PHP Conceptos básicos Modelo-Vista-Controlador

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Có que levamos visto ata o de agora xa podemos facer sitios webs en PHP, pero teremos certos problemas 'de mantemento' en caso de que o sitio sexa grande (con grande me refiro a unha cantidade alta de páxinas PHP).
  • Isto é debido a que estamos a 'mesturar' aspectos, como por exemplo as funcións de acceso a datos (conexión e operacións) dentro das páxinas que van 'presentar' ao usuario a información.


  • Imaxinemos como estamos a facer agora que queremos cambiar o acceso á base de datos e no canto de utilizar Mysql queremos usar SQLServer...
Teríamos que ir a todas as páxinas cambiando as funcións de acceso a datos.
  • Por outra banda, imaxinade que temos un equipo de persoas e queremos 'distribuír' o traballo en equipos.
De tal forma que un equipo se encargue de 'maquetar' a información con CSS e HTML e outro que se adique a facer as chamadas á base de datos en busca de dita información.
Esta labor non a poderíamos facer en 'paralelo' xa que a presentación de datos e o acceso aos mesmos se fan dentro da mesma páxina.


Melloras ao feito ata o de agora

  • Clase para acceder a Mysql
  • En primeiro lugar, poderíamos crear unha clase que se encargue da facer a conexión á base de datos e as operacións contra a mesma.
<?php
class Database {

        const CONSULTAR_LIBROS='select id_libro,titulo from LIBROS order by titulo';    
    
        const SERVIDOR = 'localhost';
        const USUARIO = 'user_php';
        const PASSWORD = 'user_php';
        const BD = 'PHP';

        private static $db;
        private $conexion;

        private function __construct() {
            $this->conexion = new mysqli(self::SERVIDOR,self::USUARIO,self::PASSWORD,self::BD);
            $this->conexion->set_charset('utf8');  
         }

        function __destruct() {
            if(!$this->conexion) 
                $this->conexion->close();
        }

        public static function obterConexion() {
            if (self::$db == null) {
                self::$db = new Database();
            }
            return self::$db->conexion;
        }

        public static function executarSQL($consulta) {
              $result=self::$db->conexion->query($consulta);
              return $result;
        }
             
        public static function executarProc($procedure) {
              if(self::$db->conexion->multi_query($procedure)){
                  $result[]=self::$db->conexion->store_result();
                   while(self::$db->conexion->next_result()){
                       $result[]= self::$db->conexion->store_result();
                   }
                   return $result;
              }
              else{
                  return null;
              }
        }
}


Nota: Lembrar que a clase anterior non tería que estar na estrutura de cartafol de acceso do Apache (en Linux sería /var/www/html/), como indicamos anteriormente na WIKI.


  • Se aplicamos a clase anterior a unha das páxinas feitas durante este manual, por exemplo, a páxina que consulta os libros da táboa LIBROS:
    <?php
    include ('Database.php');

    $conex = Database::obterConexion();
    if ($conex->connect_error){
         die('Erro de Conexi&oacute;n (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error());
    }
    ?>


    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
        "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
    <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
        <head>
            <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" />
            <title>Operacións BD</title>
        </head>

        <body>
    <?php        

            $result=Database::executarSQL(Database::CONSULTAR_LIBROS);
            if ($result && $result->num_rows>0){
                echo "<table border='1'>";
                while($row = $result->fetch_assoc()) {
                    echo '<tr>';
                    printf("<td>%s</td>",$row["titulo"]);
                    echo '</tr>';
                }
                echo '</table>';
                $result->free();  // Liberamos da memoria os recursos
            }
            else {
                echo "Non hai datos que amosar!!!!";
            }

    ?>        
        </body>    
    </html>




  • Poderíamos 'optimizar' un pouco máis e facer que a clase DataBase tamén incorpore os métodos que respondan ás peticións das páxinas, facendo que os métodos definidos devolvan xa un array cos datos.
Desta forma, nesta clase, poderíamos poñer as regras de validación en caso de engadir datos, xunto cos procedementos que devolven ou xestionan a información que reciben dende as páxinas (regras de negocio)
Aplicado ao exemplo anterior:

