Configure router mediante IPTables
Temos o seguinte diagrama de rede:
O router de fronteira RF é unha máquina con Debian 11. Este debe proporcionar saída a Internet aos equipos das redes 192.168.1.0/24 (conectada a través da interface enp0s9) e 192.168.2.0/24 (conectada a través da interface enp0s8) a través da súa interface de rede enp0s3 conectada á rede pública.
Configure o router mediante IPTables. Este debe proporcionar as seguintes funcionalidades:
- Por defecto denegarase todo o tráfico agás as excepcións descritas nos restantes puntos.
- Permitir a saída á rede pública aos equipos das redes conectadas polas interfaces enp0s8 e enp0s9 mediante NAT.
- Permitir dende a rede 192.168.2.0/24 conectar ao router de fronteira mediante SSH.
- As redes 192.168.1.0/24 e 192.168.2.0/24 tan só poden acceder a Internet utilizando os protocolos HTTP, HTTPS e DNS.
- Permitir dende a rede 192.168.2.0/24 o acceso ao servidor web (só a este equipo, non a toda a rede) unicamente polo protocolo HTTP.
- As peticións feitas dende Internet ao porto 443 do router deben redirixirse ao servidor web cara a ese mesmo porto (débese engadir unha entrada que permita ese tráfico).
O router de fronteira en Debian xa ten correctamente configuradas as súas interfaces de rede e ten activado o encamiñamento de paquetes.
Completa o seguinte script coa configuración de IPtables:
NOTA: non é necesario utilizar estruturas condicionais e iterativas. Tan só engadir os comandos necesarios secuencialmente para realizar o exercicio.
#!/bin/bash ############ Borramos todas as regras existentes iptables -t filter -F iptables -t nat -F ########### Politicas por defecto iptables -P INPUT DROP iptables -P OUTPUT DROP iptables -P FORWARD DROP # Completar... # Gardamos as regras ante un posible reinicio iptables-save > /etc/iptables/rules.v4