Configurando os modos de seguridade WiFi
Sumario
- 1 Tarefa 1. Rede WiFi aberta
- 1.1 Tarefa 1.1. Router Linksys
- 1.1.1 Acceso
- 1.1.2 Deshabilitamos DHCP
- 1.1.3 Cambiamos SSID e canle
- 1.1.4 Deixamos a WiFI aberta
- 1.1.5 Filtramos por MAC
- 1.1.6 Revisamos parámetros de configuración do firewall
- 1.1.7 Revisamos configuración VPN
- 1.1.8 Configuramos políticas
- 1.1.9 Revisamos configuración de redirección de portos e DMZ
- 1.1.10 Cambiamos contrasinal de acceso ó router
- 1.1.11 Revisamos a configuración
- 1.2 Tarefa 1.2. Outros routers
- 1.1 Tarefa 1.1. Router Linksys
- 2 Tarefa 2. Seguridade WEP
- 3 Tarefa 3. Comprobación da seguridade WEP
- 4 Tarefa 4. Seguridade WPA2-Personal
- 5 Tarefa 5. Seguridade WPA2-Enterprise
- 6 Autoavaliación das tarefas
- 7 Referencias
Tarefa 1. Rede WiFi aberta
Nesta tarefa configuraremos varios APs ou routers e configuraremos a rede como aberta empregando simuladores na web.
Tarefa 1.1. Router Linksys
Nesta tarefa configuraremos o router Linksys WRT54GR empregando un simulador e:
- deixaremos a WiFi aberta
- cambiaremos o SSID por defecto
- cambiarmeos a canle
- aprenderemos a facer filtrado MAC
- revisaremos algunhas opcións de configuración
Acceso
Para iso, accedemos ao enlace do fabricante linksys e eliximos o router WRT54G. Vamos a configurar aspectos básicos desde punto de acceso sen fíos e establecer a rede como aberta.
Deshabilitamos DHCP
Aparece a seguinte ventá coa pestana Setup -> Basic Setup seleccionada por defecto. Nesta pantalla configuraremos a IP deste AP e a continuación desactivaremos o DHCP.
Cambiamos SSID e canle
A continuación, na pestana Wireless -> Basic Wireless Settings cambiamos o SSID do router e o canle:
Deixamos a WiFI aberta
Na opción Wireless Security da lapela Wireless, desactivamos a seguridade, polo que a rede estará aberta.
Filtramos por MAC
E na opción Wireless MAC Filter podemos permitir ou denegar algún equipo indicando a súa MAC:
Revisamos parámetros de configuración do firewall
Na lapela Security podemos configurar parámetros relacionados co firewall:
Revisamos configuración VPN
E na opción VPN Passthroough da mesma lapela, podemos habilitar o protocolo a empregar:
Configuramos políticas
Na lapela Access Restrictions, podemos establecer diferentes políticas a seguir, nas que se configurará:
- a conexión a determinadas horas do día (seccións Days e Timing Control)
- restrición a portos (sección Blocked Serviecs)
- o bloqueo a determinadas webs (seccións Website Blocked by URL Address e Website Blocked by Keyword)
Ademais, se facemos clic en Edit List of PCs poderemos indicar sobre que equipos aplicaremos as políticas establecidas, indicando as súas MACs ou IPs:
center|300px|Filtrado por IP ou MAC
Revisamos configuración de redirección de portos e DMZ
Na lapela Aplications & Gaming podemos redireccionar portos ou configurar unha DMZ:
Cambiamos contrasinal de acceso ó router
Na pestana Administration cambiaremos o contrasinal de acceso ao router. É importante realizar este cambio periódicamente.
Revisamos a configuración
Por último, a lapela Status mostra o estado do router na que aparece a configuración que acabamos de facer. En cada unha das catro lapelas atopamos a información correspondente:
- Router
- Local Network
- Wireless
- Traffic Statistics
Na lapela Router indícase a versión do Firmware: cómpre recordar que é aconsellable a actualización a última versión por cuestións tanto de rendemento como de seguridade.
Tarefa 1.2. Outros routers
Neste caso realizarás os mesmos pasos que no exercicio anterior pero empregando outro router diferente.
Podes acceder a calquera das seguintes webs e examinar algún dos simuladores dispoñibles:
Debes documentar todos os pasos seguidos
Tarefa 2. Seguridade WEP
Nesta tarefa configuraremos seguridade WEP na rede Wifi.
Tarefa 2.1. Router Linksys
Seguiremos co simulador do router Linksys WRT54GR empregado na tarefa anterior. Para iso, accedemos novamento o simulador do router WRT54G
Seleccionamos a pestana Wireless->Wireless Security e eliximos:
- Security mode: WEP
- Encryption: 128 bits
- Key n: contrasinal que queremos empregar (debe ser forte)
- TX Key: indicaremos o número do contrasinal que queremos empregar: se escribes unha en Key 1, debes indicar o valor 1.
