Programación de comunicacións en rede con Java
Sumario
Comunicaciones en rede
O paquete java.net proporciona clases que permiten levar a cabo comunicaciíns entre procesos utilizando os protocolos estándares da familia de TCP/IP. Pode dividirse en dúas seccións:
- Clases de baixo nivel que permiten representar as principales entidades dos niveles de enlace, rede e transporte;
- Clases de alto nivel relacionadas con protocolos de nivel de aplicación
Comezaremos revisando as clases para interfaces de rede e enderezos IP, para despois progresar en algocentral nas comunicacións en rede: a programación de sockets de UDP e de TCP, cos que se desenvolverán programas servidores e clientes que se comunican utilizando os devanditos protocolos de transporte UDP e TCP; e que se pode considerar que implementan sencillos protocolos de nivel de aplicación.
| Interfaces de rede | NetworkInterface: interfaz de rede |
| Enderezos IP | InetAddress: enderezo IP
|
| Sockets | Socket: socket TCP de cliente, para conectar cun proceso servidor mediante TCP.
|
Interfaces de rede
As interfaces de red presentes no sistema podense amosar cos comandos:
- ifconfig ou ip en Linux
- ipconfig en Windows.
A clase NetworkInterface ten métodos estáticos que permiten obter unha enumeración de todas as interfaces de rede ou NetworkInterface existentes no sistema.
Una NetworkInterface pode ter máis dunha configuración IP asociada,e normalmente cando menos unha para IPv4 e outra para IPv6. Con distintos métodos da clase podense obter para cada unha obxectos de tipo InterfaceAddress e InetAddress.
A clase InterfaceAddress proporciona información adicional a InetAddress coma por exemplo a lonxitude da máscara de rede ou o enderezo de broadcast da rede á que pertence (para un enderezo IPv4).
Na táboa explicanse alguns dos métodos de NetworkInterface.
A actividade proposta permitirache familiarizarte co entorno de rede no que está integrado o teu ordenador; o coñecemento poderá ser de utilidade para crear programas que se comuniquen con outros desenvoltos por outros compañeiros, utilizando os protocolos de transporte UDP e TCP.