Arquivo: Database.php

<?php
class Database {

        const CONSULTAR_LIBROS='select id_libro,titulo from LIBROS order by titulo';    
    
        const SERVIDOR = 'localhost';
        const USUARIO = 'user_php';
        const PASSWORD = 'user_php';
        const BD = 'PHP';

        private static $db;
        private $conexion;

        private function __construct() {
            $this->conexion = new mysqli(self::SERVIDOR,self::USUARIO,self::PASSWORD,self::BD);
            $this->conexion->set_charset('utf8');  
         }

        function __destruct() {
            $this->conexion->close();
        }

        public static function obterConexion() {
            if (self::$db == null) {
                self::$db = new Database();
            }
            return self::$db->conexion;
        }

        public static function executarSQL($consulta) {
              $result=self::$db->conexion->query($consulta);
              return $result;
        }
             
        public static function executarProc($procedure) {
              if(self::$db->conexion->multi_query($procedure)){
                  $result[]=self::$db->conexion->store_result();
                   while(self::$db->conexion->next_result()){
                       $result[]= self::$db->conexion->store_result();
                   }
                   return $result;
              }
              else{
                  return null;
              }
        }
        
        public static function consultarLibros(){
            
            $resultados=null;
            $result=Database::executarSQL(Database::CONSULTAR_LIBROS);
            if ($result && $result->num_rows>0){
                while($row = $result->fetch_assoc()) {
                    $resultados[]=$row;
                }
            $result->free();  // Liberamos da memoria os recursos
            }
            return $resultados;
            
        }
}


Arquivo: Consultar_Libros.php

    <?php
    include ('Database.php');

    $conex = Database::obterConexion();
    if ($conex->connect_error){
         die('Erro de Conexi&oacute;n (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error());
    }
    ?>


    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
        "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
    <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
        <head>
            <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" />
            <title>Operacións BD</title>
        </head>

        <body>

    <?php        

       $result=Database::consultarLibros();
       if (!empty($result)){
           echo "<table border='1'>";
           foreach ($result as $fila){
               echo '<tr>';
               printf("<td>%s</td>",$fila["titulo"]);
               echo '</tr>';
           }
           echo '</table>';
       }
       else {
           echo "Non hai datos que amosar!!!!";
       }
    ?>        
        </body>    
    </html>

<?php ob_start() ?>


  • Tamén poderíamos aplicar os conceptos da POO que aprendemos anteriormente na wiki e facer que a información que devolva a función 'consultarLibros' da clase Database, sexa un array de obxectos dunha clase definida previamente, que representaría a táboa LIBROS.


  • No seguinte punto imos aprender como 'separar' en diferentes 'capas' a aplicación para que o mantemento do proxecto sexa moito máis doado.

Modelo-Vista-Controlador

  • O visto nos puntos anteriores mellora moito a claridade e mantemento dos programas PHP, pero a forma correcta (polo menos en proxectos grandes) sería empregar o patrón de deseño MODELO-VISTA-CONTROLADOR.
Basicamente se basa en dividir o proxecto PHP nas seguintes partes:
  • MODELOS: Onde están definidas as clases que van acceder á base de datos (pode ser outra fonte de datos, pero imos simplificalo). Cada clase fará referencia a unha táboa da base de datos.
A maiores dos atributos (columnas na táboa) terá gardado os métodos que irán contra a base de datos a facer operacións. Para acceder á base de datos farán uso dunha clase cos métodos que conectan contra a base de datos e executan as consultas/operacións.
  • VISTAS: Son as páxinas con código HTML/Javascript que vai visualizar o usuario.
  • CONTROLADORES: Son as páxinas que van recibir as peticións por parte del usuario e serán encargadas de buscar os datos (empregando o modelo) e devolver as vistas (empregando as vistas) cos datos obtidos.
A maiores, teremos un controlador frontal que será o encargado de recibir a URL coas peticións de carga das páxinas e chamar ao controlador adeucado en base a dita URL.