O contrasinal que configures aquí será o que ten que empregar o cliente WiFi para conectarse a rede sen fíos.
Tarefa 2.2. Outros routers
Neste caso realizarás os mesmos pasos que no exercicio anterior pero empregando outro router diferente.
Podes acceder a calquera das seguintes webs e examinar algún dos simuladores dispoñibles:
Debes documentar todos os pasos seguidos.
Tarefa 3. Comprobación da seguridade WEP
Nesta tarefa veremos o sinxelo que é descubrir o contrasinal dunha rede sen fíos con seguridade WEP.
Tarefa 4. Seguridade WPA2-Personal
Nesta tarefa configuraremos seguridade WPA2-Personal na rede Wifi.
Tarefa 4.1. Router Linksys
Seguiremos co simulador do router Linksys WRT54G
Seleccionamos a pestana Wireless->Wireless Security e eliximos:
- Security mode: PSK-2 Mixed, de maneira que os algoritmos de encriptación serán TKIP ou AES.
- Passphrase: contrasinal que queremos empregar (debe ser forte)
IMAGEN
O contrasinal que configures aquí será o que ten que empregar o cliente WiFi para conectarse a rede sen fíos.
Tarefa 4.2. Outros routers
Neste caso realizarás os mesmos pasos que no exercicio anterior pero empregando outro router diferente.
Podes acceder a calquera das seguintes webs e examinar algún dos simuladores dispoñibles:
Debes documentar todos os pasos seguidos
Tarefa 5. Seguridade WPA2-Enterprise
Nesta tarefa imos a incrementar a seguridade instalando un servidor RADIUS na nosa rede e configurando seguridade WPA empresarial tanto nos sistemas Windows coma Linux.
Temos que realizar 3 tarefas:
- Instalar un servidor RADIUS.
- Configurar o router ou AP para indicarlle que utilice WPA2-enterprise
- Configurar un cliente Windows e outro Linux para que poidan empregar a rede WiFi.
A configuración será a seguinte:
IMAGEN
Tarefa 5.1. Instalación do servidor RADIUS
Instalamos o servidor RADIUS nun equipo conectado directamente ao noso router sen fíos.
Neste caso instalaremos o servidor Radius gratuíto Freeradius co comando:
sudo apt-get install freeradius
IMAGEN
Unha vez instalado, temos que configurar varios ficheiros para indicarlle:
- Os clientes que se conectarán ao servidor RADIUS, xa que so atenderá as peticións dos que configuremos
- Os usuarios que vai a autenticar.
- E o tipo de autenticación. Neste caso, PEAP, pois os contrasinais empregarémolos en texto plano.
Configuramos o noso AP no arquivo /etc/freeradius/clients.conf. Indicámoslle que o noso AP 192.168.0.1 empregará o contrasinal “probando”.
IMAGEN
Configuramos os usuarios que se conectarán a rede wifi no arquivo /etc/freeradius/users. Indicámoslle o nome de usuario e o contrasinal que empregará:
IMAGEN
Configuramos o tipo de autenticación no arquivo /etc/freeradius/eap.conf. Indicámoslle que usaremos peap en vez de md5(comentamos esta liña):
IMAGEN
A continuación xa podemos arrancar o servidor para ver as peticións que recibe:
sudo freeradius –X :
IMAGEN
O servidor está preparado para recibir peticións de conexión.
Tarefa 5.2. Configuración do AP
Configuramos o noso router para indicarlle que empregaremos seguridade WPA2-enterprise.
Antes de nada, comprobamos cal é a IP do servidor RADIUS, xa que teremos que indicarlla ao router
IMAGEN
Podemos comprobar que está na IP 192.168.0.111. A continuación procedemos a configurar o AP. Neste caso empregaremos un router Concep-tronic. Investigamos as súas opcións e vemos que temos que acceder a Wireless->Security. As opcións a configurar son:
- Security mode: WPA2 enterprise
- WPA algorithms: TKIP&AES
- Radius IP Address: 192.168.0.111 (a IP do noso Radius)
- Radius Port: 1812 (porto por defecto do RADIUS)
- Shared key: probando (é a que configuramos en clients.conf)
IMAGEN
Facemos clic en “Apply” e xa temos configurado o AP.
