Ansible
Ansible é
- unha plataforma de software libre para configurar e administrar ordenadores. Combina instalación multi-nodo (permite despregar configuracións de servidores e servicios por lotes), execucións de taefas ad hoc e administración de configuracións.
- un proxecto de código aberto implementado en Python e ten unha arquitectura con módulos que poden manexar prácticamente calquera sistema operativo, contorna de nube e ferramenta ou marco de administración do sistema.
O deseño de Ansible contempla:
- Mínimo por natureza
- Os sistemas de administración non deben impoñer dependencias adicionais.
- Consistente
- Seguro
- Ansible non instala axentes vulnerables nos nodos. Manexa as máquinas remotamente a través de SSH, que é o seu único requisito xunto con Python
- Alta confiabilidade
- O modelo de idempotencia é aplicado para as instalacións e configuracións, para previr efectos secundarios na execución repetitiva de guións (scripts)
- Suave curva de aprendizaxe
- Os playbooks ou libretos usan unha linguaxe descriptiva simple baseada en YAML.