  • Esta forma de programar é a que empregan os frameworks servidor de PHP, como LARAVEL e SYMFONY.
Veremos LARAVEL na UD&-Programación de Servizos Web. Cando cheguedes a dita unidade xa teredes experiencia no manexo de Laravel para o desenvolvemento de aplicacións se fixéchedes as tarefas propostas no Moodle.




Posta en práctica dun exemplo sinxelo empregando MVC

  • Imos crear un proxecto PHP seguindo o patrón MVC aplicado ao exemplo da BD creada na UD3.
Para iso imos crear a estrutura de cartafoles seguinte, supoñendo que o servidor web está apuntando a /var/www/html (lembrade dar os permisos adecuados para que o servidor web teña acceso):
  • /var/www/acceso_datos: Onde vai ir a clase que se conecta á base de datos.
  • /var/www/controladores: Onde vai ir as clases controladoras.
  • /var/www/modelos: Onde van ir os modelos.
  • /var/www/vistas: Onde van ir as vistas.
  • /var/www/html/public: Onde vai ir a páxina controladora frontal. É a única á que van ter acceso os usuarios dende o navegador.
Esta páxina vai ter o formato:
index.php?paxina=libro => Entón cargará o que estea en ControladorLibro.php => getLibros
index.php?paxina=libroautor => Entón cargará o que estea en ControladorLibro.php => getLibrosPorAutor


  • A idea é facer algo parecido a isto:
mvc-php.jpg
Imaxe obtida deste tutorial



Acceso a datos

  • No cartafol /var/www/acceso_datos creamos a páxina Database.inc.php.
O seu contido xa o vimos no punto anterior. É onde están definidas as constantes de conexión e os métodos que executan sentenzas contra a base de datos Mysql.
<?php

namespace databases;

use mysqli; // Necesario para que atopa a clase ao estar nun namespace Database

class Database {

    
        const SERVIDOR = 'localhost';
        const USUARIO = 'root';
        const PASSWORD = 'root';
        const BD = 'php';

        private static $db;
        private $conexion;

        private function __construct() {
            $this->conexion = new mysqli(self::SERVIDOR,self::USUARIO,self::PASSWORD,self::BD);
            $this->conexion->set_charset('utf8');  
         }

        function __destruct() {
            if(!$this->conexion) 
                $this->conexion->close();
        }

        public static function obterConexion() {
            if (self::$db == null) {
                self::$db = new Database();
            }
            return self::$db->conexion;
        }

        public static function executarSQL($consulta) {
              $result=self::$db->conexion->query($consulta);
              return $result;
        }
             
        public static function executarProc($procedure) {
              if(self::$db->conexion->multi_query($procedure)){
                  $result[]=self::$db->conexion->store_result();
                   while(self::$db->conexion->next_result()){
                       $result[]= self::$db->conexion->store_result();
                   }
                   return $result;
              }
              else{
                  return null;
              }
        }
}



Modelos

  • No cartafol /var/www/modelos creamos a páxina Libro.php.
Nesta clase estarán definidos todos os atributos e métodos relacionados coa clase. A maiores estarán os métodos que farán uso da clase DataBase e obterán os datos de facer as consultas.
No noso exemplo, imos crear dous métodos que van acceder á base de datos. Un é un listado dos libros e outros é un listado de libros por autor. O código de ambas consultas xa estaba feito na UD3, no punto de opercións contra a base de datos.
<?php

namespace modelos;

require('../acceso_datos/Database.inc.php');
use databases\Database;

class Libro{
    const CONSULTAR_LIBROS='select id,titulo from libros order by titulo';    
    const CONSULTAR_LIBROS_POR_AUTOR = "select CONCAT(apelidos,',',nome) as nome_autor,libros.id ,titulo from libros " .
        ' INNER JOIN libro_autor ON (libro_autor.libro_id=libros.id) ' .
        ' INNER JOIN autores ON (libro_autor.autor_id=autores.id)' .
        " where CONCAT(autores.nome,' ',autores.apelidos) like '%%%s%%' " .
        'order by nome_autor,titulo';

    public $id;
    public $titulo;

    function __construct($id,$titulo){
        $this->id = $id;
        $this->titulo = $titulo;
    }