Tarefa 5.3. Configuración do cliente Wi-fi
Configuraremos un cliente nunha máquina Ubuntu 20.04 que será o usuario “usuario-1”, e outro cliente nunha máquina Windows 10 que será o usuario “usuario-2”
Tarefa 5.3.1 Ubuntu 20.04
Para configurar o noso cliente wifi, accedemos á configuración da conexión wifi WLAN_50 (Herramientas del sistema->Preferencias->Conexiones de red), na que configuraremos os parámetros do mesmo xeito que no servidor e no router:
- Seguridade: WPA2 enterprise
- Autenticación: PEAP
- Non eliximos certificado CA
- Autenticación interna: MSCHAPv2
- Nome de usuario: usuario-1 (ten que coincidir con algún dos configurados no arquivo users)
- Contrasinal: usu-1 (ten que coincidir coa indicada para o usuario-1 no arquivo users)
IMAGEN
Como non indicamos certificado CA, mostra a seguinte ventá:
IMAGEN
Pulsamos “ignorar” e xa estamos conectados a wifi WLAN_50.
Se quixéramos empregar un certificado para validar a conexión co RADIUS, teríamos que instalar neste cliente o certificado do servidor que está no arquivo /etc/freeradius/certs do equipo do RADIUS.
Tarefa 5.3.2 Windows 10
Do mesmo xeito que no caso anterior, accedemos á configuración da conexión wifi WLAN_50 (Panel de control->Redes e Internet-> Administrar redes inalámbricas), na que configuraremos os mesmos parámetros que no caso anterior:
IMAGEN
Na pestana Seguridade indicamos:
- Tipo de Seguridade: WPA2 enterprise
- Tipo de cifrado: AES
- Autenticación de red: PEAP
IMAGEN
Facemos clic en “Configuración”, e na seguinte ventá:
- Non marcamos Validar un certificado de servidor
- Método Autenticación: EAP-MSCHAPv2
IMAGEN
Temos que configurar o método de autenticación. Para iso facemos clic en “Configurar”, e aparecerá a seguinte ventá na que desmarcaremos a opción de que empregue as mesmas credenciais que para o inicio de sesión de Windows:
IMAGEN
Facemos clic en “Aceptar” e voltaremos a ventá principal:
IMAGEN
Faremos clic en “Configuración Avanzada”, e aparecerá a seguinte ventá na que especifica-remos o modo de autenticación “Autenticación de usuarios”:
IMAGEN
Facemos clic en “Guardar credenciales” para indicarlle cal será o usuario e o contrasinal que utilizamos:
- Nome de usuario: usuario-2 (ten que coincidir con algún dos configurados no arquivo users)
- Contrasinal: usu-2 (ten que coincidir coa indicada para o usuario-2 no arquivo users)
IMAGEN
Aceptamos todas as ventás, e podemos comprobar a configuración da nosa conexión.
IMAGEN
Autoavaliación das tarefas
| Indicadores | Si | Non | Observacións |
|---|---|---|---|
| Configurou a rede WiFi como aberta empregando o router Linksys | |||
| Configurou a rede WiFi como aberta empregando outro router diferente | |||
| Incorporou seguridade WEP a rede WiFi empregando o router Linksys | |||
| Incorporou seguridade WEP a rede WiFi empregando outro router | |||
| Conseguiu descubrir o contrasinal de acceso a rede WiFi con seguridade WEP | |||
| Incorporou seguridade WPA2-Personal a rede WiFi empregando o router Linksys | |||
| Incorporou seguridade WPA2-Personal a rede WiFi empregando outro router | |||
| Instalou o servidor RADIUS | |||
| Configurou o AP con seguridade WPA2-Enterprise | |||
| Configurou o cliente Ubuntu para acceso a rede WiFi con seguridade WPA2-Enterprise | |||
| Configurou o cliente Windows para acceso a rede WiFi con seguridade WPA2-Enterprise |
Referencias
- Diferenzas entre WPA2 e WPA3
- Traballo realizado nunha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ten licenza Creative Commons BY-NC-SA por Amalia Falcón Docampo e Laura Fernández Nocelo
- https://www.netspotapp.com/es/wifi-encryption-and-security.html#:~:text=Los%20protocolos%20de%20seguridad%20inal%C3%A1mbrica%20son%20WEP%2C%20WPA,enviados%20a%20trav%C3%A9s%20de%20las%20ondas%20de%20radio.
- https://www.linksys.com/es/support-article?articleNum=139152
- https://www.redeszone.net/tutoriales/configuracion-routers/configurar-wpa3-router-wi-fi-conectar-windows/
- https://wiki.freeradius.org/guide/Getting-Started
- https://bytexd.com/freeradius-ubuntu/
- https://bytexd.com/freeradius-debian/
- http://www.winradius.eu/
- https://wiki.freeradius.org/guide/Basic-configuration-HOWTO
- https://thebackroomtech.com/2018/08/16/how-to-install-freeradius-on-ubuntu/
- https://techexpert.tips/es/freeradius-es/instalacion-de-freeradius-en-ubuntu-linux/