Módulo UserDir en Apache 2.4
Revisión del 17:00 11 nov 2020 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «= Funcionamento = Este módulo permite que cada usuario poida ter un sitio web no seu directorio home. Os visitantes dunha URL http://example.com/~nodemeusuario/ recibir…»)
Sumario
Funcionamento
Este módulo permite que cada usuario poida ter un sitio web no seu directorio home.
Os visitantes dunha URL http://example.com/~nodemeusuario/ recibirán o contido do directorio home do usuario “nomedeuusuario” no subdirectorio especificado pola directiva UserDir.
Configuración
A directiva UserDir podemos modificala no fichero /etc/apache2/mods-available/userdir.conf e podese configurar de distintos xeitos:
- UserDir public_html: Valor por defecto, l URL http://example.com/~joselv/file.html traducirase na ruta do ficheiro /home/joselv/public_html/file.html.
- UserDir /var/html: A URL http://example.com/~joselv/file.html traducirase na ruta do fichero /var/html/joselv/file.html.
- UserDir /var/www/*/docs: A URL http://example.com/~joselv/file.html traducirase na ruta do ficheiro /var/www/joselv/docs/file.html
- UserDir public_html /var/html: Para la URL http://example.com/~joselv/file.html, Apache buscará ~joselv. Se non o atopa, Apache buscará joselv en /var/html.
Desactivando userdir para algunos usuarios
Para desactivar a funcionalidade que ofrece o módulo para un usuario (por exemplo o root) faise coa seguinte directiva:
UserDir disabled root
Configurando o directorio de acceso de cada usuario
No ficheiro /etc/apache2/mods-available/userdir.conf debemos configurar as opcións do directorio ó que se accede ó pedir a páxina do usuario.
<Directory /home/*/public_html>
AllowOverride FileInfo AuthConfig Limit Indexes
Options MultiViews Indexes SymLinksIfOwnerMatch IncludesNoExec
Require method GET POST OPTIONS
</Directory>
Activación del módulo
- a2enmod userdir -- Habilitamos módulo
- sudo apachectl start -- Reiniciamos el servidor
- mkdir /home/joselv/public_html -- Creamos unha carpeta public_html no home del usuario
- nano index.html -- Creamos un fichero index.html con algo de contido para comprobar o funcionamento
Funcionamento
Probamos o acceso na URL http://www.paxina1.org/~joselv