VLAN - Redes viruais de área local

De MediaWiki
Revisión del 15:53 25 nov 2020 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «= Introducción = = Dominio de colisión = É o conxunto de equipos conectados medante hubs e cables directos no que todos os equipos comparten o medio. Caracterízase po…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción

Dominio de colisión

É o conxunto de equipos conectados medante hubs e cables directos no que todos os equipos comparten o medio.

Caracterízase polo seu funcionamento en modo half-duplex.

Os switches, as pontes e routers segmetan os dominios de colisión; esa separación, con dominios de colisións máis pequenos, favorecen un mellor rendemento evitando posibles colisións.

Dominio de difusión

É o conxunto de equipos conectados mediante hubs, pontes e switches.

As mensaxes de difusión son aquelas que teñen como destino todas as que pertencen a mesma subrede.

Os routers segmentan os dominios de difusión porque non permiten pasar esas mensaxes de difusión.

VLAN

802.1q (dot1q)

802.1Q engade 4 bytes ó encabezado Ethernet orixinal. O valor do EtherType cambiase a 0x8100 para sinalar o cambio no formato da trama:

Plantilla:Wide image

802.1Q formato de etiquetas (tag format)
16 bits 3 bits 1 bit 12 bits
TPID TCI
PCP DEI VID
Tag protocol identifier (TPID)
Campo de 16 bits fixado co valor 0x8100 para identificar o frame coma IEEE 802.1Q-tagged frame; como dicíamos está localizado na mesma positición que o campo EtherType nas frames non etiquetadas, permitindo diferenciar así as etiquetadas das non etiquetadas
Tag control information (TCI)
Campo de 16 bits que contén os seguintes subcampos:
Priority code point (PCP)
Campo de tres bis que se refire á clase de servizo IEEE 802.1p para permitir tratar de xeito diferenciado clases de tráfico distintas.
Drop eligible indicator (DEI)
Campo de 1-bit que pode ser usado de xeito separado ou en conxunción con PCP para indicar frames que poden ser descartandas cando hai conxestión na rede
VLAN identifier (VID)
Campo de 12 bits que especifica a que VLAN pertence o frame, permitindo ata un total de 4,094 VLANs.
O valor 0x000 indica que o frame non leva un VLAN ID e que neste caso úsase só para indicar prioridade mediante os campos PCP e DEI.
O valor 0xFFF está tamén reservado para outros usos.


Dobre etiquetado

IEEE 802.1ad introducíu o concepto de etiqueta dobre; isto pode ser útil para proveedores de servizo de internet (ISP) pemitíndolles utilizar as súas VLANs internamente cando transmiten tráfico de clientes que xa ten etiqueta VLAN. A etiqueta exterior S-TAG (service tag) aparece primeiro seguirda da etiqueta interior C-TAG (customer tag); nestes casos o TIPD da etiqueta exterior é 0x88a8

Plantilla:Wide image

Referencias