Uso de funcións comunes
Traballaremos con fórmulas e funcións en distintos tipos de libros de Excel que reflicten varias situacións comúns que nos podemos atopar en numerosas ocasións:
- contar celdas en branco
- consolidar datos de varias follas
- anidar varias funcións SI para realizar distintas acciones en función de varias condiciones.
Sumario
Varias formas de hacer lo mismo
Partiremos inicialmente deste exemplo:
Esta é unha folla de cálculo para reflexar un extracto dunha conta corrente bancaria. Están introducidos os conceptos e a súa data ademáis do importe que se debe reflexar na conta.
Se o importe é ingresar na conta, o Importe figurarará con signo positivo; se o importe debe extraerse da conta será con signo negativo.
ïmos introducir as fórmulas axeitadas para calcular o saldo da conta en cada momento.
Para D9, o saldo deste celda é o saldo que tiña conta na fila anterior sumada á cantidade que figure na columna Importe da fila actual (=D8+C9). Esta fórmula tamén serviría nas filas que restan unha cantidade do saldo, xa que o signo negativo do importe faría que se restara o importe do saldo. Co controlador de recheo podemos copiar esta fórmula ata a celda D18. Como as referenciasdas celdas na fórmula son relativas, o arrastrar o controlador de recheo a fórmula foise actualizando en cada fila.
Vexamos outro exemplo semellante pero con algún cambio. Neste caso, temos os importes a engadir na conta nas columnas Importe haber; e os importes a extraer da conta en Importe debe.
A fórmula que calcularía o saldo dunha fila tería que obter o saldo anterior, sumarlle o importa da columna haber' actual e restarlle o importe da columna debe actual.
Para a celda E9, sería = E8 + D9 - C9. Arrastraremos o controlador de recheo ata E18. O resultado da columna Saldo é o mesmo que no caso anterior.
Unha terceira variante:
Na columna Debe/haber indicamos se o importe se debe sumar ou restar ó saldo (cunha h haber e cunha d debe).
En E9, utilzaremos a función SI para comprobar se debemos summar ou restar o dato da columna Importe ó saldo anterior. =SI(C9="h";E8+D9;E8-D9)
Co controlador de reche levamos ata E18.
AMPLIACIÓN Podemos facer que co formato condicional, se mostren de distinto xeito as extraccións da conta. Seleccionando D9:D17 e premento en Formato condicional e seleccionando Nueva regla. A condición será semellante a utilizada na función SI¡¡¡¡: neste caso, comprobaremos se o importe é a extraer (haberá unha d na columna Debe/Haber) O formato podemos indicar que sexa en cor vermella e cursiva.
Esta sería a configuración relevante para dar o formato condicional:
Cal é a conclusión? Que hai moitos enfoques e xeitos de solucionar o mesmo problema! E que cando vais solucionar un problema, é convinte darlle unha pensada o deseño para que nos sexa máis fácil obter os resultados desexados.
PREGUNTA En qué argumento da función SI temos que indicar a condición a comprobar? (a) Primeiro (b) Segundo (c) Terceiro RESPOSTA (a)
Contar celdas en branco
Imaxinemos un libro de Excel utilizado para levar o control das pistas de tenis que reservan os socios nun club de tenis.
Hai catro pistas no club e cando unha persona reserva unha pista para un horario apúntase no libro.