Retos ambientais e sociais
Sumario
Introdución
Retos ambientais
Cambio climático
É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos:
- Tempo meteorolóxico. Son as condicións meteorolóxicas que se dan nun lugar e nun momento concreto. Por exemplo, hoxe o día está nubrado. O tempo pode variar en cuestión de horas ou dun día para outro.
- Clima. Son as condicións habituais dun sitio determinado. Por exemplo, unha zona ten temperaturas agradables e é cálida, pero outra é máis fría e húmida. O clima é menos variable.
En canto ao concepto de cambio climático, refírese aos cambios de temperatura producidos a longo prazo e é un proceso normal que ocorre na Terra durante ciclos que duran miles e incluso millóns de anos. Os cambios prodúcense por causas naturais, pero tamén pola acción do ser humano, sobre todo a partir do século XIX, coa Revolución Industrial, momento no que se acelerou o cambio climático.
Na actualidade, a causa principal do cambio climático é a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas). Esta acción xera gases tóxicos que se acumulan na atmosfera e que atrapan a calor, o que causa danos sobre o aire, a terra e a auga, e provoca o quecemento global. Son os denominados gases de efecto invernadoiro.
O cambio climático foi empeorando década tras década debido ao aumento das empresas contaminantes e á pouca preocupación polas súas emisións de gases e outras substancias nocivas sobre o medioambiente. Esta rapidez fai moi difícil, tanto para a natureza como para os seres humanos, adaptarse ás novas condicións climáticas.
Dado que é un problema que afecta a todo o planeta, é necesario actuar a escala internacional. Como se viu no capítulo 1, en 1992 aprobouse a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Desde ese momento todos os países asinantes foron concretando metas e compromisos específicos para lograr o obxectivo do acordo: “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”.
Posteriormente, grazas ao Acordo de París (2015), alcanzouse un gran pacto baseado nas seguintes liñas:
- Manter o aumento global da temperatura por debaixo dos 2 °C.
- Promover un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Orientar os fluxos financeiros para lograr un desenvolvemento resiliente ao clima e de baixas emisións.
O Acordo de París supuxo un acordo histórico para combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e investimentos necesarias para un futuro sostible con baixas emisións de carbono.
O cambio climático está destruíndo os ecosistemas terrestres e mariños, derretendo a masa de xeo nos polos e, por conseguinte, aumentando o nivel do mar. Isto provoca inundacións, redución dos límites do litoral costeiro, destrución dos medios de subsistencia ou fenómenos meteorolóxicos extremos.
O ODS 13: Acción polo clima propón adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Entre as súas metas están introducir o cambio climático como cuestión primordial nas políticas, estratexias e plans dos países, das empresas e da sociedade civil para mellorar a resposta aos problemas que xera e para impulsar a educación e a sensibilización de toda a poboación a este respecto.
INVESTIGA. Quén é o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións?
Consumo de auga
Contaminación
Deforestación
Outros
Sobrepesca
Xestión de residuos
= Perda da biodiversidade
Retos socias
O reto demográfico: Superpoboación e despoboación
Pobreza
Desigualdade
Impacto ambiental na actividade empresarial
Impacto sobre as persoas
Impacto sobre os sectores produtivos
Efectos no sector primario
Efectos no sector secundario
Efectos no sector terciario
Efectos en todos nos sectores
Medidas e accións para minimizar os impactos ambientais
Eficiencia e transición enerxética
Xestión de residuos
Conservación dos recursos naturais
Produción e consumos sostibles
Control da contaminación
Movilidad sostible
Innovación tecnolóxica
Educación e sensibilización
Normativa, políticas ambientáis e alianzas
DEFINICIÓN. Alianza. Acordo entre dúas ou máis partes nas que se recollen os termos de colaboración e se establecen os dereeitos e as obrigas dos asinantes.