    public static function getLibros(){
        $listaLibros = [];
        $db = Database::obterConexion();    // Por se facemos transaccions
        $resultado = Database::executarSQL(Libro::CONSULTAR_LIBROS);
        while($fila = $resultado->fetch_assoc()) {
            $listaLibros[] = new Libro($fila['id'],$fila['titulo']);
        }

        return $listaLibros;
    }

    public static function getLibrosPorAutor($autor){
        $listaLibros = [];
        $db = Database::obterConexion();    // Por se facemos transaccions
        $consulta = sprintf(Libro::CONSULTAR_LIBROS_POR_AUTOR,$autor);
        $resultado = Database::executarSQL($consulta);
        while($fila = $resultado->fetch_assoc()) {
            $listaLibros[] = new Libro($fila['id'],$fila['titulo']);
        }

        return $listaLibros;
    }


}



Vistas

  • No cartafol /var/www/vistas creamos a páxina:
  • listado_libros.php: Amosará o listado de libros e fará que cada libro sexa un enlace a unha páxina de detalle (a páxina non está feita)
  • listado_libros_por_autor.php: Amosará o listado de libros por autor. A mesma páxina xa ten un input onde escribir o nome do autor a buscar.

Páxina listado_libros.php

<!DOCTYPE html>
<html lang="en">
<head>
    <meta charset="UTF-8">
    <meta name="viewport" content="width=device-width, initial-scale=1.0">
    <title>Listado de libros</title>
</head>
<body>
    <h1>Listado de libros</h1>

    <ul>
    <?php 
    if(count($libros)==0){
        printf("<h5>SEN LIBROS</h5>");
    }
    else{
        foreach($libros as $libro){
            printf("<li><a href='%s?paxina=detallelibro&id=%d'>%s</a></li>",htmlentities($_SERVER['PHP_SELF']),$libro->id,$libro->titulo);
        }
    }
    ?>
    </ul>

</body>
</html>
Como vedes é moi sinxela. Vai recibir unha variable de nome $libros que estará definida no controlador. Dita variable vai ser unha lista de obxectos Libros.



Paxina listado_libros_por_autor.php:

<!DOCTYPE html>
<html lang="en">
<head>
    <meta charset="UTF-8">
    <meta name="viewport" content="width=device-width, initial-scale=1.0">
    <title>Listado de libros</title>
</head>
<body>

    <form action="<?php echo htmlentities($_SERVER['PHP_SELF']) ?>?paxina=libroautor" method='post'   >
        BUSCAR POR AUTOR:<input type='text' size='50' maxlength="100" required name="txtAutor" />
    </form>
    <?php 
    if(isset($libros)) {
        printf("<h1>Listado de libros</h1>");
        if(count($libros)==0){
            printf("<h5>SEN LIBROS CON ESE AUTOR</h5>");
        }
        else{
            printf("<ul>");
            foreach($libros as $libro){
                printf("<li><a href='index.php?paxina=detallelibro&id=%d'>%s</a></li>",$libro->id,$libro->titulo);
            }
            printf("</ul>");
        }
    
    }
    ?>

</body>
</html>
Nesta páxina o concepto é o mesmo que na anterior. Vai recibir do controlador un conxunto de obxectos da clase Libros. Soamente os amosará se existe a variable $libros. Se non existe quere dicir que cargamos a páxina por primeira vez e que non debe amosar o resultado de buscar.
Se buscamos por algo, chamamos á mesma páxina index.php indicando a páxina que queremos cargar e enviando o nome do autor en $_POST['txtAutor'].



Controlador

  • No cartafol /var/www/controladores creamos a páxina LibroControlador.php.
<?php 

namespace controlladores;

include('../modelos/Libro.php');
use modelos\Libro;

class LibroController{

    public static function listarLibros(){
        $libros = Libro::getLibros();
        include('../vistas/listado_libros.php');    // Poderíamos pasarlle dentro dunha variable de sesion los libros
    }

    public static function listarLibrosPorAutor($autor){
        
        if ($autor!=null) {
            $autor = htmlentities($autor);
            $libros = Libro::getLibrosPorAutor($autor);
        }

        include('../vistas/listado_libros_por_autor.php');    // Poderíamos pasarlle dentro dunha variable de sesion los libros
    }

}
Esta clase será empregada por index.php para cargar os datos que queiramos (libros ou libros por autor).
Fixarse que cando chamemos a listarLibros() se define a variable $libros que será empregada pola vista có include que estamos a facer.
No método listarLibrosPorAutor($autor) o $autor vai ser enviado dende index.php e vai ser o dato que ven en $_POST['txtAutor'] do formulario. A primeira vez que se carga, $autor terá o valor de null e por iso non carga os datos da base de datos.



