Moodle

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Que é Moodle?

A educación no actual século XXI vai moito máis alá dos tradicionais apuntamentos, os libros de texto e as aulas como os únicos espazos físicos onde se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Constantemente escoitamos que se cuestiona o modelo de ensinanza tradicional e cada vez son máis os que propoñen e reclaman novas prácticas educativas máis activas e baseadas na consecución de competencias que contemplen tódolos aspectos do proceso educativo.

Por outro lado, tendo en conta que Internet representa a maior revolución en canto á difusión do coñecemento dende a aparición da imprenta de Gutenberg, precisabamos unha plataforma que fose capaz de integrar as diferentes posibilidades que nos proporciona a Rede en canto ao seu aproveitamento educativo.

O día 20 de agosto de 2002 publícase a primeira versión de Moodle (versión 1.0) e dende esa data ata a actualidade continúan publicándose periodicamente novas versións desta aplicación (sendo a última a finales de 2022 a 4.0).

Moodle é unha plataforma web pensada para a formación a distancia que se sustenta sobre un sistema tecnolóxico ao que podemos denominar como de web dinámica e cunha estrutura pedagóxica que inclúe elementos do construtivismo e do construcionismo.

Trátase dun software deseñado para ofrecerlles aos educadores a posibilidade de crear facilmente cursos en liña de gran calidade, así como tamén contornas virtuais de aprendizaxe (EVA).

Este tipo de aplicacións, que se utilizan para poñer en marcha e xestionar unha formación, coñécense como xestores de contidos de formación ou tamén polas súas siglas en inglés "LCMS" (Learning Content Management System).

A palabra MOODLE xurde orixinalmente do acrónimo de "Module Object-Oriented Dynamic Learning Environment", que foi a denominación elixida polo seu creador orixinal Martin Dougiamas. Moodle é software libre, polo que no desenvolvemento desta aplicación colaboran actualmente moitas outras persoas de todo o mundo en canto á elaboración, modificación e actualización da propia aplicación.

Pódese ler sobre as súas características máis salientables na súa web.

Aspectos xerais de Moodle

Moodle é un proxecto moi vivo e en constante cambio. Porén, e moi difícil elaborar e manter unha guía actualizada de todas as suas opcións. No momento de elaborar esta guía (curso académico 2022/2023), acaba de saír a versión 4.0 de Moodle, que contén númerosos cambios e melloras. En particular, a interfaz gráfica sufríu unha remodelación notoria, así que sería preciso reactualizar todos os contidos con novas capturas.

Como esa labor excede do posible e razonable, e porque e bo para alumnado ter a capacidade de indagar de xeito autónomo e saber localizar e comprender documentación actualizada, moitas das seguintes seccións serán únicamente enlazadas á versión actual de Moodle que contén información relevante; sendo a obriga do lector comprobar se esa información segue vixente (ou hai nova versión actualizada), e de non comprender a mesma, buscar fontes alternativas.

Un punto máis a ter en conta: a documentación sempre está máis completa, actualizada e sen erros de tradución en inglés.

Con todo, eiquí está a páxina principal da documentación en inglés e en castelán:

Por seguir esa recomendación de usar o inglés, deixo accedo a tres guías rápidas nesa lingua:

E en videotitoriais:

A instalación

Usando Moodle coma profesor

Como moverse en Moodle

A miña área persoal, o Perfil e as Preferencias de usuario

Onde se gardan os meus ficheiros e como os xestiono

Como crear, configurar e moverse dentro dun curso

Sobre os cursos:

Para que serve o modo edición

Como usar o editor de texto de Moodle

Como inserir imaxes co editor de Moodle

Como xestionar un curso

A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa aparencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.

Aprender a xestionar un curso de Moodle non se limita unicamente a saber crear contidos e/ou actividades, senón que implica tamén controlar todo o relacionado coa interacción entre profesores e alumnos así como aqueles outros elementos estéticos, funcionais, estruturais e organizativos que teñen unha importante influencia no desenvolvemento do curso.

Matricular alumnos/as no curso

Seguimento da actividade do alumnado

Xestión das cualificacións do alumnado

O banco de preguntas

Como traballar con grupos

Que son os agrupamentos e para que serven

Os bloques de Moodle

Recursos e contidos de Moodle

O profesor dun curso de Moodle ten a opción de incluír todo tipo de materiais e recursos para o seu alumnado, é dicir, ten a opción de mostrarlle calquera tipo de documentación ou información en múltiples formatos, ben sexa en formato texto, audio, vídeo...

Veremos agora como podemos inserir estes materiais no noso curso e aprenderemos a xestionar e configurar os distintos tipos de recursos dispoñibles.

Engadir e modificar recursos

Engadir unha páxina

Engadir un cartafol

Engadir un URL

Engadir etiquetas

Engadir un libro

As actividades do Moodle

As actividades de Moodle son todos aqueles elementos sobre os que o alumno poderá traballar e interactuar.

Unha actividade é un nome xenérico que Moodle utiliza para denominar un elemento interactivo, sobre o que o alumado deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor ou profesora.

Neste apartado veremos distintos tipos de actividades que podemos incorporar ao noso curso de Moodle.

Os foros

As conversas (chat)

As enquisas

A escolla (consulta)

O glosario

A lección

A proba

As tarefas

A rúbrica como método de avaliación das tarefas

Usando Moodle coma administrador

Engadir usuarios

Engadir cursos

Cambiar o look and feel

Instalar plugins

Backup

Tarefas

Exercicios de Moodle

Referencias

  • "Aproveitamento didáctico de Moodle" é unha obra realizada polo CAFI derivada de "Webs dinámicas: Moodle (aproveitamento didáctico)" por Juan Menéndez Rocha & Ramón Gil Sánchez publícase baixo unha licenza Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.