Funcións financieiras
Traballaremos con fórmulas e funcións financieiras que incorpora Excel:
- pago de intereses e de capital acumulado que se paga durante a amortización dun préstamos
- rentabilidade dunha inversión
Pago de intereses e capital
Partiremos deste exemplo:
Nesta folla de cálculo temos nas celdas C4 a C6 os datos xenerais do préstamo:
- O capital prestado e de 120.000 unidades monetarias
- Aplícase un interés fixo do 3,5% anual
- O prazo de amortización é de 15 anos
A partir destes datos temos construída unha táboa cos valores acumulados de intereses e capital que se paga durante cada un dos anos de vida do préstamo. Segundo os resultados obtidos pagarase un total de 34.414,63 unidades monetarias de interese ó final do prestamo. Pero... como calculamos estas cantidades?
Para calcular os intereses pagados durante un determinado período da amortización do préstamo podemos utilizar a función financiera PAGO.INT.ENTRE. Esta función require que lle indiquemos entre outros detalles, o período de tempo para o que se calcularán os intereses. Xeneralmente adoita utilizarse para calcular os intereses pagados durante un ano, polo que se indica o mes inicial e o final. Vexámolo.
A función necesita:
- Primeiro parámetro. A tase de interese que aplica ó préstamo . Debe indicarse coa mesma magnitude que indiquemos os períodos de tempo. Se vamos a utilizar meses para o período, este interese tamén debe especificarse en relación ós meses.
- Segundo parámetro. Número de períodos de amortización do préstamo. Neste caso teremos que multiplicar o número de anos por 12 para obter o período en meses.
- Tercer parámetro. Correspóndese co capital prestado.
- Cuarto parámetro. Indicamos o período inicial. Para o primeiro ano, será o mes 1
- Quinto parámetro. Indicamos o período final. Para o primeiro ano, o mes 12.
- Sexto parámetro. Un valor que representa se o pago se realiza o principio do período (valor 1) ou ó final deste (valor 0).
En conclusión a fórmula será para D9 =PAGO.INT.ENTRE($C$5/12;$C$6*12;$C$4;B9;C9;0). O valor obtido é negativo (para obter o valor absolut, a función ABS).
Para o cálculo de capital pagado durante cada período, faremos exactamente o mesmo, pero utilizando a función PAGO.PRINC.ENTRE.
Como podes comprobar a suma do capital pagado cada ano é igual a cantidade prestada.
Coas funcións financieras PAGO, PAGO.INT.ENTRE e PAGO.PRINC.ENTRE podes obter a cuota de amortización, así coma os intereses e capitales acumulados.