Controlador Frontal

  • No cartafol /var/www/html/public creamos a páxina index.php.
<?php
// LEMBRAR QUITAR ISTO CANDO FUNCIONE
ini_set('display_errors', 1);
ini_set('display_startup_errors', 1);
error_reporting(E_ALL);

require_once('../controladores/LibroController.php');
use controlladores\LibroController;

if(!isset($_GET['paxina'])){
    die(('É necesario cargar unha páxina na url da forma paxina=libro|libroautor'));
}

switch($_GET['paxina']){
    case 'libro':
         LibroController::listarLibros();

        break;
    case 'libroautor':
        $autor = $_POST['txtAutor'] ?? null;    
        // Operador que devolve null se $_POST[txtAutor] non existe. Poderíamos empregar isset
                //if(!isset($_POST['txtAutor'])) $autor = null;
                //else $autor = $_POST['txtAutor'];

        LibroController::listarLibrosPorAutor($autor);
        break;
    default:
        print("PAXINA NON PREPARADA");
}



Máis información MVC




Uso de 'modelos' nas páxinas cliente

  • Analizando as páxinas que se amosan ao cliente, é dicir, as páxinas que conteñen código HTML que vai visualizar o cliente (o que veñen ser as vistas no MVC) , podemos empregar o que se chaman 'modelos' para o sitio web.
Normalmente todas as páxinas terán a mesma estrutura de bloques (cabeceira, menús, contido), polo que, en vez de repetir o código en todas elas, poderíamos empregar un modelo que sexa utilizado en todas.


Opción 1

  • Unha forma sería utilizar arquivos de include para cada bloque, da forma (aplicado ao exemplo anterior):

Arquivo:MeuSitio.css: Arquivo de css que será aplicado a todas as páxinas do sitio web. Defínense o aspecto e tamaño de cada bloque que conforma o sitio web.

#cabecera{
    
    width:100%;
    height:25%;
    margin:0px auto;
    text-align: center;
    background-color: blue;
    
}

#menus{
    float:left;
    height:5%;
    background-color: red;
    font-weight: bold;
    color: yellow;
}

#contido{
    clear:both;
    width:100%;
    background-color: green;
    
    
}


Arquivo:Cabecera.inc.php: Cabeceira do sitio web. Podería ter código PHP.

<div id='cabecera'>ISTO É A CABECEIRA DO NOSO SITIO WEB
<?php
    echo "<p>Poderíamos engadir código php</p>";
?>

</div>


Arquivo:Menu.inc.php: Arquivo que representa o zona de menús do sitio web. Podería ter código PHP.

<div id='menus'>  <!--Exemplo de menu. Os enlaces non funcionan-->
<a href='Inicial.php'>Incio</a>
<a href='Consulta_Libros.php'>Consultar Libros</a>
</div>


Arquivo:Consultar_Libros.php

    <?php
    include ('Database.php');

    $conex = Database::obterConexion();
    if ($conex->connect_error){
         die('Erro de Conexi&oacute;n (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error());
    }
    ?>


    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
        "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
    <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
        <head>
            <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" />
            <title>Operacións BD</title>
            <link href="MeuSitio.css" rel="stylesheet" />
        </head>

        <body>
            <?php include('Cabecera.inc.php'); ?>
            <?php include('Menu.inc.php'); ?>
            <div id='contido'>
            <?php        

