Acceso a datos externos
Sumario
Introdución
Explicarase como traballar desde a folla de cálculo Excel con datos externos a un libro de Excel con datos creados con outras aplicaciñons distintas (bases de datos, etc.). Tamén se estudia o modo de acceder a datos que proveñan de ficheiros de texto, de bases de datos de Access ou de páxinas de Internet.
Excel permite acceder a un gran número de formatos de datos distintos. Cando accedemos e traballamos cos datos desde Excel podemos facer uso de todas as súas características para obter máis información destes datos: facer cálculos, amosar información nun gráfico, filtrar os datos, etc.
Acceso a ficheiros de texto
Os ficheiros de texto son un medio de compartir información moi empregado entre aplicacións informáticas e entre usuarios, xa que son ficheiros que se poden ler desde varios programas.
Excel permite acceder os datos almacenados en ficheiros de texto dun xeito moi sinxelo; pero a información que hai nestes ficheiros deberá estar delimitada dalgunha forma para que teña sentido na folla de cálculo.
No grupo de comandos Obtener y transformar datos dispoñemos de varias opcións para traballar con datos externos, importándoos desde distintas fontes.
Desde o desplegable de Obtener datos podes ver todas as opcións disponibles para a obtención de datos externos:
- desde outro libro de Excel
- desde un ficheiro de texto
- desde un ficheiro XML
- desde unha base de datos de Access ou de SQL Server
- desde a web
- desde unha fonte ODBC ou OLEDB
- ...
Neste apartado estamos tratando as opcións para acceso a ficheiros de texto:
A continuación indicaremos a orixe dos datos (o ficheiro de texto o que imos acceder para obter os datos).
Por exemplo, poderiamos importar un ficheiro clientes.txt:
Desde as opcións desta fiestra indicaremos como debe importarse a información almacenada no ficheiro de texto. O máis importante neste caso é que a información do ficheiro de texto esté delimitada dalgun xeito (o máis habitual é o uso de coma, ou de punto e coma), para que Excel poida situala en distintas columnas da folla de cálculo.
No exemplo amosado están delimitados por ; coma se pode ver no ficheiro de texto:
Outra opción é que estén delimitados por unha anchura fixa:
Desde a lista Delimitador e onde se pode indicar cal é. Excel intentará seleccionar o delimitador máis axeitado pero pode ser cambiado.
Desde a lista Detección do tipo de datos pódese indicar se Excel establecerá o formato dos datos para cada campo. Isto é, se indicará que formato de numero, data, texto ou outro se aplicará. Pódese seleccionar se o tipo de datos será establecido baseandose nas primeiras 200 filas, en todas as filas do ficheiro ou non se detectará de xeito automático.
Finalmente:
- o botón Cargar inserta os datos nunha folla de cálculo nova
- o botón Transformar datos abrirá o Editor de Power Query onde poderemos crear unha consulta para recuperar exactamente os datos que desexamos ou aplicar algún tipo de transformación os datos.
Despregando a lista do botón Cargar poderemos seleccionar Cargar en que amosa un cadro para indicar a celda que actuará como esquina superior esquerda para o rango de datos que se vai crear. Tamén poderemos establer:
- que se poñan os datos na celda que indiques da folla actual, noutra folla de cálculo ou nunha nova folla de cálculo
- que os datos se insiran coma unha táboa, coma unha táboa dinámica ou cuma unha gráfica dinámica
Coma os datos estaban separados por ; no ficheiro de texto, a importación desde este ficheiro fíxose correctamente, situandoos axeitadamente nas columnas da folla de cálculo:
