LIBGDX Instalación do framework LIBGDX
UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX
Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014
Actualización: A partires de Abril do 2014 déixase de dar soporte a utilidade gdx-setup-ui explicada posterirmente e se pasa a unha nova ferramenta (a forma de xerar os proxectos é parecida á anterior) baseada en Gradle.
Nos imos utilizar esta versión.
Gradle é unha ferramenta para automatizar a construción dos nosos proxectos, por exemplo as tarefas de compilación, testing, empaquetado e o despregue dos mesmos. Unha vantaxe que imos ter se utilizamos esta ferramenta é que as librerías do framework xa non van estar dentro dos proxectos de eclipse. Para que compile cunha nova versión do framework chegaría con cambiar o nome de dita versión no arquivo build.gradle e xa compilaría o proxecto coa nova versión. Tedes máis información sobre o uso do arquivo build.gradle neste enlace.
A instalación de Gradle nos diferentes IDE's a tedes neste enlace.
-- Ángel D. Fernández González -- (2015).