasinal.
Indicamos se o estado é activo ou bloqueado, indicamos no rol se é administrador do sitio ou soamente usuario autentificado; podemos marcar a opción 'Notificar al usuario....' se queremos enviarlle un correo automaticamente indicando que a súa conta foi creada; podemos subir unha imaxe do usuario; o idioma do sitio para dito usuario cando conecte; o formulario de contacto, se está chequeado, permitimos que un usuario poida enviarnos correo por medio dun formulario. Por exemplo, eu podo publicar un artigo e pode aparecer o meu nome. Un usuario podería premer sobre o meu usuario para enviarme un correo; escollemos a zona horario e prememos o botón Crear nueva cuenta.
Unha vez engadido aparecen a lista de usuarios do sistema. Na parte superior temos diferentes opcións de selección de usuarios. Premendo o botón 'Filtrar' amosaremos aqueles usuarios que cumpran cos criterios escollidos.
Sobre a lista de usuarios podemos seleccionar algún deles ou todos e aplicarlle unha das accións escollidas na lista 'Acción.
Contacto
- Como vimos antes, temos unha sección na que marcamos se queremos que os usuario se podan poñer en contacto con nos a partires dun formulario de contacto.
- Accedendo ao contacto dun usuario
Opcións que aparecen ao editar ou crear un usuario.
Agora necesitamos ir a lista de permisos no menú 'Administrar' => 'Usuarios' => Lapela permisos e permitir que se poida utilizar o formulario de contacto dos usuarios.
Ao facelo (no caso deixamos velo contacto aos usuarios autenticados) poderíamos poñer na URL o id do usuario seguido por /contact (cada un deberedes poñer o id usuario en Drupal, podedes premer nel como administrador para velo).
Pode ser que queiramos que un usuario poida premer sobre o usuario que publica un contido para poñerse en contacto con el.
Para iso teremos que ir as opcións de permisos dos usuarios (menú 'Administrar' => 'Usuarios' => Lapela permisos) e na sección User marcar o permiso Ver información del usuario.
Desta forma, premendo sobre o usuario que publicou un contido xa podemos acceder a lapela de Contacto.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).