                $result=Database::executarSQL(Database::CONSULTAR_LIBROS);
                if ($result && $result->num_rows>0){
                    echo "<table border='1'>";
                    while($row = $result->fetch_assoc()) {
                        echo '<tr>';
                        printf("<td>%s</td>",$row["titulo"]);
                        echo '</tr>';
                    }
                    echo '</table>';
                    $result->free();  // Liberamos da memoria os recursos
                }
                else {
                    echo "Non hai datos que amosar!!!!";
                }

            ?>        
            </div>
        </body>    
    </html>



Opción 2

  • En PHP temos outra forma de facer 'modelos' de páxinas. O procedemento é ao revés do feito no exemplo anterior.
Cada páxina do noso sitio web estará formado por un 'modelo' de páxina (sería a páxina na que se definen os bloques) ao que se engade o contido específico da páxina a cargar.
Para facelo desta forma temos que utilizar as funcións:


Vexamos un exemplo:

Arquivo:Layout.php: Vai ser a páxina 'modelo' de todas as páxinas do noso sitio web.

<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
    "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
<html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
    <head>
        <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" />
        <title>Optimizando sitio web</title>
        <link href="MeuSitio.css" rel="stylesheet" />
    </head>

    <body>
        <div id='cabecera'>ISTO É A CABECEIRA DO NOSO SITIO WEB
            <?php
                echo "<p>Poderíamos engadir código php</p>";
            ?>

        </div>
        <div id='menus'>  <!--Exemplo de menu. Os enlaces non funcionan-->
            <a href='Inicial.php'>Incio</a>
            <a href='Consulta_Libros.php'>Consultar Libros</a>
        </div>
        
        
        <div id='contido'>
            <?php echo $contido ?>
        </div>

    </body>

</html>
  • Liña 24: Fixarse que o contido vai vir nunha variable de nome $contido


Arquivo:Consultar_Libros_Con_Modelo.php: Esta sería a forma de cargar cada unha das páxinas.

<?php ob_start() ?>

<?php
    
    include ('Database.php');

    $conex = Database::obterConexion();
    if ($conex->connect_error){
         die('Erro de Conexi&oacute;n (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error());
    }

    $result=Database::executarSQL(Database::CONSULTAR_LIBROS);
    if ($result && $result->num_rows>0){
        echo "<table border='1'>";
        while($row = $result->fetch_assoc()) {
            echo '<tr>';
            printf("<td>%s</td>",$row["titulo"]);
            echo '</tr>';
        }
        echo '</table>';
        $result->free();  // Liberamos da memoria os recursos
    }
    else {
        echo "Non hai datos que amosar!!!!";
    }

?>        
<?php $contido = ob_get_clean() ?>

<?php include 'Layout.php' ?>
  • Liña 1,28: Utilizamos as funcións indicadas anteriormente.
Estas funcións o que fan basicamente é que a saída que fagamos (echo, printf,...) non se mande ao navegador do usuario, se non que se garde nun 'buffer'. A función ob_get_clean() devolve o contido do buffer (no noso caso o gardamos na variable $contido) e limpa o buffer.
Liña 29: Unha vez feito o anterior temos na variable $contido o resultado de executar o código PHP. Dita variable se utiliza na modelo 'Layout.php' para colocar o contido no seu sitio.



  • Como vemos, a idea é ir separando aspectos funcionais do sitio web das páxinas que se amosan ao usuario.
Aínda temos aspectos que mesturan aspectos do acceso a datos da presentación do usuario, como pode ser a validación de campos.


  • O conxunto de validacións, xunto coas regras que poidamos ter para acceder aos datos da nosa base de datos conforman as regras de negocio. No MVC dita función atópase na capa de MODELO como veremos a continuación (unha capa vai ser unha ou varias clases que van ter unha función específica).
Por exemplo, chamar a unha función que consultara os libros dun determinado autor. Dita función comprobaría previamente se o autor existe e,en caso de que o autor non exista, avisar a quen fixo a chamada. Esta función sería a encargada de facer a orde SQL contra a base de datos e devolvería un array de datos co resultado da chamada ou un código indicando que o autor non existe (regra de negocio). Tamén se encargaría de validar que o dato enviado (o autor a buscar) sexa do tipo e formato correcto (enviar o nome e apelidos, por exemplo).




-- Ángel D. Fernández González -- (2024).